Os festivais canean a crise
Coa ¨¦poca estival ¨¢ volta da esquina, os grandes eventos musicais est¨¢n preparados. Os festivais te?en perfilados os seus concertos e pechados os artistas principais. Segundo os datos da SGAE, en Galicia houbo mais de 3.000 concertos en 2006, e esa cifra seguiu medrando o pasado ano. Se seguimos o bar¨®metro que sup¨®n a implacable caixa rexistradora da Sociedade de Autores, os dereitos xestionados en Galicia no 2007 acadaron o mill¨®n de euros, o que sup¨®n mais dun 30% con respecto o ano anterior, e a cota mais alta acadada ata o momento. Non semella que a m¨²sica en vivo estea en crise en Galicia, malia que hai outros atrancos que os promotores de concertos tratan de esquivar.
"Non se pode dicir que haxa crise,o que pasa ¨¦ que macroeventos como Benic¨¤ssim ou Festimad te?en unha batalla entre eles e est¨¢n pagando cantidades desorbitadas por ter artistas en exclusiva, e as¨ª ¨¦ imposible chegar a eses cach¨¦s desde Galicia", explica Xos¨¦ Manuel Blanco, de Nalgures Produci¨®ns. Unha opini¨®n semellante ten Bibiano Mor¨®n, de Articket, unha das principais promotoras musicais de Galicia: "Non hai crise de programaci¨®n, sen¨®n de p¨²blico. Unha estrela internacional non baixa de 300.000 euros, e para iso precisas mobilizar 10.000 persoas que te?en que pagar 30 ou 40 euros, e cada vez a xente nova ten menos poder adquisitivo". Mor¨®n traer¨¢ este ano a Galicia a artistas como Emir Kusturica e a Non Smoking Orquestra, Caetano Veloso, Miguel Bos¨¦ ou Toquinho e Mar¨ªa Creuza. Para este veterano promotor musical "os festivais a¨ªnda est¨¢n ¨¢ alza, pero non hai termo medio: ou hai microfestivais e concertos aillados, ou hai xigantes como o Rock in Rio". Cada promotor ama?a como pode para tratar de vender os seus concertos, coa financiaci¨®n das administraci¨®ns p¨²blicas ou o apoio dos patrocinadores privados. "Temos feito concertos potentes como La Oreja de Van Gogh ou Sabina e Serrat e foron ben. S¨® pinchamos con Manu Chao, porque arriscamos de m¨¢is, e as entradas non custan o mesmo con axudas institucionais ou sen elas", confesa Bibiano.
"Chover chove para todos pero o espect¨¢culo ¨¦ m¨¢is inmune ¨¢ crise"
"Unha estrela internacional con 'gancho' non baixa dos 300.000 euros"
Xos¨¦ Manuel Blanco ¨¦ outro dos m¨¢is experimentados promotores musicais de Galicia, ademais de ser desde hai 17 anos o manager de Siniestro Total, grupo co que ten estado presente nos m¨¢is importantes festivais do Estado. Para Blanco, "hai unha gran batalla baseada na contraprogramaci¨®n, que est¨¢ entrando tam¨¦n aqu¨ª".
O produtor lucense pon exemplos como o festival Creamfields, que este ano tam¨¦n ter¨¢ unha sede en Vigo: "En teor¨ªa foi programado nas mesmas datas que Paredes de Coura, que est¨¢ a uns poucos quil¨®metros".
"Cada ano todo ¨¦ mais complicado porque os festivais pechan artistas en exclusiva, ¨® prezo que sexa" , explica David Lago, Tibe, membro da produtora Sweet Nocturna, que este ano traer¨¢ a Galicia m¨²sicos como Roger Hodgson ou Rub¨¦n Blades, e que nos ¨²ltimos anos promoveu concertos de artistas como Franz Ferdinand, Pet Shop Boys, Jamiroquai ou Oasis. "Isto ¨¦ unha poxa tremenda e festivais como Benic¨¤ssim ou Summercase pechan bandas en exclusiva pag¨¢ndolles o dobre do cach¨¦", explica Tibe desde a s¨²a produtora en Vigo.
Bo co?ecedor do mercado internacional, segundo os seus c¨¢lculos, "este ano, o cach¨¦ m¨¢ximo das contrataci¨®ns internacionais m¨®vese entre Madonna, que est¨¢ pechando concertos en tres mill¨®ns de euros, e The Police, que andar¨¢ entre un e dous mill¨®ns de euros".
A produtora Sweet Nocturna ¨¦ unhas das vinte compa?¨ªas que forman parte da Asociaci¨®n Galega de Empresas Musicais (AGEM), fundada o pasado ano. "Nacemos coa intenci¨®n de colaborar e ter unha programaci¨®n coordinada, entre outras cousas", explica Xavier Alonso, avogado e xerente de AGEM. Alonso mant¨¦n que os concertos en Galicia est¨¢n, polo momento, aillados da crise. "Cando chove, chove para todos, pero o espect¨¢culo ¨¦ un tanto inmune ¨¢s crises", explica o xerente desta asociaci¨®n.
Segundo os datos que se manexan desde este colectivo, arredor de mill¨®n e medio de persoas ve?en asistindo cada ano ¨®s diversos concertos e festivais que se celebran en Galicia. "Hai unha correlaci¨®n entre a ca¨ªda da venda de discos e a alza dos espect¨¢culos en vivo, e as empresas te?en que aproveitar iso para estar xuntas e coordinarse ", explica Xavier Alonso.
Partindo deste criterio acaban de unirse d¨²as das empresas musicais de AGEM para acubillarse debaixo da marca Galicia Escoita, que abrangue a sete eventos musicais que te?en lugar este ver¨¢n no pa¨ªs. Articulados arredor das produtoras La F¨¢brica de Chocolate e Fankani Produci¨®ns, en Galicia Escoita est¨¢n integrados o Fax de Ourense, Cultura Quente de Caldas, Vibrasons de Pontevedra, Sonearte de Viveiro, Mar de Fondo de Noia e Repercusi¨®n de Allariz, ademais da celebraci¨®n do D¨ªa da M¨²sica, o vindeiro 21 de xu?o. "Tr¨¢tase de facer unha marca de garant¨ªa, que compita cos grandes festivais, e ¨® mesmo tempo conviva con eventos como as festas tradicionais. Pretendemos facer pi?a, crear un tecido socioecon¨®mico e un atractivo tur¨ªstico", explica Quin Guti¨¦rrez, de La F¨¢brica de Chocolate. Esta marca sumar¨¢ vinte d¨ªas de programaci¨®n entre todos os eventos, polos que desfilar¨¢n 70 artistas, entre os que destacan Caf¨¦ Tacuba, Juliette Lewis ou Marky Ramone. "En Galicia hai arredor de 125.000 persoas cunha idade entre 17 e 35 anos, que ¨¦ o p¨²blico que tratamos de atraer", declara Guti¨¦rrez, que desde hai 18 anos organiza o Festival Cultura Quente en Caldas de Reis. Para este activo produtor, "a crise non chega ¨¢ periferia, pero competir desde aqu¨ª ¨¦ dif¨ªcil".
Buscar unha marca de festival ¨¦ un dos obxectivos de moitos promotores. "S¨® Ortigueira logrou unha marca, asociada ¨¢ relaci¨®n do p¨²blico co entorno e o bautismo xuvenil", explica V¨ªtor Belho, xestor cultural especialista en temas musicais. "Hai unha falta de renovaci¨®n no discurso. A¨ªnda queda traballo por facer e ocos por cubrir. Non todo te?en que ser grandes espect¨¢culos coma os que programaba o goberno anterior", reflexiona Belho, que durante anos estivo ¨® frente da produtora Nordes¨ªa. "A¨ªnda est¨¢ por facer un mapa serio de festivais e un diagn¨®stico do seu impacto econ¨®mico, e tam¨¦n distinguir ben entre o que son festivais e a programaci¨®n musical, cousas ben diferentes", concl¨²e V¨ªtor Belho.
As grandes citas
- Bob Dylan. 27 de xu?o. IFEVI. Vigo.
- Festival Via Stellae. Do 4 ao 23 de xullo. Santiago.
- Caetano Veloso. 21 de xullo. Praza da Quintana. Santiago.
- Festival de Jazz de Pontevedra. Do 23 ao 26 de xullo. Pontevedra.
- Whitesnake. 30 de xullo. Coliseum. A Coru?a.
- Diana Krall. 31 de xullo. Palacio da ?pera. A Coru?a.
- Felipop. 8 e 9 de agosto. Fene.
- Chemical Brothers. 2 de setembro. IFEVI. Vigo.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.