Ferrinianos e ferrinistas
O autor de 'Con p¨®lvora e magnolias' recibe unha homenaxe no seu 70? aniversario
Todo creador ten seguidores e detractores, esperta filias ou fobias, pero poucos xeran adxectivos. En Galicia, alomenos nos c¨ªrculos culturais, existe ferriniano. Unha corrente de afecto, unha tatuaxe literaria, secreta ou a voces, coa que se identifica ¨®s incondicionais de Xos¨¦ Lu¨ªs M¨¦ndez Ferr¨ªn (non confundir con ferrinistas: os partidarios pol¨ªticos do escritor, comunista e independentista, ou os especialistas na s¨²a obra). Esta noite, nun restaurante de Vigo, os ferrinianos fanlle ao autor unha homenaxe e presentan o libro A semente da naci¨®n so?ada, editado en conxunto polas s¨²as d¨²as casas editoriais, Sotelo Blanco (que apadri?a a revista que el dirixe, A trabe de ouro) e Xerais, que publica a s¨²a obra. Son m¨¢is de 500 p¨¢xinas que acollen 60 traballos, desde as semblanzas biogr¨¢ficas aos estudos da s¨²a obra pola creaci¨®n literaria. Entre os ferrinianos asinantes est¨¢n desde Xos¨¦ Manuel Beiras a Xos¨¦ Neira Vilas, de Francisco Fern¨¢ndez del Riego a John Rutherford, de Giuseppe Taviani a Antonio Gamoneda. Unha n¨®mina que non deixa de sorprender en algu¨¦n que sempre se considerou alleo aos c¨ªrculos literarios, e mesmo m¨¢is un profesor que escribe ca un escritor.
Marilar Aleixandre as¨²mese como "non ferriniana" e sorr¨ª ao confesalo
"Eu valoro aos arroutados como el", afirma Xurxo Borraz¨¢s
"Claro que me considero ferriniano, adm¨ªroo como persoa, como pol¨ªtico e como autor. ? o escritor nacional galego, porque non hai outro desa envergadura polo espazos que creou. Sempre estivo na vangarda", est¨¦ndese Anxo Angueira, membro da comisi¨®n que leva dous anos preparando o 70? aniversario de Ferr¨ªn e o 50? de Percival e outras historias. O escritor e cr¨ªtico padron¨¦s admite que "en moitas ocasi¨®ns, os parab¨¦ns a Ferr¨ªn van acompa?ados de cr¨ªticas: '¨¦ moi bo contista, pero non novelista', ou se renden ¨¢ calidade literaria, pero se critica a s¨²a postura pol¨ªtica. Sen embargo, houbo unanimidade ¨¢ hora de propo?elo para o Nobel. Ferr¨ªn ¨¦ Ferr¨ªn, e son palabras maiores Mesmo para os reintegracionistas, para ¨®s que ¨¦ un l¨¢tego que lles doe, ou para certos sectores do nacionalismo maioritario", asegura Angueira.
O acad¨¦mico Dar¨ªo Xoh¨¢n Cabana tam¨¦n se define, a¨ªnda que non faga moita falta, "como ferriniano e ferrinista". "Ferr¨ªn est¨¢ continuamente presente nos ¨²ltimos 50 anos da creaci¨®n literaria galega, e a s¨²a presenza nos ¨²ltimos 30 ¨¦ esmagadora. ? unhas destas personaxes que enchen unha literatura, non soamente porque sexan moi bos, sen¨®n porque abren cami?os continuamente. Cada libro, a¨ªnda que non se venda moito no momento, ten efecto retardado. Non marca li?as, remexe conciencias", considera o autor de Galv¨¢n en Saor, que recorda que a primeira vez que falou con Ferr¨ªn foi por tel¨¦fono, cando o escritor estaba no c¨¢rcere, "nunha daquelas comunicaci¨®ns que permit¨ªan".
Cabana non ten reparo en debullar a n¨®mina de ferrinianos, "moitos da xeraci¨®n do 75 ¨® 78, pero tam¨¦n xente moito m¨¢is nova, como Mar¨ªa do Cebreiro ou Daniel Salgado. A s¨²a presenza ¨¢s veces esmaga un pouco, pero como ¨¦ tan libre, o seu maxisterio ¨¦ laso, ¨¦ unha perspectiva". O pen¨²ltimo ingresado na RAG ve como saudable que haxa antiferrinianos. "Eu non estou de acordo sempre con el, e hai xente ¨¢ que non lle gusta ou non quere que lles guste, e mesmo ¨¦ natural que haxa quen estea del ata os narices, porque con Ferr¨ªn o que non cabe ¨¦ a indiferenza". Unha autora que se asume "non ferriniana" e sorr¨ª ao confesalo, "porque ¨¦ algo politicamente ben incorrecto", ¨¦ Marilar Aleixandre. "Unha cousa ¨¦ que Ferr¨ªn, como narrador de relatos curtos, sexa impresionante, e outra que no que escribo te?a unha influenza grande del, e me reco?eza m¨¢is na escrita de Carlos Casares. Tam¨¦n en poes¨ªa me considero m¨¢is chuspatiana que ferriniana", di a novelista.
Tam¨¦n Suso de Toro se adscribe aos non ferrinianos, ou aos aferrinianos: "Eu cuestionei sempre un sistema literario que se organiza arredor de figuras, que ata hai uns anos ench¨ªan dous espazos de poder: Ferr¨ªn e Casares. Non creo na verticalidade, no patriarcado. A influenza que pode exercer un escritor asentado sobre outro novo pode ser nefasta. Ferr¨ªn ¨¦ unha figura importante, e dous poemarios e tres ou catro libros seus son espl¨¦ndidos, pero non lle te?o moito respecto a esa devoci¨®n que crea, que intelectualmente me parece penosa e que vexo con pasmo que se reproduce na xente nova".
Sen chegar ¨¢ devoci¨®n, unha escritora nova, Rosa Aneiros, considera que "literariamente, todos lle deben moito a Ferr¨ªn". "Polo menos no meu caso, que me considero ferriniana tanto a nivel estil¨ªstico como tem¨¢tico, polo valor que Ferr¨ªn lle d¨¢ ¨¢ propia palabra e ¨¢ construci¨®n da lingua literaria". Outro novo pero consolidado, Xurxo Borraz¨¢s, fala do autor de Arraianos como "unha personalidade moi complexa literaria, c¨ªvica e politicamente como para cualificala". "Quizais nos ¨²ltimos anos a s¨²a presenza foi menor, pero o seu traballo n'A Trabe e o impulso de querer facer cousas novas ten moito valor. Con toda a obra que ten, se fose un escritor m¨¢is discreto, non crear¨ªa eses amores e eses odios, pero eu valoro aos arroutados coma el", di.
Cando Ferr¨ªn cumpriu os 50, recibiu tam¨¦n unha homenaxe, m¨¢is discreta pero m¨¢is simb¨®lica. Un grupo de amigos regaloulle un cabalo, Negro, porque Ferr¨ªn -"somos produto da contradici¨®n, ¨¦ o que nos fai medrar", di- ¨¦ un apaixonado dos cabalos. Un deses amigos, ent¨®n un rapaz, era o profesor e escritor Manuel Outeiri?o, tradutor ao castel¨¢n da s¨²a obra. "Non sei que quere dicir ferriniano, pero eu sei ben con que bois aro, e admiro desde a s¨²a obra literaria ¨¢ obra xornal¨ªstica. Supo?o que hai xente que non a aprecia, como hai quen non lle ve as voltas ¨¢ Beckett, pero ¨¦ o noso presidente da Rep¨²blica das Letras Galicianas, mesmo o noso presidente da Rep¨²blica de Galicia".
"O que me gustar¨ªa ¨¦ que lle desen o Premio Nobel", resume Dar¨ªo Xoh¨¢n Cabana o esp¨ªrito que probablemente presidir¨¢ o banquete desta noite. "Pero non llo dar¨¢n, nin ser¨ªa m¨¢is grande porque llo deran".
"Non hai nada diso"
Ferr¨ªn descr¨¦ da existencia dos tais ferrinianos. "Non hai nada diso. Eu que sei, haber¨¢ xente que me te?a simpat¨ªa, como eu lla te?o a outros, pero como escritor que te?a un discipulado, non o vexo. ? m¨¢is, a min g¨²stame que a xente sexa o m¨¢is independente que poida, a¨ªnda que en literatura sempre se incorporan as herdanzas, ningu¨¦n parte de cero. Somos fillos da tradici¨®n, e como eu son un pouco vello, xa formo parte dela. Otero Pedrayo dic¨ªa que el era unha pantasma do s¨¦culo XIX. Eu son unha pantasma do XX", qu¨ªtalle ferro ao asunto o profesor recentemente xubilado despois de 42 anos no Instituto Santa Irene de Vigo.
Tam¨¦n llo quita ¨¢ homenaxe: "? un ritual que se fai, te?o asistido a infinidade deles. Se se lle fan aos comisarios de polic¨ªa, por que non ¨®s profesores que se retiran...". Para Ferr¨ªn, que co?eceu a ¨¦poca na que a aparici¨®n dun libro en galego era un acontecemento, o importante ¨¦ o libro. "Non sei a¨ªnda que vou dicir, xa se me ocorrer¨¢ algo, pero te?o que escribilo".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.