Saturno e n¨®s
En Milagre en Mil¨¢n, de 1950, os protagonistas, veci?os nun barrio de chabolas (autoconstruci¨®n, dir¨ªa agora a perversa retranca do eufemismo), estenden a man non ¨¢ procura de esmolas sen¨®n dunha raiola, do agasallo do sol. O valor que ten unha loaira, un estrelampo, no inverno coural! Iso foi o neorrealismo italiano. Unha sucesi¨®n de marabillosos, gozosos e perturbadores estrelampos no longo inverno da Europa de posguerra e que alongou o seu ronsel un pouco m¨¢is ac¨® no calendario para quecer a nosa infancia de cines sen calefacci¨®n.
Milagre en Mil¨¢n. Milagre en Italia. Milagre nas pantallas do mundo. Feixes de luz que vi?eron abanear a historia do cinema, a relaci¨®n entre a realidade e a c¨¢mara, entre o pobo e os artistas. Vittorio De Sica tivo que traballar toda a vida para pagar as d¨¦bedas desa inesquec¨ªbel trilox¨ªa que, xunto co Miracolo a Milano, completan Ladr¨®n de bicicletas e Umberto D. Si, De Sica tivo que pagar aquel atrevemento. As¨ª que talvez non ¨¦ moi aquelado falar de milagre, non fago en repetirme. Xa vexo ao se?or De Sica ollarme en fite ¨¢ sa¨ªda do cine Monelos:
Neorrealismo: "A simultaneidade, ou case, entre a ilusi¨®n e a desilusi¨®n"
-Miracolo? Fa un cazzo di freddo!
Mais se utilizo ese recurso de chave de cerralleiro ¨¦ porque, visto dende hoxe, co devalar do cinema e da sociedade italiana, mergullada no que Umberto Eco chama a "neotelevisi¨®n", non podo deixar de contemplar como un feitizo o que supuxo o neorrealismo. Talvez a mellor ¨¦poca dun cinema local universal. Cando vexo Roma citt¨¤ aperta, cando vexo Mamma Roma, cando vexo L'Estrada, cando vexo La terra trema, cando vexo Accattone, sinto o impulso de abrir a fiestra na noite e berrar na noite un brinde a contratempo: "Viva Anna Magnani! Viva Franco Citti! Viva a nai que os pariu con tanto i! Rossellini, Vittorio, Visconti, Fellini, Zavattini, Pasolini, Risi... Monicelli! Ai quen pillara dous ou tres is!
Non. Si. Non foi un milagre casual. A alquimia transgresora do neorrealismo consistiu na mestura da sabedor¨ªa que vi?a da tradici¨®n da Comedia da Arte e a ollada comprometida e desmitificadora dunha nova conciencia social. O resultado, case sempre, un aut¨¦ntico bo ovo duro. Esa era a esixencia do esixente Gombrowicz para unha obra das que hai ver ou ler.
-Marchando un ovo duro!
Pois iso foi o neorrealismo italiano. A vangarda cultural de Europa durante quince anos, polo menos. Unha factor¨ªa de ovos duros. Un cinema que abr¨ªa os ollos ¨¢ denuncia mais tam¨¦n ao gozo. Que fac¨ªa rir e chorar. Por exemplo, do cinema de Federico Fellini hai unha anotaci¨®n da estudosa Jacqueline Risset que a min me parece tremendamente suxestiva: "A simultaneidade, ou case simultaneidade, entre a ilusi¨®n e a desilusi¨®n". Por iso vemos tan pr¨®ximo o neorrealismo. Esa simultaneidade ¨¦ nosa. Iso miden as verdadeiras pexas e medidas do noso tempo. Parade un momento: Quen non sente esa simultaneidade? Tr¨¢tase de algo diferente, m¨¢is profundo, que este estrondo de crise de sube baixa e mete saca.
Mais volvamos ¨¢ idea da milagre. De como unha vangarda emerxe con semellante forza nun pa¨ªs en reconstruci¨®n. Moitos dos principais protagonistas do neorrealismo desapareceron. Un dos que a¨ªnda vive ¨¦ Mario Monicelli. Ten m¨¢is de noventa anos, a¨ªnda anda activo, vai ser homenaxeado agora no Festival de Cine de Donostia. O¨ªr o que di Mario Monicelli, director e guionista de ducias de obras de calidade, sup¨®n achegarse doutro xeito a ese modelo do neorrealismo que tanto nos poder¨ªa inspirar.
Miguel Mora preguntoulle de onde sa¨ªan tantas historias e Mario Monicelli fainos visualizar a milagre: "Moitas eran reais, outras sa¨ªan dos libros, de contos que se o¨ªan, de historias antigas. O peixe estaba en todas partes: sucesos, tertulias... Inventouse todo: o cine negro, o spaguetti-western, as series mitol¨®xicas... Eramos mil persoas en total, sempre estabamos xuntos, ¨ªamos aos mesmos caf¨¦s e restaurantes, e al¨ª cambiabamos ideas e pareceres. Hab¨ªa imaxinaci¨®n e ganas de facer cousas. O pa¨ªs era pequeno e hab¨ªa que inventar moito".
Ocorre ¨¢s veces. A xente fala do seu, mais ti escoitas e descobres que est¨¢n a falar de ti. Unha corrente vai polo espi?azo. Falan do seu pais, falan do teu.
Hab¨ªa imaxinaci¨®n e ganas de facer cousas.
Dende que lin, escoitei, a Monicelli non se me van as s¨²as l¨²cidas frases. Rep¨ªtense como un leixapr¨¦n causal, necesario. Tan necesario para este tempo de centrifugadora, no que a maquinaria pesada non distingue os tecidos humanos dos inhumanos. Tan necesario para este tempo onde a competencia despraza ao compartir. Onde a pol¨¦mica cultural se confunde co canibalismo. Onde os Saturnos arroutan de tanto comer fillos.
E Mario Monicelli, aos 93 anos, retrata aos berlusconis, que son m¨¢is dos que parecen, tam¨¦n no eido cultural: "A xente volveuse individualista e comezou a pensar en imporse ao veci?o (...) A cultura rural foi b¨¢sica no neorrealismo. Vi?amos de a¨ª, ti?amos a humanidade do campesi?o. Os personaxes de Sordi eran terr¨ªbeis, prepotentes, listos para cometer calquera baixeza con tal de medrar, escuros. N¨®s contabamos iso e os italianos r¨ªan pensando que non ¨ªa con eles. Perdeuse esa cultura, perdeuse a visi¨®n do outro como un compa?eiro e non como un adversario".
Galicia entrou no s¨¦culo cun movemento c¨ªvico, ecol¨®xico e cultural dunha creatividade ins¨®lita, non experimentada antes. A xente da cultura, como nunca antes, en intensidade e n¨²mero, sentiu que era tempo de compartir e non de competir. Persoas que non se falaban, ou que se trataban como invis¨ªbeis, de s¨²peto apareceron entrelazando vontades, partillando espazos, intercambiando ideas. Rindo xuntos. Facendo alg¨²ns "bos ovos duros". Saturno parec¨ªa xubilado, farto. E ademais, os fillos non se deixaban comer.
Non ¨¦ por po?erme saudoso. Ser¨¢ que hoxe fun ao dentista. E que onte lin un estupendo artigo titulado O s¨ªndrome de Saturno, de Xos¨¦ Manuel G. Trigo (El Correo Gallego, 17.9.08). Mais non puiden evitar a ollada neorrealista sobre Galicia, a simultaneidade de ilusi¨®n e desilusi¨®n. Esa sensaci¨®n de que as reflexi¨®ns de Monicelli te?en moito de ver connosco. Para ben e para mal.
A milagre cultural en Galicia ¨¦ posibel, agora que xa sabemos como son as milagres: partillar moitas soidades. Po?er a traballar en rede eses milleiros de persoas que te?en por patria a imaxinaci¨®n e o humor. Que poden facer de Galicia un modelo, mesmo para rirmos todos dos insaci¨¢beis Saturnos que a¨ªnda se moven, xa desorientados, no que Albert Camus chamou "a ¨¦poca da mala fe".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.