A cultura pendente do bipartito
Creadores e especialistas piden m¨¢is promoci¨®n exterior e proximidade ¨¢ cidadan¨ªa
A falta de escenificar o reparto do orzamento da Conseller¨ªa de Cultura para 2009, e co ruxerruxe propio dunhas elecci¨®ns en cami?o, este xornal consultou a especialistas de diferentes campos da cultura sobre as contas pendentes do bipartito. Deixando ¨¢ parte o balanzo global da nova xesti¨®n -"a cultura galega xa non pide perd¨®n por existir", di Luis ?lvarez Pousa-, o discurso do que falta remite ao mundo de esperanzas que alimentou o cambio pol¨ªtico. No concreto, ¨¢ "herdanza envelenada" da Cidade da Cultura e a algunhas promesas adiadas, coma o Instituto Rosal¨ªa de Castro, inclu¨ªdo no pacto de goberno.
"Falta un proxecto que revalorice a dimensi¨®n social e pol¨ªtica da cultura, sen a que dificilmente se pode abordar a s¨²a democratizaci¨®n, a asignatura pendente, nin moito menos a s¨²a singularidade e supervivencia no mar da globalizaci¨®n".", di Pousa, antigo director xeral de Cultura. Conseguir que abrolle unha "cidadan¨ªa cultural", segundo Pousa, precisa "dun goberno que asuma de maneira integrada as pol¨ªticas culturais e de comunicaci¨®n". Na opini¨®n de Jos¨¦ Carlos Bermejo, catedr¨¢tico de Historia Antiga, falta "todo", en especial unha "aposta pola cultura de base". "Nos pobos, nos barrios e nas aldeas, con redes de bibliotecas", resume, "non na l¨®xica da exhibici¨®n" que simboliza a Cidade da Cultura, "inversi¨®n ruinosa lexitimada por este Goberno".
"A cultura galega xa non pide perd¨®n por existir", di ?lvarez Pousa
Bragado bota en falta "a ambici¨®n de considerar a lectura un tema pol¨ªtico"
Marcos Lorenzo, asesor cultural do goberno de Ferrol, det¨¦nse no traballo sociocultural coa cidadan¨ªa. O autor de Liquidaci¨®n de existencias, que menciona a traxectoria "exemplar" de Natalia Balseiro ¨¢ fronte do Centro Coreogr¨¢fico Galego, coas s¨²as montaxes a p¨¦ de r¨²a, non ve a¨ªnda unha "aposta firme" pola dimensi¨®n social da cultura, no que tam¨¦n se decide o futuro da lingua. "Polo traballo de barrio, nas asociaci¨®ns e nas escolas, que non ten unha visibilidade inmediata". Lorenzo valora o "in¨¦dito" dalg¨²ns pasos, coma o propio interese pola proxecci¨®n exterior, para explicar que a pol¨ªtica cultural se concentre "m¨¢is nos profesionais da cultura que na demanda que deber¨¢n ter os artistas no futuro".
Neste punto, o economista Fuco Sanjiao (Todo o mundo a escena! A econom¨ªa do teatro) considera que o primeiro Plan Galego das Artes Esc¨¦nicas e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que substitu¨ªu ao Igaem, son unha mostra da "aposta por impulsar a actividade profesional no mundo da arte". "Agora faltan os programas destinados ao que non ¨¦ profesional. Hai que recrear o gusto polo teatro, e niso ten responsabilidades todo o Goberno".
Nos principais sectores do que insiste en chamarse industria cultural, pendentes de ensamblar na Agadic, as opini¨®ns reflicten os diferentes graos de intervenci¨®n institucional. Desde o mundo da edici¨®n, Manuel Bragado apunta que faltou "a ambici¨®n de considerar a lectura un tema pol¨ªtico". Malia o lixeiro aumento das vendas, "consumimos en libros 21 mill¨®ns de euros menos do que nos corresponder¨ªa por poboaci¨®n", resume o director de Xerais, que recomenda profundizar no di¨¢logo co sector a trav¨¦s da Agadic e dese?ar "unha estratexia nacional compartida de promoci¨®n da lingua e da literatura no exterior". Pendentes de como se desenvolva a C¨¢mara do Libro, que na nova lei se concibe como asociaci¨®n de empresas, Bragado insiste na necesidade de crear unha Oficina do Libro que xunte a editoras, asociaci¨®ns de escritores e administraci¨®ns (Cultura e Pol¨ªtica Ling¨¹¨ªstica). "Oficina ou como se lle queira chamar", di, en referencia ao Instituto Rosal¨ªa, que deber¨ªa canalizar este traballo al¨¦n das feiras internacionais.
"Os galegos andamos polo mundo, pero Galicia non est¨¢ no mapa", di Paco de Pin, que fala de m¨²sica, cCaso aparte en calquera estratexia de internacionalizaci¨®n. Pin, socio de Nordes¨ªa e un dos responsables da empresa Cach¨¦ Lox¨ªstica, ¨¦ cr¨ªtico co intervencionismo: "Temos un p¨²blico afeito a aberraci¨®ns como concertos gratis nas fundaci¨®ns. En Francia ou Alema?a hai grupazos que seguen tocando pola taquilla. Cantos grupos galegos poder¨ªan facer iso na Sala Capitol?". Tras a autocr¨ªtica, sinala que a Administraci¨®n deber¨ªa seguir fomentando a presenza internacional "de xeito que a un grupo lle supo?a o mesmo tocar en Vigo ca en Londres, pero sen pagar cach¨¦".
No avoltado mundo do audiovisual, coas competencias partidas entre produci¨®n (Axencia Audiovisual) e promoci¨®n (Direcci¨®n Xeral de Comunicaci¨®n Audiovisual), a reflexi¨®n do produtor e director Pepe Coira non deixa de ser ir¨®nica: "A disparidade de criterios foi rechamante, pero tam¨¦n te podes atopar con li?as de traballo e de axudas m¨¢is diversificadas". Coira, que agarda "que se tome nota do aprendido" de repetir o bipartito, refresca asuntos pendentes como "a reforma da CRTVG e a potenciaci¨®n das canles de exhibici¨®n e distribuci¨®n, unha vez conquistada a capacidade de producir". Outra das cuesti¨®ns af¨¦ctalle aos administrados: "No audiovisual non damos adoptado unha soa voz cando c¨®mpre. Como sociedade civil temos unha relaci¨®n coa pol¨ªtica pouco sana".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.