Os barcos, o leite e os libros
Pasei por Ferrol para dar o preg¨®n da feira do libro na Alameda. Hai escritores que foxen das feiras e mesmo dos libros, mais a min g¨²stanme, sobre todo dende que fun a Carballo e tocoume a car¨®n dun ferreiro que vend¨ªa fouces. Qu¨¦ feitura a das fouces! Esa curvatura de ferramenta luar, ese signo liberador que Castelao debuxou a car¨®n dunha estrela. Pois vai o ferreiro berganti?¨¢n e dime: "C¨¢mbioche unha fouce por un libro". Home, claro. Qu¨¦ marabilla! En Ferrol o que me gustar¨ªa ser¨ªa dar un preg¨®n naval. Inaugurar un barco. Xa sei que ¨¦ moito pedir, mais pod¨ªa ser unha gamela, unha lanchi?a, ou unha balandra de trece metros de eslora como aquela coa que Joshua Slocum deu a volta ao mundo en solitario despois de perder un gran amor.
A idea do libro non vai desaparecer e moito menos a necesidade da invenci¨®n literaria
Unha das cousas que m¨¢is se parece a un libro ¨¦ un barco. E iso foi o que fun contar a Ferrolterra, o mellor porto natural do Atl¨¢ntico, o grande obradoiro do mar, al¨ª onde se formou, laboriosamente, a estirpe dos mellores construtores de naves. E non lle deixan facer naves! M¨¢is que xeopol¨ªtico, o de Galicia ¨¦che un caso de sadomasoquismo hist¨®rico. Sabemos facer barcos, hai demanda, mais non nos deixan. Temos un mill¨®n de vacas, aumenta a demanda e o prezo do leite para o consumidor, mais as familias gandeiras van ¨¢ ru¨ªna. Temos unha lingua, e unha industria cultural que leveda, e a¨ªnda hai xente que dedica a vida a escornar contra dela, como os calamitosos que a¨ªnda andan a botar dinamita no mar.
O caso e que eu quer¨ªa falar do libro-barco. O libro ten moito que ver coa navegaci¨®n. O primeiro que procura a humanidade ¨¦ un abeiro, un fogar, unha cova, unha cabana, unha casa, un lugar onde habitar. Mais a outra condici¨®n do ser humano ¨¦ a de p¨®rse en cami?o e desafiar as lindes, a de querer saber qu¨¦ hai na outra banda, qu¨¦ hai al¨¦n do horizonte. E iso ¨¦ realmente o que funda a cultura. Iso que chamamos cultura ser¨ªa a humanidade en movemento, a navegar. A mellor cultura ¨¦ un fogar n¨®made. Iso ¨¦ un barco. Iso ¨¦ un libro. O libro tam¨¦n ¨¦ un instrumento de navegaci¨®n. Despois de abrilo, o libro l¨¦vanos. Estamos dentro. Somos tripulantes. Escritor, lector, mari?eiro!
Imos no libro, ese libro no que prendemos, que se converte nun fogar, como Joshua na s¨²a balandra. ? moi improb¨¢bel que ese libro que nos gusta, que nos excita, que nos morde, como quer¨ªa Kafka, vaia cambiar algo na Terra, mais xa est¨¢ a cambiar a nosa ollada. A boa obra de literatura, esa dorna, esa lanchi?a con vento nas velas, ¨¦ sempre a que nos leva nunha viaxe cara dentro e cara f¨®ra. D¨¢nos informaci¨®n esencial sobre a condici¨®n humana. Como ben dic¨ªa o escritor Rodolfo Walsh, un dos asasinados pola ditadura arxentina, a literatura ¨¦ un avance laborioso a trav¨¦s da propia estupidez. Abaneamos o libro, e o libro fainos abalar como a pedra da Barca. Esa navegaci¨®n, esa aventura na que comprometemos todos os sentidos, ¨¦ o que Clarice Lispector chamou moi atinadamente a "felicidade clandestina". E por iso a lectura pode rematar, cando pagou a pena, co lendario berro do vix¨ªa: "Terra ¨¢ vista!".
Mais cando facemos a loanza da lectura, temos ¨¢s veces a sensaci¨®n de recaer, non sei se con acerto, en algo que se parece de m¨¢is ¨¢s chamadas de socorro. Entoamos continuamente o Mayday, mayday, mayday do libro. Non sei se sobreactuamos, levados polo pesimismo, mais as nosas chamadas par¨¦cense en demas¨ªa aos di¨¢logos extremos do x¨¦nero western, como o que mante?en Gregory Peck e Jennifer Jones en Duelo ao sol. Imaxinemos que o di¨¢logo que mante?en Lew (G. Peck) e Perla (J. Jones), mentres se disparan, ¨¦ moi semellante ao do lector e o libro, nun tempo que semella angustioso para os descendentes da Galaxia Gutenberg:
Peck (ferido mortalmente): Cadela india! Maldita!
Jennifer: Dinte, eh Lew? Xa che dixen que sab¨ªa disparar
Peck: V¨¦n aqu¨ª! (Dispara e Perla cae tam¨¦n ferida mortalmente).
Jennifer: Si, irei e matareite, Lew!
Peck: V¨¦n aqu¨ª, Perla! Morro!
Jennifer: Non te creo. Non me f¨ªo de ti.
Peck: M¨®rrome, Perla! Quero verte antes! Qu¨¦rote!
Jennifer: Lew! Esp¨¦rame Lew! Non te morras! Espera a que eu chegue!
A historia do libro ¨¦ dram¨¢tica. No noso caso moi dram¨¢tica. Tr¨¢xica. Hai un feito hist¨®rico moi significativo. Despois da invenci¨®n de Gutenberg, os libros xa foron tratados como as persoas potencialmente perigosas. Moi significativo o que pasou en Espa?a. Primeiro, unha Carta precautoria dos Reis Cat¨®licos en 1502. E despois a Pragm¨¢tica de Felipe II, en 1558, na que xa se contempla a pena de morte para determinadas infracci¨®ns: "Y quien imprimiere o diere a imprimir... no habiendo precedido el dicho exament y aprobaci¨®n y la dicha nuestra licencia... incurra en pena de muerte y en perdimiento de todos sus bienes y los tales libros y obras sean p¨²blicamente quemados". Esa Pragm¨¢tica marcou estilo durante s¨¦culos. At¨¦ non hai moito.
Mais se dispo?emos dun pequeno dep¨®sito de optimismo, vemos que a historia do libro ¨¦ dunha resistencia exitosa contra tanta persecuci¨®n. Na actualidade, as innovaci¨®ns tecnol¨®xicas e todas as hipotecas que gravan o tempo humano, ese modelo de "capitalismo impaciente" que todo o ocupa, semella ¨¢s veces que van provocar un afundimento das chamadas humanidades. Unha especie de holocausto do libro a mans do mundo virtual.
C¨®mpre ter unha concepci¨®n ecol¨®xica do futuro do libro e da propia literatura. Vai haber modificaci¨®ns no soporte. Vanse a dar grandes adiantos t¨¦cnicos que propicien a difusi¨®n electr¨®nica e libros que condensen en pequeno espazo unha biblioteca. Mais o que non vai desaparecer ¨¦ a idea de libro e moito menos a necesidade da invenci¨®n literaria e do pensamento libre.
Outra cousa ¨¦ que nos desacougue o ¨ªndice de lectura que hai en Galicia e en Espa?a. Esa especie de valado de formig¨®n estat¨ªstico que non hai maneira de traspasar, cun 50 % de persoas que aseguran non ler nin un libro ao ano nin ter o prop¨®sito de facelo. Aumenta a lectura na xente m¨¢is nova, mais ese dato optimista recae a partir da adolescencia.
F¨¢lase moito, mesmo en grandes titulares cada mes, do PIB e do IPC. Do ?ndice de Lectura f¨¢lase moi pouco. Se acaso unha vez ao ano, e con moi pouco destaque. E sen embargo o ?ndice de Lectura ¨¦ o mellor termostato, o mellor esc¨¢ner, para medir o benestar dunha sociedade nun sentido integral. O ?ndice de Lectura di todo, dende o estado econ¨®mico at¨¦ a sensibilidade medioambiental. Hoxe, o IPC d¨¢nos a evoluci¨®n dos prezos. Atenci¨®n, soben os tomates! Disp¨¢rase o barril de petr¨®leo! Baixan as patacas! (baixar non baixa nada), etc¨¦tera, etc¨¦tera. Ben. Pois podemos so?ar cun panorama no que as noticias da ma?¨¢ sexan: Sobe a poes¨ªa er¨®tica! Disp¨¢ranse o thriller e a novela negra! Multipl¨ªcanse as novelas ambientadas en Ferrolterra! A¨ªnda que tam¨¦n estar¨ªa ben unha noticia do PIB: Galicia aumenta a produci¨®n de barcos, leite, libros... e fouces!
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.