O arraiano Martin Sheen e o poeta cimarr¨®n
Vai xa para vinte anos, cando traballaba naquela nave ebria de xornalismo vangardista que foi Diario de Galicia (na ¨¦pica xeira dirixida por X. A. Gaci?o) e ti?amos pousada en Tui, fomos cear unha noite de s¨¢bado a Gondomar e nunha mesa dun recanto da casa de comidas vimos a un tipo paisano que era cuspidi?o a Martin Sheen. E a medida que pasaba o tempo, e o Mi?o como quen di lev¨¢banos ao coraz¨®n da escuridade, mais se asemellaba aquel ghicho ao grand¨ªsimo actor de Apocalypse Now. At¨¦ que nos puido a curiosidade e soubemos que o home que se parec¨ªa a Martin Sheen era Martin Sheen.
Ram¨®n Antonio Est¨¦vez, nado en Dayton, Ohio, en 1940, e m¨¢is tarde co?ecido por Martin Sheen pod¨ªa ser tranquilamente un personaxe de X. L. M¨¦ndez Ferr¨ªn. O fillo dun arraiano, m¨¢is ben mi?oto, tanto ten. Seu pai, Francisco Est¨¦vez, nado en Parderrubias, emigrou a Estados Unidos e al¨ª namorou e casou cunha irlandesa, Mary Ann Phelan, do condado de Tipperary, que moi de moci?a colaborara na loita pola independencia do seu pa¨ªs. A parella tivo dez fillos, criados en escolas e ambiente cat¨®lico. Claro que hai cat¨®licos e cat¨®licos, como non ¨¦ o mesmo un alpendre en Bel¨¦n que un pazo no Vaticano. O caso ¨¦ que Ram¨®n Est¨¦vez, o fillo de Francisco, conectou na mocidade cun comprometido movemento de obreiros cat¨®licos (Catholic Workers) e a¨ª levedou a s¨²a sensibilidade social. Con 14 anos foi dirixente dunha folga de caddies contra o trato abus¨®n dos se?oritos do club privado de Golf en Dayton.
Martin Sheen pod¨ªa ser un personaxe de Ferr¨ªn. Mais tam¨¦n o actor poder¨ªa facer do escritor
Ademais de extraordinario actor, e con interpretaci¨®ns maxistrais como en Badlands (1973), na devandita Apocalypse Now (1979), ou na serie The West Wing, na que representou o papel de presidente dos Estados Unidos, Martin Sheen ¨¦ talvez unha das persoas m¨¢is veces detidas no mundo occidental. O que v¨¦n demostrar que, ao longo da historia, as forzas da orde prestaron sempre moita atenci¨®n ¨¢s persoas amantes da xustiza. Para prendelas. Estivo no deserto para mostrar a s¨²a oposici¨®n ¨¢s probas nucleares. Estivo cos xornaleiros mexicanos para denunciar a explotaci¨®n dos inmigrantes. Estivo nas loitas polos dereitos civ¨ªs e contra as desigualdades. Estivo coas nais que dirixiron as protestas contra a guerra de Iraq. Como simpatizante do movemento Earth First!, estivo e est¨¢ en moitas das iniciativas ecoloxistas, para oporse ao espolio das fragas e dos mares, e tentar frear o cambio clim¨¢tico. O Partido Dem¨®crata tentou convencelo para ir ao Senado, mais el rexeitou a proposici¨®n con retranca: "Non estou cualificado. Vostedes confunden a celebridade coa credibilidade". Nas pasadas elecci¨®ns, chamou a votar por Barak Hussein Obama. Outro arraiano da vida.
Rafael Azcona dic¨ªa que o estado ideal dunha persoa era o "estar dispo?¨ªbel". El explic¨¢bao ao seu xeito humor¨ªstico e festeiro. Ti est¨¢s na porta e algu¨¦n que pasa e di: "Imos desfacer a cama?". E o dispo?¨ªbel di: "E por que non?". Iso si, non hai que confundir ao dispon¨ªbel co pelmazo. Ao caso. Vela¨ª temos, no historial de Sheen, esa caste asombrosa do home dispon¨ªbel. Traballou arreo, non hai m¨¢is que ver a s¨²a filmograf¨ªa, pero sempre est¨¢ dispo?¨ªbel cando se lle presenta unha causa xusta. Mesmo para botar unha man aos compa?eiros arraianos, como fixo o outro d¨ªa cando se prestou en Madrid a participar na presentaci¨®n do Cat¨¢logo de Actores e Actrices de Galicia. Hai un detalle biogr¨¢fico que nos amosa a calidade da madeira da que esta feita este home. Ao rematar a filmaci¨®n de The Wing West (A ¨¢ Oeste da Casa Branca), aos 65 anos, decidiu que ti?a que mellorar a s¨²a formaci¨®n cultural, en especial, literaria, e decidiu matricularse na Universidade Nacional de Irlanda, en Galway. E f¨ªxoo! Estudou durante un semestre no 2006, al¨ª o home c¨¦lebre sentadi?o no pupitre.
Martin Sheen/Ram¨®n Est¨¦vez pod¨ªa ser un personaxe sa¨ªdo do max¨ªn vizoso de M¨¦ndez Ferr¨ªn. Mais tam¨¦n o actor poder¨ªa interpretar ao escritor. Hai moito neles de vidas paralelas. ?neos unha especie de xenialidade arroutada. Non banal. Cando se preparaba para Apocalyse Now, Sheen viu a s¨²a imaxe nun grande espello e foi cara al¨ª e escachizounos, o espello e a imaxe, dunha pu?ada. Sangraba polos cotenos. Tam¨¦n Ferr¨ªn ten "apostado a cabe?a", que dir¨ªa Herberto Helder, na s¨²a obra. E logo hai esa comu?¨®n no "estar dispo?¨ªbel". Estar dispo?¨ªbel para a fraternidade. Estar dispo?¨ªbel para mollarse. Estar dispon¨ªbel para a intemperie.
Hoxe Ferr¨ªn recibe unha homenaxe en Vigo, en data que cadra co seu 70 aniversario. A cultura, e non s¨® en Galicia, tende a recrearse na necrofilia. O intre m¨¢is glorioso adoita chegar en forma de obituario. Eu te?o escrito alg¨²ns, mais estou a desenvolver unha especie de alerxia. Talvez o m¨¢is respectuoso cando algu¨¦n morre ¨¦ usar o recurso dram¨¢tico m¨¢is expresivo do teatro de Harold Pinter: (pausa). Por iso celebramos moito, dende unha forzada distancia, esta festa arredor dun creador que ten para Galicia a equivalencia da escrita en s¨ªlex dos circos conc¨¦ntricos. Un pobo tam¨¦n se define por aquilo que homenaxea. O mellor, a sorte, ¨¦ que se homenaxea a un creador en acci¨®n, a un pensamento ceibe, a un ind¨®mito e non a un mito. Homenaxea, e ben di Manuel Outeiri?o, ao "poeta cimarr¨®n".
?s veces semella que estamos c¨®modos cos mitos e inc¨®modos cos vivos. A homenaxe a Ferr¨ªn suscitou unha corrente inversa. Unha obra gozosa, cooperativa. O libro titulado A semente da naci¨®n so?ada. ? un espazo de man com¨²n. As¨ª sa¨ªu o libro que editan conxuntamente Sotelo Blanco e Edici¨®ns Xerais de Galicia. Ten o xeito dun forno comunal arraiano, eses lugares que nunca pechaban os d¨ªas crus. Moito alimento, moita calor, moita lembranza criadora, portas que abren outras portas. Poucas loanzas t¨®picas, e moitas incursi¨®ns suxestivas, como a que fai Enma Lazar¨¦ sobre Ferr¨ªn e Brassens, onde o¨ªmos borbori?ar o trasgo libertario no rexo comunista.
Desta obra emerxe a verdadeira ideolox¨ªa de Ferr¨ªn: a do home dispo?¨ªbel co seu pobo, mesmo cando a circunstancia era hostil e indisposta. Eu non fun alumno de Ferr¨ªn, nin disc¨ªpulo, nin compa?eiro de partido. Mais lembro moi ben as veces que o vin. No Burgo, denunciando a contaminaci¨®n da Cross que envelenou a r¨ªa coru?esa. En Xove, para parar aquel futurismo terror¨ªfico da central nuclear. En Santiago, a¨ªnda afectado por unha doenza, po?endo voz ¨¢ dignidade galega cando a "marea negra". Estaba al¨ª, disposto, na intemperie.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.