Os chourizos de Heidegger
Un percorrido polas contribuci¨®ns galegas ¨¢ filosof¨ªa, en plena crise como disciplina acad¨¦mica
Resulta oprobioso que a materia de Filosof¨ªa perda unha hora no curr¨ªculo escolar mantendo, sen embargo, a relixi¨®n as d¨²as horas das que actualmente disp¨®n no bacharelato. Talvez a hora da filosof¨ªa xa chegou, porque cabe que pertenza a un mundo no seu ocaso, pero postos a despedirse e a desaparecer detr¨¢s do pano do teatro -con alto estilo, e fac¨¦ndolle grandes reverencias ao p¨²blico- deber¨ªa de ir acompa?ada da s¨²a mortal inimiga que, ao parecer, segue ga?ando batallas. A Igrexa en Espa?a ten por costume po?er cara de poucos amigos, sobre todo cando se trata das cousas de comer, e os gobernos, a¨ªnda que po?an cara de perigosos laicistas, acaban por pasar a comer co vicario e apandar. Ese adelgazamento da filosof¨ªa continuar¨¢ ata a s¨²a conversi¨®n nun vago recordo dunha ¨¦poca na que os pa¨ªses consideraban que estaban en d¨¦beda con certas tradici¨®ns intelectuais. Pero, quen necesita pasado cando non est¨¢ previsto ning¨²n futuro?
No entanto, non hai que po?erse cenizo. H.L. Mencken escribiu nun breve texto de 1927: "Na historia humana non hai antecedentes dun fil¨®sofo feliz: s¨® existe na lenda rom¨¢ntica. Moitos entre eles suicid¨¢ronse; moitos outros expulsaron do fogar aos seus fillos e golpearon ¨¢s s¨²as esposas. Iso non debe marabillarnos. Se queredes descubrir o que sinte un fil¨®sofo mentres pr¨¢ctica a s¨²a profesi¨®n, ide ao zool¨®xico m¨¢is pr¨®ximo e observade a un chimpanc¨¦ consagrado ¨¢ aburrida e in¨²til tarefa de espulgarse. Ambos sofren espantosamente e ning¨²n dos dous pode trunfar". Posiblemente o grande periodista norteamericano ti?a raz¨®n, pero non cabe d¨²bida de que non deixa de resultar entretido contemplar aos simios e aos fil¨®sofos cont¨¢ndose as pulgas.
En Galicia m¨¢is que fil¨®sofos -acaso Amor Ruibal, e pouco m¨¢is- o que ten habido, e hai, ¨¦ ensa¨ªstas. Nun pa¨ªs atrasado e cun gran peso da Igrexa, que ao parecer perdura en maior medida do que alg¨²ns inxenuos imaxinamos, ¨¦ natural que contaramos cun grande pensador metaf¨ªsico e relixioso como Ruibal e con polemistas e cr¨ªticos sociais, pero a ausencia de masa cr¨ªtica impediu un grande peso da filosof¨ªa, como na totalidade de Espa?a. A Unamuno e Ortega hainos que contar tam¨¦n entre os ensa¨ªstas m¨¢is que entre os fil¨®sofos.
Polo demais, por suposto, non hai unha filosof¨ªa galega. Talvez, se houbera que xogar ao vello xogo do esprit du pays a mirada se dirixir¨ªa inmediatamente a Francisco S¨¢nchez, aquel esc¨¦ptico tudense, que nos manuais consta como un dos antecesores de Descartes e que nos deixou un t¨ªtulo impagable Quod nihil scitur ("Que nada se sabe"). Esas tres palabras decantan o que parece ser a tendencia instintiva dos galegos, tan dados, segundo o psiquiatra Santiago Lamas, ¨¢ ambig¨¹idade e ao pensamento difuso. Claro que, Marx, que non consta que tivera xenes do pa¨ªs, ti?a como un dos seus lemas de cabeceira "Iso, depende", que poder¨ªan tomar como propio catro de cada cinco galegos segundo evidencias emp¨ªricas rexistradas nos bares e tabernas do pa¨ªs.
En Galicia non hai unha corrente definida de pensamento que poida constitu¨ªr unha tradici¨®n. Otero Pedrayo dedicoulle un groso volume ao Padre Feij¨®o, unha das referencias imprescindibles no pensamento galego e espa?ol. Eduardo Subirats titulou un libro que tomaba ao crego ourens¨¢n como n¨²cleo central da s¨²a investigaci¨®n La Ilustraci¨®n insuficiente. Segundo Subirats, en Espa?a, dado o seu nivel de desenvolvemento econ¨®mico, intelectual e moral, non houbo nada parecido ao Si¨¨cle des Lumi¨¨res, a Aufkl?rung ou ao Enligthnment. Nese contexto, o Padre Feij¨®o sinala o punto ¨¢lxido da Ilustraci¨®n espa?ola, pero tam¨¦n os seus l¨ªmites. S¨® abonda comparalo con Voltaire e o seu grito de guerra dirixido ¨¢ Igrexa cat¨®lica, "?crassez l?infame", para percibir a diferenza.
De Mella a Bra?as
Pero no mesmo s¨¦culo XIX ¨¦ posible atopar a te¨®ricos tan distantes como o vigu¨¦s Ricardo Mella, pensador e activista libertario, e Alfredo Bra?as, un dos pais do rexionalismo conservador, de xenealox¨ªa carlista, hoxe enterrado, con Rosal¨ªa e Castelao, no Pante¨®n dos Galegos Ilustres. Ou Eloy Lu¨ªs Andr¨¦, fil¨®sofo de influenza krausista que tivo o privilexio de estudar con Wundt, un dos fundadores da moderna psicolox¨ªa. Ou Xoh¨¢n Vicente Viqueira, de vida moi cedo truncada e que estaba chamado a ser o fil¨®sofo do galeguismo liberal. Viqueira contou cunha estupenda formaci¨®n que inclu¨ªu estancias en Par¨ªs e Berl¨ªn con profesores da talla de Bergson, Durkheim, Simmel ou Cassirer. A el d¨¦bense algunhas das mellores traduci¨®ns de Hume ao castel¨¢n. Na li?a inspirada por Bra?as podemos atopar a Losada Di¨¦guez, decisivo na conformaci¨®n do n¨²cleo ourens¨¢n que deu lugar ¨¢ Xeraci¨®n N¨®s.
O mesmo Otero Pedrayo ¨¦ un pensador vigoroso. A delicia de ler os seus ensaios ¨¦ insuperable. A s¨²a cortes¨ªa e amabilidade como autor, o vasto das s¨²as referencias intelectuais, a delicadeza e empat¨ªa ¨¢ hora de interpretar as marcas e a simbiose entre os homes e a terra, fan del un autor ¨²nico, que a¨ªnda espera o seu reco?ecemento por parte do p¨²blico culto hisp¨¢nico, que o ignora. Era un xe¨®grafo, pero tam¨¦n un ide¨®logo da paisaxe. O actual revival de Chateaubriand, ao calor dunha revisi¨®n conservadora da Revoluci¨®n e da Ilustraci¨®n francesas, poder¨ªa atopar en Otero un marabilloso expo?ente da supervivencia dos temas do romanticismo na dereita nacionalista.
A xeraci¨®n Galaxia deu froitos considerables. Ram¨®n Pi?eiro, coa s¨²a Filosof¨ªa da Saudade; os m¨¦dicos humanistas como Garc¨ªa Sabell -amigo de J¨¹nger, quen lle enviaba cada novo tomo das s¨²as obras, e de Cocteau-, ou Rof Carballo, cos seus conmovedores estudos sobre a "urdime afectiva"-; e, finalmente, Celestino F¨¦rnandez de la Vega, autor dun famoso ensaio sobre O segredo do humor, a quen recordo sentado no Cant¨®n Bar de Lugo e no Goberno Civil, onde era funcionario.
De Fern¨¢ndez de la Vega publicamos no seu momento na revista Luzes de Galiza unha traduci¨®n dun texto de Heidegger sobre Nietszche, produto da relaci¨®n das xentes de Galaxia co c¨¦lebre fil¨®sofo alem¨¢n e que deu lugar ¨¢ publicaci¨®n, nesa editorial, en data moi temper¨¢, do ensaio Da esencia da verdade. Talvez a mi?a memoria falla, e me desculpar¨¢n pero se non ¨¦ vero ¨¦ ben trovato: lembro escoitarlle, creo que a Manuel Mar¨ªa -tam¨¦n puido ser a Pi?eiro- que a relaci¨®n con Heidegger vi?a dun certo militar lucense, o comandante Carballo, que decidiu dedicarse ao cultivo da filosof¨ªa e entrou en contacto co pensador alem¨¢n, ao que lle enviaba saborosos chourizos de Lugo que, ao parecer, eran moi do gusto do autor de Ser e Tempo.
Marcado polo exilio estivo Rafael Dieste, autor de El alma y el espejo, marabilloso libro de impecable factura literaria e que tam¨¦n agarda por un redescubrimento. Cando un considera a incuria que se cerne sobre a tradici¨®n ensa¨ªstica e filos¨®fica non pode m¨¢is que protestar contra a baixa consideraci¨®n que leva ao esquecemento de textos tan l¨ªmpidos.
O te¨®logo Andr¨¦s Torres Queiruga despuntou moi cedo con obras de grande influencia no mundo cat¨®lico, especialmente en Am¨¦rica Latina. A revelaci¨®n de Deus na realizaci¨®n do home constit¨²e unha obra maior nun pensador que quere elaborar algo as¨ª como unha teolox¨ªa posmoderna. No ¨¢mbito do di¨¢logo entre o marxismo e Heidegger o historiador Felipe Martinez Marzoa ¨¦ insuperable. A s¨²a obra Lectura filos¨®fica de El Capital ¨¦ decisiva. Sen d¨²bida Marzoa, pouco co?ecido, ¨¦ un dos grandes do pensamento europeo de hoxe. Tam¨¦n Arturo Leyte, en Ensaios sobre Heidegger parte a partir dese punto. Outros autores como Carlos Fern¨¢ndez, vinculado ¨¢ tradici¨®n de Galaxia, o marxista Francisco Sampedro, Luis Garc¨ªa Soto, Mar¨ªa Xos¨¦ Agra especializada no pensamento liberal e feminista ou quen isto escribe -acusado de veleidades posmodernas-, imos intentando deixar algunha pedra no cami?o.
Dez reflexi¨®ns desde Galicia
- Que nada se sabe. Francisco S¨¢nchez. Espasa Calpe.
- Los problemas fundamentales de la filosof¨ªa y el dogma. ?ngel Amor Ruibal. CSIC, 1972.
- O segredo do humor. Celestino Fern¨¢ndez de la Vega. Galaxia, 1963.
- An¨¢lise existencial do home galego enfermo. Domingo Garc¨ªa Sabell. Galaxia, 1991.
- Ensaios sobre Heidegger. Arturo Leyte. Galaxia, 1993.
- La filosof¨ªa de El Capital. Felipe Mart¨ªnez Marzoa. Taurus, 1983
- A rosa sen por qu¨¦.
A. Baamonde. Galaxia, 1997.
- Paz, guerra e violencia. L. G. Soto. Espiral Maior, 1983
- A violencia excedente. Francisco Sampedro. Laiovento, 2006.
- O suxeito posmoderno. Rebeca Baceiredo. Galaxia, 2006
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.