Transhumantes
Primeiro pediu consello: Mam¨¢, o meu matrimonio vai mal. Aguanta filla, foi todo o alento que obtivo. Logo proxectouse cara ao futuro. Deixou atr¨¢s as ducias de roles que desempe?ara: obreira eficaz, esposa impecable, muller moderna. Arranxou a burocracia legal para deslearse das ataduras. Ou de case todas, a Igrexa non o permitiu: El matrimonio rato y consumado no puede ser disuelto por ning¨²n poder humano ni por ninguna causa fuera de la muerte (C¨®digo de Derecho Can¨®nico, canon 1141). E morrer non entraba nos seus plans. Foi un divorcio contencioso. No xu¨ªzo oral el alegou que as evidencias eran delirios dela, que as xoias que adquiriu a golpe de Visa supu?an unha boa inversi¨®n co ouro cotizando ¨¢ alza, que eslavas.com trat¨¢base dunha p¨¢xina web de sexo submiso cun erro, esclavas.com, e non dunha axencia matrimonial cun extenso cat¨¢logo de mulleres do Este. Non repartiron fillos nin bens. Ela, simplemente marchou. Menos mal que o caf¨¦ daquel bar onde naufragou era excelente. Al¨ª recortou un anuncio da prensa: Se requieren se?oritas para acompa?ar a ejecutivos en viajes de negocios. Perfecto ingl¨¦s. Espiuse fronte ao espello. Sopesou estr¨ªas, celulite, flaccidez. Chamou. Si, te?o dilatada experiencia coma conversadora e ampla formaci¨®n coma escoitadora. Mentiu tam¨¦n na idade e subli?ou o seu perfecto franc¨¦s. Algu¨¦n lle propuxo Lola coma pseud¨®nimo. Adquiriu prendas b¨¢sicas: vestidos de c¨®ctel, traxe de chaqueta con microsaia, tac¨®ns de 15 cent¨ªmetros. Co seu primeiro cliente tremeu. 1.000 €. Co segundo adestrouse. 3.000 €. Co terceiro finxiu. 6.000 €. Adoptou as tarefas propias dunha empresaria todoterreo: abriu un blog onde poxaban polas s¨²as bragas usadas e impartiu cursos sobre os costumes sexuais da sociedade a futuras escorts. Agora debate na televisi¨®n nun man a man cos pol¨ªticos e requ¨ªrena fulanos traxados cun sinal branco nun dedo anular deshabitado de compromiso. Agora ela pacta con eles prezos axustados ¨¢ s¨²a val¨ªa. A empresa exp¨¢ndese. Hot&Wet. Asina un plan de pensi¨®ns de cara ¨¢ xubilaci¨®n porque as novas xeraci¨®ns de lolitas ve?en pisando forte. Contrata a Vicky e Olena. Tam¨¦n a Daiva G, lituana de Kaunas, estudante de Psicolox¨ªa con d¨²as materias atragoadas, aprendizaxe e emoci¨®n; nai de dous nenos ao cargo da avoa, que trafica coas anfetaminas que lle receita o m¨¦dico cando simula dores embusteiras. Daiva G. fai striptease nas cabinas dun peep show para saciar o vouyerismo as¨¦ptico dos clientes, ou vende sexo extra en clubes de alterne, ou exh¨ªbese na r¨²a Montera e aluga un cuarto por horas nunha vivenda privada que redecora ¨¢xil para evitar sentir a n¨¢usea da sucidade. Env¨ªa mensualmente 3.000 litas ¨¢ familia, xoguetes para os fillos, fotos. E unha mentira. Mais hoxe ten a s¨²a primeira cita com¨²n, de flor no ollal e cumprido e cena e cine. P¨ªdelle a noite libre a Lola. Atopou, v¨ªa Internet, un home digno dun amable amor rutinario. Elixe vestimenta para noite de novembro, sae da casa previo grolo ¨¢ botella de Stolichnaya, atravesa o parque Quinta de los Molinos, distrito de San Blas. Na marquesi?a do bus unha modelo viste unhas pernas interminables e lembra aquel pirkti moteri-g¨¨dinga!, propaganda dunha lei lituana que penaba a compra dunha muller. Repasa as s¨²as ata a minisaia e distr¨¢ese co vello so?o idiota de querer pertencer ao Ballet Nacional. Os dedos da man dereita por riba das medias l¨¦mbranlle do pracer aut¨®nomo.
Daiva G. casa polo civil. Entre os convidados de honra as testemu?as: o director de eslavas.com e Lola, que apenas int¨²e a aquel que foi seu marido certificando si, quiero fronte ao alcalde.
A escritora Iolanda Z¨²?iga (Vigo, 1975) publicou o libro de relatos Vidas post-it e o poemario Amor am¨¦n, ambos os dous en Xerais.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.