O lugar das voces emerxentes
Este m¨¦rcores presentouse na facultade de Filolox¨ªa o n¨²mero 31 da revista Dorna. Subtitulada Expresi¨®n po¨¦tica galega, ¨¦ practicamente a ¨²ltima representante dunha raza, a dicir da profesora Dolores Vilavedra, en extinci¨®n: as publicaci¨®ns peri¨®dicas dedicadas ¨¢ literatura. No campo literario apenas operan xa a lucense Xistral e a recuperada Os ¨®lisbos. E, con todo, as voces cr¨ªticas contin¨²an a demandar a existencia dese espazo como lugar para a emerxencia de escritas alternativas, para o debate te¨®rico ou mesmo para solidificar tendencias. "Na actualidade faltan canais non adscritos ao acad¨¦mico ou ao oficial", sinala o cr¨ªtico Isaac Lourido, "que poidan dar voz a formas cr¨ªticas, ¨¢s alternativas".
"As revistas deben comunicar entre si aos escritores", di Carlos Lema
Para Isaac Lourido, "faltan canais que dean espazo a voces alternativas"
Dorna naceu no ano 1981 e, xa dende o segundo n¨²mero, vinculouse ¨¢ Universidade de Santiago de Compostela. So a direcci¨®n do acad¨¦mico Ram¨®n Lourenzo, os fil¨®logos Lorena Souto, David P¨¦rez e Mario Regueira, canda o profesor Xos¨¦ Manuel Salgado, asumiron os labores dun consello de redacci¨®n no que antes figuraran Henrique Monteagudo ou Lu¨ªs Gonz¨¢lez Tosar. "N¨®s queremos que a revista contin¨²e a desenvolver o mesmo papel que at¨¦ agora", corrobora Lorena Souto, "funcionar como plataforma para a xente que comeza a escribir, co valor que d¨¢, ademais, ir acompa?ado de xente cunha traxectoria consolidada". Neste ¨²ltimo Dorna, aparecen textos de Chus Pato, Anxo Angueira ou Mar¨ªa do Cebreiro canda autoras in¨¦ditas en libro: L¨ªa Santiso, Xoana Fern¨¢ndez Monterrei ou ?ngela Tajes. "Queremos ofrecer un panorama do que emerxe", asegura Souto.
"Xistral trata de acoller sen exclusi¨®ns a todos os poetas maduros ou noveis, consagrados ou desco?ecidos, vinculados ¨¢ provincia de Lugo". As¨ª define o poeta Claudio Rodr¨ªguez Fer a revista Xistral, financiada polo Concello de Lugo, da que fai parte a trav¨¦s do consello de redacci¨®n. "Pero non pretendemos forzar ningunha identidade colectiva artificial", asegura, "sen¨®n levar adiante un importante medio para que se dean a co?ecer autores in¨¦ditos ou de produci¨®n incipiente". A procedencia hist¨®rica da cabeceira, unha idea de Lu¨ªs Pimentel materializada postumamente por Manuel Mar¨ªa e ?ngel Johan no Lugo da posguerra, reciclouse nunha iniciativa que non estabelece m¨¢is criterio que o xeogr¨¢fico para recoller obra. Pero nin Dorna nin Xistral nin a Nova ?lisbos cumpren aquilo que o editor Carlos Lema procura nunha revista literaria. "? importante que existan as revistas pero, antes que para dar a co?ecer novas propostas, deber¨ªan comunicar entre si os membros dun campo literario, contribu¨ªr a solidificar tendencias", di.
Lema ac¨®llese ¨¢s teses de Pierre Bourdieu sobre sociolox¨ªa da literatura: "As publicaci¨®ns ter¨ªan que funcionar como voceiros de sectores para que aumente a din¨¢mica do campo literario, o intercambio de reflexi¨®ns". Carlos Lema, que en poucos meses publicar¨¢ o seu primeiro libro de poemas, O xeito de Freud, reclama atenci¨®n para dous proxectos en activo, Amastra-n-gallar e a Revista das Letras, que sae semanalmente co xornal Galicia Hoxe. Detr¨¢s de Amastra-n-gallar at¨®pase a man de Emilio Ara¨²xo, quen factura o m¨¢is semellante a unha "revista de tendencia" das operativas na literatura galega, pero centrada na poes¨ªa de raizame mallarmi¨¢ e con colaboradores en toda Europa. "A Revista das Letras si que pode servir m¨¢is como detector de novas voces", afirma Lema.
O cr¨ªtico Isaac Lourido dexerga a posici¨®n das revistas literarias dunha perspectiva pouco compracente. "O acad¨¦mico e o oficial dan en confundirse no sistema", apunta, "no que parece que hai que se situar a prol dun suposto proceso de normalizaci¨®n plano, sen arestas, que desemboca na celebraci¨®n permanente e que se dedica a agochar a s¨²a propia precariedade". Para Lourido, as revistas "poder¨ªan evitar" certas inercias e asumir "os outros discursos sociais, non s¨® os art¨ªsticos, sen¨®n tam¨¦n pol¨ªticos". "C¨®mpre non caer na mistificaci¨®n da literatura, abandonar a idea simplista da literatura como m¨¢xima expresi¨®n da cultura galega e, por extensi¨®n, de toda Galicia", asegura.
"Interes¨¢ronme moito, en tempos, O mono da tinta [que dirix¨ªa o arestora profesor universitario Carlos Quiroga] ou Animal, pero no mundo das revistas, o dixital rematar¨¢ por imporse. Estamos nese intre, no canto do cisne". Esta visi¨®n de fin de ciclo pertence ¨¢ profesora e cr¨ªtica Dolores Vilavedra, quen, malia a todo, reco?ece a utilidade do medio peri¨®dico. "Tr¨¢tase dun soporte menos can¨®nico que o libro, unha correa de transmisi¨®n entre o novo e o gran p¨²blico", considera. "No ideal, as revistas estar¨ªan condenadas a unha certa precariedade, inherente ¨¢s marxes do sistema literario e cultural, pero case desex¨¢bel, dalg¨²n xeito. Un vencello m¨¢is formal coa instituci¨®n pode aniquilar o seu esp¨ªrito alternativo".
A cuesti¨®n ciberespacial, por¨¦n, ¨¦ desmitificada por Lourido. "Internet non resulta bo por si mesmo", argumenta, antes de se remitir ao te¨®rico da Rede holand¨¦s Geert Lovink. "Lovink denuncia o impulso nihilista dos blogs, o seu egocentrismo, as comunidades pechadas e escaseza de acci¨®n colectiva", e engade ao seu escepticismo unha apreciaci¨®n sobre o pa¨ªs: "O ¨ªndice de penetraci¨®n electr¨®nica en Galiza a¨ªnda ¨¦ baixo, existe un atraso tecnol¨®xico que, parece, non rematamos de asumir". Carlos Lema opina que o formato blog non favorece a comunicaci¨®n colectiva, apenas a individual. Do consello de redacci¨®n de Dorna, Lorena Souto admite que "hai experiencias electr¨®nicas que non se poder¨¢n adaptar a Internet. Mais o papel non vai desaparecer, segue a ser o punto de referencia".
Al¨¦n da literatura
"A poes¨ªa tam¨¦n debe estar presente nas revistas non estritamente literarias", considera Rodr¨ªguez Fer, quen promove, nesa direcci¨®n, Uni¨®n Libre. Cadernos de vida e culturas.
Fernando Vilaboa dirixe, dende 2005, O ollo p¨²blico. "A nosa intenci¨®n ¨¦ convidar a que a xente lea, que vaia ao cinema e ao teatro", afirma. Fotograf¨ªa, pintura, traduci¨®n literaria e achegas literarias de Manuel Veiga ou Marga Romero encheron as p¨¢xinas dos 22 n¨²meros da publicaci¨®n. "Hai que comezar a casa por abaixo, e non polo tellado: crear unha base para que poida haber unha industria cultural".
A secci¨®n de creaci¨®n de Grial ou A Trabe de Ouro son espazos para a literatura en iniciativas que exceden o car¨¢cter restrito. O Bolet¨ªn Galego de Literatura, da facultade de Filolox¨ªa compostel¨¢, ou Ag¨¢lia abren lugar, no medio de ensaio e a investigaci¨®n, para poemas ou prosas breves in¨¦ditas. Na Revista Galega de Teatro tam¨¦n acollen pequenas pezas dram¨¢ticas e publican caderni?os.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.