Santiago no cami?o
Memoria dun estudante de Medicina na Compostela dos primeiros anos 60
Desde a cincenta Idade Media foron vindo a esta cidade do fin do mundo, empurrados ao cami?o tal vez pola cobiza ou pola fe, por simple curiosidade ou fuxindo da pena de vivir. Pero en todos eles -peregrinos ou fuxitivos- ani?aba a esperanza dun milagre. E o se?or Santiago non os defraudou. ?s veces de forma inmediata, como con don Gaiferos de Molbart¨¢n, que non tivo en conta que o Ap¨®stolo xa collera certas ma?as enxebres e deu na humorada de cumprirlle a s¨²a pregaria ao p¨¦ da letra, fulmin¨¢ndoo. Outros foron, m¨¢is discretamente, curados duha tara ou dunha maldici¨®n. Pero todos eles haber¨ªan de asistir ao prodixio de que a cidade dos seus teimosos so?os, a que motivou o seu penoso andar ata os conf¨ªns da terra, aparec¨ªa un d¨ªa ante os seos ollos con toda a irrrealidade da s¨²a pefecci¨®n; unha perfecci¨®n algo turbadora e como xurdida directamente das mans de un Mestre Mateo a escala planetaria. Aquela cidade m¨ªtica que parec¨ªa m¨¢is propia do territorio dos so?os, estaba al¨ª, recostada na n¨¦boa. E todos puideron percorrer estarrecidos as suas r¨²as e prazas, escoitar as s¨²as badaladas e os seus silencios e sentirse colmados e habitados para sempre por unha nostalxia nova, como outra infancia.
Debaixo da saba, hab¨ªa un cad¨¢ver que semellaba moi atento ao profesor
Al¨ª, na feira, estaba o Paisano, o mesmo corpo da clase de anatom¨ªa
A patroa d¨ªxome que xa non era cad¨¢ver. Agora pasara a difunto
A cidade recib¨ªranos no primeiro ano cunha degustaci¨®n de chuvias
E como unha infancia foi a nosa estad¨ªa nos anos 60 nesta cidade m¨¢xica. A infancia daquel home que, en cada un de n¨®s, foi nado en Santiago, alumeado a outro tramo da s¨²a biograf¨ªa, a outro clima tal vez, a outras xentes, a outra vida: ao principio do noso itinerario como homes adultos. Fomos, pois, estudantes de Santiago, porque toda a cidade era un marco de formaci¨®n, un espazo novo. E era un bo sitio para aprender o oficio de m¨¦dicos, aqu¨ª onde tantos buscaron alivio ou curaci¨®n.
Daquela ¨¦poca inici¨¢tica chegan xa esva¨ªdos os recordos: a facultade e a catedral, os campanarios e as chemineas, os profesores e os santos do P¨®rtico da Gloria, os carballos de Santa Susana e as g¨¢rgolas pingantes, os bedeis e os taberneiros, os vivos e os mortos... Materiais evanescentes, olvidos de cousas ocorridas e recordos das que, quizais, non ocorreron nunca. Pero tam¨¦n permanecen visi¨®ns moi nidias: como agora mesmo podo ver a don ?ngel Echeverri, nunha das primeiras clases de Anatom¨ªa, deambulando parsimonioso pola tarima. Viste unha longa bata impoluta abrochada por detr¨¢s e dirixe, a cada pouco, miradas de esguello algo intimidatorias cara ao auditorio; non menos intimidatoria ¨¦ a vara que leva para sinalar aos reos de pregunta, mentres deambula en torno ao centro de atenci¨®n: un vulto de tama?o natural cuberto por unha saba que parece unha estatua a punto de ser inaugurada. Todo ocorre nunha atmosfera moi lograda de suspense, malia aos chivatazos algo resentidos dos repetidores, cando o Maestro, que parece emprender unha nova excursi¨®n cara ¨¢ periferia da tarima, xira bruscamente e, con xesto algo teatral, tira do pano: ent¨®n aparece o cad¨¢ver. ? un home de baixa estatura e forte constituci¨®n, coas mans robustas de traballador manual, e conserva a¨ªnda o contraste crom¨¢tico na pel dos que andaron sempre na faena ao aire libre. Ten unha boa cabeza, fronte ol¨ªmpica e amplas entradas, as comisuras da boca vencidas, tal vez m¨¢is polo pesadume da vida que polos estragos do formol. Os ollos entornados, semella moi atento ¨¢s palabras do profesor. Incluso parece algo orgulloso do seu involuntario protagonismo p¨®stumo. De seguro que levou unha vida ingrata e an¨®nima. ?, pois, un paisano.
Na cea comentei coa patroa a mi?a impresi¨®n tan intensa, malia a experiencias mortuorias anteriores. Dona Mercedes respond¨ªa a certo prototipo santiagu¨¦s de patroa: comunicativa e despregadora dunha confianza antiga ao pouco de co?ecerte, se lle entrabas polo ollo. Pertenc¨ªa a unha familia de profesores e era moi dada a certo didactismo:
-Bueno filli?o, es que no te son exactamente lo mismo los cad¨¢veres que los muertos o que los difuntos. La impresi¨®n que producen es, tambi¨¦n, distinta
D¨ªxoo con certa conmiseraci¨®n, como se eu tivese xa que sabelo.
Ao d¨ªa seguinte, un xoves radiante, era feira, a mi?a primeira feira, agardada coa m¨¢xima ilusi¨®n. ?a, ademais, nunha compa?¨ªa ideal con dous de Ourense, Jos¨¦ Luis V¨¢zquez Iglesias, Manito, e Miguel Echegoyen Pe?a, Badila, rec¨¦n co?ecidos e xa amigos de por vida.
A feira xa se anunciaba de lonxe pola xente que ¨ªa con aire festivo, e pasaban os feirantes e as vacas, solemnes e dignas, s¨¢bendose tam¨¦n plenamente santiaguesas. Na carballeira de Santa Susana ti?a lugar o reencontro gozoso entre a cidade e a aldea. Xente e gando, muxidos, voces, fanfarrias e o h¨¢lito morno das vacas. Os tratantes estratexicamente situados, altivos e ollo avizor, cos seus mandil¨®ns e os sombreiros para ser facilmente vistos desde lonxe polos clientes. Os tenderetes, os charlat¨¢ns, as casetas do polbo, as pulpeiras co seu fogo sagrado e os seus recipientes non menos evocadores dos aparellos eclesiais. E os paisanos en animada charla, interrumpida gravemente para a comu?¨®n, m¨¢is que inxesti¨®n, das obleas de polbo. Labregos facilmente distinguibles polo seu fervor do resto dos asistentes, tam¨¦n ¨¢ hora de alzar a taza, darlle o movemento discreto e preciso, aproximar os beizos e, lenta e sabiamente, beber, rematando con leve estalido de fina cortes¨ªa.
De s¨²peto, cando xa estaba eu entregado por completo a aquela eclosi¨®n de vida, volvino ver: ao paisano da clase de Anatom¨ªa, ao cad¨¢ver. Agora iba coa t¨ªpica chaqueta de pano marr¨®n e ti?a un aire algo espectral e on¨ªrico, pero levaba a¨ªnda as pinturas de Echeverri. Reprim¨ªn como puiden o xesto de asombro ante semellante aparici¨®n, no momento en que soaba a arrebatada oraci¨®n do charlat¨¢n, voltos os ollos ao ceo, proferida cando os parroquianos non picaban no seu arte trecoleiro:
-?Baja Manolo, que esto es incre¨ªble!
Tan incrible que me gardei moi moito de facerllo part¨ªcipe aos meus amigos ourens¨¢ns. O paisano segu¨ªa pola s¨²a conta entre os feirantes co mesmo aire ausente, pero atento sobre todo ¨¢s vacas. A feira, claro, xa rematara para min porque aquilo ti?a que contarllo axi?a ¨¢ mi?a patroa. Sub¨ªn de tres en tres a escada peraltada polo peso dos seus 400 anos da mi?a pensi¨®n da r¨²a das Orfas. E dona Mercedes deixou a calceta:
-Eso es que ahora ya no es cad¨¢ver: pas¨® a difunto... Y hay gente que los ve. Mi hija Angelines, sin ir m¨¢s lejos, vio uno hasta que acab¨® la carrera. Dicen que son almas en pena por no haber podido estudiar. Pero no se meten con nadie y lo poco que hablan es en lat¨ªn. Puedes estar tranquilo, filli?o, que eso no te es nada del otro mundo, aqu¨ª en Santiago.
Non cab¨ªa dubidar dos ditames de dona Mercedes, e resigneime a ter un novo compa?eiro de clase, segredo e difunto; ao fin e ao cabo, pensei, esta cidade tam¨¦n naceu dunha tumba.
O Paisano era un asiduo da facultade. Dito xa que segu¨ªa con aparente atenci¨®n as clases de Anatom¨ªa cando, digamos, estaba de corpo presente, mostrouse igualmente interesado en T¨¦cnica Anat¨®mica, onde ¨ªa dunha mesa a outra, con certas ma?as de repetidor, e sobresalt¨¢base coma todos coas fintas de Quint¨¢ns ¨¢ hora de facer preguntas, mostr¨¢ndose mais relaxado cando era Navarrina o preguntador (...).
Durante anos case sempre fomos a clase mollados. Ningu¨¦n que non vivira en Santiago ter¨¢ conciencia exacta da chuvia. (....) A cidade recib¨ªranos no primeiro ano cunha degustaci¨®n de chuvias. A mansa chuvia do chove miudi?o de Rosal¨ªa na invern¨ªa. A chuvia rala e espallada do comezo do treb¨®n a espasm¨®dica das primaveras equ¨ªvocas. A chuvia minuciosa ou en altas e ventadas vagas no Obradoiro, tantas veces rematadas por un asomo de sol. A chuvia olorosa no o outono de Santa Susana. A chuvia musical sobre lucernarios e tellados. O orballo como unha inmensa lingua vac¨²a lambendo amorosamente a cidade enteira.
A chuvia que fixo posible as frondosidades das vellas pedras en lidros, mofos, bri¨®ns, vexetaci¨®n varia en contrarr¨¦plicas magn¨ªficas ao arte humano e os seus capiteles barrocos. A cidade da chuvia, a s¨²a beleza laber¨ªntica e diversa, a ratos grandilocuente ou campesi?a, monumental ou recatada, o seu misterio e os seus segredos milenarios, todo nos acolleu ao fin do Cami?o que para n¨®s ser¨ªa tam¨¦n principio (...).
?ngel V¨¢zquez de la Cruz ¨¦ medico de nenos
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.