Pestana, un cazador de sombras
O seu obradoiro ¨¦ como unha mina; al¨ª est¨¢n t¨®dalas criaturas que el enfeitizou
De neno, en Peredo, parroquia da Frair¨ªa, Paco Pestana xamais sa¨ªa da casa sen unha aguillada de abeleira. "A mi?a mai aprendeume a tratar coas bechas. Eu toc¨¢baas coa galla e elas ficaban paralizadas un intre". O seu outro pasatempo era cazar mouchos. E dos mouchos -cousa l¨®xica- o escultor pasou ¨¢s tebras. "Deume por perseguir a mi?a sombra pero, claro, nunca a apresaba! Supo?o que por iso dev¨ªn neste cazador de sombras".
Entrar no seu obradoiro ¨¦ coma entrar nunha mina. E vela¨ª est¨¢n agora: t¨®dalas serpes, t¨®dalas estantigas, t¨®dalas criaturas que Pestana enfeitizou. Inm¨®biles na aparencia. Mais abonda con aloumi?alas un nada para que te chimpen ¨® cerebro ou te papen o coraz¨®n.
As s¨²as obras atr¨¢enos coma se fosen os ¨ªdolos precolombinos
Cando non traballa no taller de Lugo, faino ao ventimperio, en Vilabade
No noso refraneiro, "quita-la cobra da silveira coa man doutro" ¨¦ sin¨®nimo de "guinda-la pedra e agocha-la man". Mais Pestana non ¨¦ deses. Dende os d¨ªas nos que, en efecto, traballou nunha mina; dende os meses nos que participou na Revoluci¨®n dos Caraveis; dende aquel ano no que formou "unha comuna libertaria", el ¨¦ o que ¨¦: "Un francotirador" ben franco; "un animal, unha besta sen aparellar: calquera cousa" ag¨¢s un tipo falso. Ollo a s¨²a traza de forzudo de circo, de cosaco e imax¨ªnoo traballando coa motoserra so un cach¨®n de estelas incendiarias. Lembro alg¨²ns dos xigantes do XX: Brancusi, Maiakovski, Char. Penso nos superrealistas, capaces de loitar a pu?azos pola honra de Lautr¨¦amont.
A filiaci¨®n de Pestana coas vangardas ¨¦ obvia a¨ªnda que el se nega a falar de influenzas. "En todo caso, de actitudes". Para el todo ser vivinte, toda manifestaci¨®n da enerx¨ªa do cosmos ¨¦ ¨²nica. Poderiamos dicir que as s¨²as obras nos atraen coma os ¨ªdolos precolombinos, os poemas-obxectos de Duchamp ou as pezas de Niki de Saint Phalle. Mais de qu¨¦ servir¨ªa iso? "De nada", ten raz¨®n. O fundamental ¨¦ abrirse en canal ante a Beleza e deixar que nos abrase. Por iso rexeita definirse, evita a clasificaci¨®n. Coma moito, ¨® referirse a algu¨¦n co cal se identifica estoupa: "?che un puto apache!" Un salvaxe. Un gu¨ªmaro. Un outsider. Todo o que el ¨¦.
Hai moitos Paco Pestana dentro de Paco Pestana. O Pestana labrego. O Pestana le?ador. O Pestana fil¨®sofo. O Pestana performer. Mais todos son o Pestana poeta. A Poes¨ªa: o milagre "pr¨® que sempre me preparei, a¨ªnda que en min bul¨ªan tantas cousas que a literatura se me quedou pequena". A Poes¨ªa: "A mestura do ins¨®lito, das percepci¨®ns de car¨¢cter case paranormal coa propia biograf¨ªa; trastornar o coti¨¢n para acadar o extraordinario".
Cruzar o limiar do seu universo ¨¦ como se internar nunha cova prehist¨®rica. Se os xam¨¢ns do Paleol¨ªtico recib¨ªan as s¨²as visi¨®ns no fondo das espenucas, Pestana, coma todo Rimbaud que ve, esculca as mensaxes que lle env¨ªa o inconsciente: o propio e o colectivo. Nese senso ¨¦ un xam¨¢n. E todos eses esp¨ªritos que pacen no seu estudo son, nese senso, os seus animais de poder. Non as s¨²as creaci¨®ns: os seus aliados. Os totems que achou nas s¨²as viaxes do Aqu¨¦n ¨® Al¨¦n.
"A arte ha de ser coma un animal", afirmou Arist¨®teles. E o poeta -engadiu Ted Hughes- anda ¨¢ caza dos seus poemas-animais. Os territorios de Pestana son dous: un interior e outro exterior. E o primeiro non pode enxergarse sen o segundo. Daquela, ¨® ser¨¢n, o condutor de ¨¢nimas l¨¦vame ¨® seu concello. Cabo duns sartegos prerromanos constato o que el ignora: que a cabeza apunta ¨® oeste, os p¨¦s, ¨® leste, para que as¨ª os mortos fiten cada d¨ªa o seu renacemento. Logo, en Vilabade, o San Cristovo transgresor sin¨¢lame "uns anxos decapitados polo Tempo". Todo est¨¢ preto da casa paterna onde el traballa ¨® ventimperio cando non o fai en Lugo. Os seus materiais son "t¨®dolos que me engaiolan". As s¨²as ferramentas, "t¨®dalas que se adapten ¨¢ mi?a man e ¨¢ mi?a cabeza": un ollo de furac¨¢n.
Percorrendo un deses carreiros incribles de tan fermosos chegamos ¨¢ capela de Soutomerille. Dentro, dous sartegos co escudo de Castroverde; restos de frescos; a face dun Cristo naif; unha p¨ªa bautismal na que ani?an as loairas; mandalas de humidade. F¨®ra, "unha fiestra ¨²nica na Pen¨ªnsula": un catav¨ªs lambido polo sol. Secas¨ª, o que el quere amosarme ¨¦ "un casti?eiro milenario", o que realmente o conmove dese espazo dru¨ªdico. "Esta ¨¢rbore leva tanto enraizada na terra que, m¨¢is que de madeira, parece de trollo". Certo. O seu cerne medrou dun xeito descomunal, conformando o tric¨¦falo que xa se adivi?a nel. "Vela¨ª tes a t¨²a vindeira pantasma", digo eu. E el, esmendrellado, d¨¢ndome unha desas palmadas s¨²as de fortach¨®n bonach¨®n, arreb¨®lalle ¨¢s nubes: "Este casti?eiro... ¨¦che un puto apache!".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.