A estra?a campa?a
A ausencia de debates televisados nas elecci¨®ns galegas ten un significado que vai m¨¢is al¨® dunha estratexia oportunista ou partidaria, que tam¨¦n o ¨¦. ? vista de moitos outros datos e comportamentos, penso que hai que interpretalo as¨ª: o escenario ¨¦ futurista, mais o futuro est¨¢ ausente.
? certo que estas est¨¢n a ser unhas elecci¨®ns moi estra?as. Mais son estra?as precisamente porque son futuristas. Dun futurismo moi antigo, como o era xa o do Manifesto futurista (1909), que agora fai cen anos. Convencinme onte, xoves, cando atopei a un candidato na futurista Terminal 4 do aeroporto madrile?o de Barajas. E non falo dun candidato ornamental, sen¨®n dos escolleitos para sa¨ªr electo seguro. Eu notei que o home se fac¨ªa o fuxid¨ªo, mais como eu son xornalista e el candidato pois pensei que o educado era facerlle unha pregunta, unha polo menos. E f¨ªxena: "Que tal vai a campa?a?".
Ten sentido hoxe unha campa?a electoral sen debate? Quen o impide, b¨²rlase de todos
E o candidato respondeu, mesmo que lle sa¨ªra da alma: "Que campa?a?".
Logo o candidato sentou tan pancho na s¨²a praza de business man e f¨ªxome un agarimoso aceno de despedida, que interpretei do seguinte xeito: "Ti non te preocupes, ho! Fai coma min. Non te metas en campa?a".
O noso home non ¨¦, dende logo, dos que andan a buscar votos debaixo das pedras. ? desta caste que pensa que son os votos os que van ¨¢ procura deles. Que levan catro anos ¨¢ espreita para sa¨ªr correndo a votar por el, como van as pobres limaduras ao im¨¢n. E ent¨®n decateime de que ti?a al¨ª, naquel avi¨®n, a met¨¢fora perfecta destas elecci¨®ns. Non hai campa?a: hai estat¨ªstica. Ser¨¢n as porcentaxes as que fagan electores e non ao rev¨¦s.
Este ¨¦ un primeiro trazo futurista destes comicios. A entrega ¨¢ estat¨ªstica, o feitizo das porcentaxes, a velocidade l¨ªquida das cifras. O culto ¨¢ din¨¢mica do ef¨¦mero. A escenograf¨ªa da multitude incondicional. Todo o contrario, xustamente, do tan invocado como ignorado modelo Obama, que baseou a s¨²a campa?a na importancia das palabras, do contido dos discursos, dos proxectos, e do futuro das persoas. O futurismo ¨¦ unha abstracci¨®n. O futuro ¨¦ o presente a levedar, a imaxinar, a so?ar. Aquilo que dixo o historiador George Duby: "A pegada dun so?o non ¨¦ menos real que a dun paso". Eu ben que ando atento, a ver que agroma a esquerda e dereita, a norte e a sur, e o que vexo ¨¦ moita pol¨ªtica de aviaci¨®n, do que sobe e o que baixa. Mais case non hai trazo dos so?os.
Futurismos houbo moitos, mais a sona hist¨®rica levar¨ªaa o Manifesto futurista asinado por Filipo Tommaso Marinetti. O futurismo de Marinetti present¨¢base como rabiosamente revolucionario, mais era fondamente reaccionario. O que pasa ¨¦ que nas ¨¦pocas do ni fu ni fa sempre abraia a sublime burrada. Marinetti, que tivo moitos admiradores na intelectualidade espa?ola de dereitas, acabar¨ªa os seus d¨ªas como un groso fantoche do fascismo, cantando os quilos de m¨¢is de Mussolini.
O futurismo de Marinetti, curioso paradoxo, non quer¨ªa saber nada dos so?os. O terceiro punto do Manifesto futurista dic¨ªa: "A literatura exaltou, at¨¦ hoxe, a inmobilidade pensativa, a ¨¦xtase e o so?o. N¨®s queremos exaltar o movemento agresivo, o insomnio febril, o paso de corrida, o salto mortal, a pancada, e o pu?azo". Un eixe central era o desprezo ¨¢ cultura humanista, do que forma parte o andazo do "nov¨ªsimo". O novo contra o vello, con raz¨®n ou sen ela. O culto ¨¢ violencia, ¨¢ forza, ao militarismo, ao deporte como exhibici¨®n de dominio. O desprezo tam¨¦n ¨¢ muller.
Renegar das xeraci¨®ns pasadas, sab¨¦molo ben na literatura, non ¨¦ de seu unha calidade do pensamento. Mais a min un dos detalles futuristas que me chaman a atenci¨®n nesta campa?a ¨¦ que ningu¨¦n reivindica a tarefa do goberno do bipartito. E non son poucas as cousas que se fixeron ben. Esa indefensi¨®n, esa condici¨®n espectral do bipartito, ser¨¢ moi futurista como desentendemento do pasado, mais crea unha desconfianza cara ao futuro real. Se non se defende o que se fixo, por que se presenta como soluci¨®n o reeditalo?
Vexamos m¨¢is trazos futuristas. Por exemplo, a contraposici¨®n ominosa que se est¨¢ a facer por alg¨²ns en Galicia entre deporte e cultura. ? de noxo escoitar a pol¨ªticos como o voceiro Rueda, da dereita futurista, referirse de xeito desprezativo ¨¢ persoas que participaron na embaixada cultural ¨¢ Feira do Libro de La Habana, mesmo aos abstemios. Por suposto, todo son loanzas para o gasto e a expedici¨®n deportiva a China. Que fac¨ªan os pol¨ªticos como o presidente da Deputaci¨®n de Pontevedra e s¨¦quito nas Olimp¨ªadas chinesas? Como dic¨ªa o vello mari?eiro: "A ver se es tan bo co remo como co vento!".
Mais a¨ªnda hai unha demas¨ªa futurista. Por unha banda, faise loanza un¨¢nime das novas tecnolox¨ªas e os medios de comunicaci¨®n. Por outra banda, f¨²rtase o principal recurso democr¨¢tico que estas ferramentas aportan: o debate. Ten sentido hoxe en d¨ªa unha campa?a electoral sen debates entre os que pretenden gobernar? Quen imposibilita iso b¨²rlase de todos, tam¨¦n dos seus. As¨ª que haber¨¢ que ir a Vieiros para atopar verdadeiro esp¨ªrito de campa?a no blogue erot¨®mano de Susana Moo: "Non quixera que un home con pito de rato fose o representante de Galiza". Ai, o futurismo!
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.