Galicia/Galiza e o Santo dos Croques
Prohibir os croques na catedral de Santiago ¨¦ unha das decisi¨®ns m¨¢is tristes e erradas na historia da espiritualidade galega. Haber¨¢ un antes e un despois dos croques. Dise que ¨¦ polo deterioro. Mais eu desconf¨ªo. Porque logo vai o voceiro do Cabido e di que o Santo dos Croques nin santo ¨¦. L¨¦mbrame aquel serm¨®n dun p¨¢rroco anoxado coa forte crenza popular en San Ant¨®n: "Ese tal San Ant¨®n, ao lado de Deus, ¨¦ un ningu¨¦n". Hai un certo estrabismo diverxente na Igrexa ¨¢ hora de tratar cos santos "independentes", elevados ¨¢ condici¨®n de santos polo pobo. Por unha banda, aprov¨¦itase do seu poder de atracci¨®n. Por outra, mantennos nun estatus furtivo, provisorio. Agora ve?en de despedir de santo ao Santo dos Croques, a mente transmigrada en pedra do mestre Mateo. A pedra da intelixencia.
O Goberno galego poder¨ªa atender o grave abaneo que nos servizos p¨²blicos provocar¨¢ a crise G
"Hoxe est¨¢ confirmado que o Santo dos Croques non ¨¦ santo e non vai interceder". Con todos os respectos ao se?or voceiro do Cabido, isto ¨¦ negar un dos m¨¢is acreditados procesos de santificaci¨®n, que son os que outorga a empat¨ªa popular. Imos falar a serio. ? m¨¢is santo Josemar¨ªa (Escriv¨¢ de Balaguer) que o Santo dos Croques? ? certo que san Josemar¨ªa fundou o Opus Dei, eu non lle quito o m¨¦rito, mais el, no mester de pedreiro, dar non deu moita pancada, nin pau a auga deu, a¨ªnda que para compensar non daba puntada sen f¨ªo. Cando lin o documentado Santos y pillos. El Opus Dei y sus paradojas (Editorial Herder, 1993), de Joan Estruch, cheguei ¨¢ conclusi¨®n non s¨® de que san Josemar¨ªa fixera moitos milagres, moitos m¨¢is mesmo dos que lle atrib¨²en os seus haxi¨®grafos, sen¨®n de que el mesmo o era, un aut¨¦ntico milagre. Como dic¨ªa Ramiro de Maeztu: "Estamos onde estamos, non ¨¦ iso un milagre?".
O que non me parece xusto ¨¦ a diferenza nas varas de medir hist¨®ricas da Igrexa. Escriv¨¢ de Balaguer fixo o Opus, mais o Santo dos Croques fixo a Obra. San Josemar¨ªa anda agora polas Alturas como perico pola s¨²a casa. A min tanto me ten. Mais o Santo dos Croques, sen maquinaria rebarbadora, fixo florecer a pedra.
O Santo dos Croques ¨¦ o Santo dos Rizos. E rizos son os croques das buguinas. O signo inform¨¢tico que chamamos arroba (@) deber¨ªa ser chamado "croque" en idioma galego. O caso ¨¦ que Mateo vi?a de estirpe de pont¨ªfices, de galaicos construtores de pontes. E non ¨¦ logo o P¨®rtico da Gloria unha ponte entre o Aqu¨¦n e o Al¨¦n? Non hab¨ªa daquela a escisi¨®n entre arte e traballo, entre artista e oficio. A experiencia e a sabedor¨ªa eran as esixencias para a condici¨®n de mestre. A escultura do mestre dos rizos, na parte posterior do P¨®rtico, neste discreto posto de custodio, semella unha valente e ir¨®nica afirmaci¨®n de autor¨ªa. O mestre, sen os intermediarios do poder (eclesi¨¢stico e/ou terreal), presenta a obra ao Gran Arquitecto do Universo, en nome dos mas¨®ns ou pedreiros libres que a ergueron. Non outro ser¨¢ o selo dos Irmandi?os: Deus fratresque gallaeciae. Deus e m¨¢is os irm¨¢ns galegos. Ou sexa, ningu¨¦n entre Deus e n¨®s. Ningu¨¦n pode erixirse propietario da voz de Deus. Algo as¨ª.
E agora ve?en os do Cabido, os presuntos propietarios da Posteridade, e deciden borrar da historia as relaci¨®ns entre o santo m¨¢is popular e o pobo, entre o mestre e as xeraci¨®ns vindeiras. Nas s¨²as orixes, un santo dos estudantes e dos que vi?an na procura da luz. O mapa relixioso galego est¨¢ inzado de santos e santas milagreiros, e a Igrexa est¨¢ ben contenta dese patrimonio. E eu estou moi de acordo. Hai que facer unha fronte contra o mundo virtual. A San Andr¨¦s de Teixido que vaia de morto quen non foi de vivo. Que non ve?an con contos nin con pixeles.
-E que eu xa fixen unha "visita" por Internet!
Nin "visita" nin hostias, dispensando. Ou vas a San Andr¨¦s ou non vas a San Andr¨¦s. Prohibir os croques na catedral ¨¦ como cortar a conexi¨®n entre a vida terreal e a "realidade intelixente". ? substraer ao c¨®rtex cerebral o abraio do "estremecemento divino". ? desconectar a principal fonte imaxinativa da catedral co hipocampo. A que produc¨ªa m¨¢is "iluminaci¨®ns". M¨¢is "luces". Por iso, o Santo dos Croques ¨¦ o santo ¨ªntimo da cultura, do humanismo. Curros dir¨ªa: "Dos que levan na fronte unha estrela". Non estrela partidaria, sen¨®n a estrela de Venus, a estreli?a do luceiro, a m¨¢is cantada na tradici¨®n galega. Como ver esa estrela do abrente, como levar esa tatuaxe setestrelada na fronte? Pois d¨¢ndose os truques no Santo dos Croques.
En Espa?a, na actual democracia, mantense unha sorprendente tutela da Igrexa cat¨®lica sobre un Estado "non confesional" ou laico. Trato de favor econ¨®mico e fiscal. E, sobre todo, unha submisi¨®n simb¨®lica por parte dos pol¨ªticos. Un dos casos m¨¢is escandalosos ¨¦ o da anual Ofrenda ao Ap¨®stolo, onde o pol¨ªtico que toque, en nome do Xefe do Estado, mant¨¦n un di¨¢logo de surrealismo espiritista e xeopol¨ªtico con Santiago, a quen, por certo, xa lle encargaran unha misi¨®n terreal no Campo da Matanza de Clavijo, no ano 844, que ao parecer realizou con gran competencia.
Mais non ser¨ªa mellor que no canto de manter esa submisa hipoteca do pasado, os oferentes pol¨ªticos comparecesen o 25 de xullo na catedral para darse con solemnidade os tres truques na testa do Santo dos Croques? E non ser¨ªa el, o santo elixido polo pobo, o santo das iluminaci¨®ns, quen mellor os orientase nas encrucilladas e nos conflitos de goberno?
Moitos dos debates que nos ocupan hoxe en Galicia, ou que ocupan artificialmente a realidade galega, non dan nin para un croque. Un repasa nas hemerotecas as pol¨¦micas dos ¨²ltimos anos e ¨¦ como atoparse diante do que en Portugal chaman "o dep¨®sito de monstros". Vellos cacharros amoreados. Todo ser¨ªa m¨¢is apaixonante e ¨²til se existise a obriga dos pol¨ªticos, xornalistas e opinantes profesionais pasar a revisi¨®n do Santo dos Croques. Con tres truques, novi?os. Descubririamos que conflitos de aparencia apocal¨ªptica e exclu¨ªnte te?en doada soluci¨®n inclu¨ªnte. Tal ¨¦ o caso da dualidade Galicia/Galiza. O Goberno de Galicia (Xunta do Antigo Reino de Galiza) poder¨ªa atender o grave abaneo que nos servizos p¨²blicos e nos eidos da econom¨ªa vai provocar a enxurrada da crise.
Que faremos despois da prohibici¨®n? Como ser¨¢ a loita galega polo dereito aos croques? Ma?¨¢, d¨ªa 14, entr¨¦ganse os primeiros premios nacionais de Galicia en dez eidos do saber e da creaci¨®n art¨ªstica. Foron outorgados neste caso por un xurado amplo, plural, nada sectario, e coido que neses todos nomes (Isaac Diaz Pardo, Diaz Fierros, Margarita Ledo, Paco Leiro, Manuel Lourenzo, M¨¦ndez Ferr¨ªn, Manuel Gallego, Mercedes Pe¨®n) aflora a estirpe do mestre Mateo. A dos que fan pontes. Entre o pasado e o presente, a raz¨®n e a imaxinaci¨®n, a perda e o afecto. A xente dos croques, o pa¨ªs da iluminaci¨®n. Que faremos se nos privan dos croques, se nos secuestran a Mateo? Haber¨¢ que pedirlle a Leiro que fale coa pedra, que procure unha outra de textura nerviosa, co misterio na cerna, e que labre un novo mestre Mateo, en praza p¨²blica, ceibe dos poderes escuros, e libre subministrador de croques e estrelas do luceiro.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.