O escritor "guillotinado"
Alfredo Conde fala da s¨²a "condena" e ap¨®n a Casares "a orde" de retiralo das librar¨ªas tras o Premio Nadal
"Fun un autor guillotinado neste pa¨ªs". A prop¨®sito do escritor, ¨¦ o argumento que m¨¢is se repite en Conversas con Alfredo Conde. Xu¨ªzo, sentenza e condena (Ir Indo), a entrevista de case 300 p¨¢xinas do xornalista celanov¨¦s Xos¨¦ Manuel del Ca?o co autor de Xa vai o griff¨®n no vento.
A evoluci¨®n de Conde, "comadr¨®n" de Voces Ceibes, comunista do PCE, conselleiro de Cultura durante o tripartito de Laxe, presidente do Pen Clube e membro do consello de administraci¨®n da CRTVG polo PP, alimentou desde os 80 unha recua de xu¨ªzos pol¨ªticos. Desta vez, por¨¦n, a memoria afectiva e os extractos son seus. A viaxe a Cuba e a elecci¨®n do castel¨¢n para Los otros d¨ªas (Premio Nadal en 1991), ademais dos reproches pola s¨²a relaci¨®n con Pi?eiro e Garc¨ªa-Sabell, convert¨¦rono, di, "nun leproso, nun apestado, no grande traidor ¨¢ esquerda".
"S¨¢nchez Presedo agardaba para darme un sachazo na caluga"
"Fun moi amigo de Guerra, pero non me aleitou politicamente"
- O PCE, a UPG e a canci¨®n galega Prexudicou a "guerra" pol¨ªtica ao movemento da nova canci¨®n galega? As guerras nunca son boas, conv¨¦n o escritor, que fala da "actitude do BNG cando lanzaba aquelas consignas: Parlamenti?o de cart¨®n, Estatuto non, Autodeterminaci¨®n... Arremeteron contra Pi?eiro, contra Casares e contra min, ao vernos nas listas do PSOE e polas actitudes que mantivemos con respecto ao Estatuto, que son coincidentes coas que mant¨¦n agora o BNG, afortunadamente".
- Casares e os premios En 1986, o Griff¨®n, Premio da Cr¨ªtica en Galicia, levou o Premio Nacional de Literatura (despois a¨ªnda lle dar¨ªan en Italia o Grinzane Cavour). "O Griff¨®n converteume no autor m¨¢is valorado naquel momento". Del Ca?o pregunta ent¨®n se iso "pasou factura" na s¨²a relaci¨®n con Casares, ao primeiro unha caste de padri?o pol¨ªtico e literario. "Daquela foi entra?able, cando non reaccionou igual foi cando me deron o Nadal. A¨ª foi terrible". Polo castel¨¢n? "O que pasou a¨ª, dito con todo o cari?o, ¨¦ que Casares perdeuse polos ciumes. ? certo que fomos entra?ables amigos, pero despois atravesouse o Nadal. El reproch¨¢bame, fundamentalmente, que non lle dixera nada". A lea transcendeu e na TVG crit¨ªcano Casares, Suso de Toro, Rivas e Freixanes. "Despois de vinte minutos de cr¨ªtica, dime o Carlos Lu¨ªs [Rodr¨ªguez, hoxe compa?eiro nas p¨¢xinas de opini¨®n de El Correo Gallego]: 'Agora ten vostede dous minutos para rebater o que lle din'. Eu repliquei: 'D¨¦ixense de co?as, que non respondo nada. Son probos funcionarios, que est¨¢n defendendo o seu pan". O que pasou despois def¨ªneo como "marimorena". "Foi cando Casares deu a orde para que retirararan os meus libros das librar¨ªas. Fixeron coma os nazis".
- "Falade cun home" No retorno dos restos de Castelao, tras a "batalla", Conde, Pi?eiro e Casares chegan ¨¢ compostel¨¢ Praza de Cervantes. "Berr¨¢bannos: 'Fillos de puta, traidores!' Pi?eiro seguiu polo seu cami?o sen apartar. Empezaron a caer bolsas de lixo tras nosa, foi unha situaci¨®n moi violenta. Nese momento, Pi?eiro revirouse e foi cara a eles. D¨ªxolles: 'Que queredes? Falade cun home". Non lle ap¨®n a Pi?eiro razzia antimarxista ningunha. Son "simples manipulaci¨®ns coas que alg¨²ns tratan de agochar as eivas propias". "Eu o¨ªnlle a Francisco Rodr¨ªguez, diante do teatro Malvar en Pontevedra, que hab¨ªa que masacrar a Alonso Montero, cando publicou o Informe dram¨¢tico sobre la lengua gallega. Emprendeuse a¨ª unha caza de bruxas? Coido que non".
- O sachazo de Antol¨ªn e o maleteiro de Fraga Conde foi "moi amigo" de Alfonso Guerra -"non se pode dicir que me aleitara politicamente"- e tam¨¦n tivo "moi boa relaci¨®n" con Fraga Iribarne -"na primeira lexislatura axudou a po?er Galicia no mapa"-. Cando este lle propuxo viaxar a Cuba, onde entrevistou a Fidel, d¨ªxollo a Antol¨ªn S¨¢nchez Presedo. Explicoullo e o secretario xeral do PSdeG deulle a raz¨®n. "Pero cando me ensinaron a portada de EL PA?S, dic¨ªa: '?Qu¨¦ hace un intelectual de izquierdas de maletero de Fraga?' Decateime de que Antol¨ªn estaba agardando para darme un sachazo na caluga". A frase, atribu¨ªda a Guerra, non sa¨ªu del, segundo di. "Laxe deume a s¨²a palabra de que fora Guerra, e resulta que non o dixera". Foi unha "vinganza pol¨ªtica desapiadada de S¨¢nchez Presedo", asegura o autor de Breixo. "Cando decapitaron a Barreiro, o que buscaban en realidade era que caese Laxe para que el asumira a presidencia. Foi un disparate pol¨ªtico ¨® que eu me opuxen".
- A evoluci¨®n pol¨ªtica En 1989, como cabeza de cartel do PSdeG por Pontevedra, Conde falaba de Grimau e de "golpistas" no gabinete de prensa de Fraga. En El Peri¨®dico, cando o Prestige, criticou unha suposta "farsa de aparencia ¨¦tico-moral para descabezar a un l¨ªder do galeguismo moderado como Xos¨¦ Cu¨ª?a e desactivar o consenso ga?ado a pulso polo vello pol¨ªtico liberal que ¨¦ Manuel Fraga". Hai s¨ªnteses en Conversas, preguntado directamente polo xornalista do Faro: "Para alg¨²ns sempre fun un roxo perigos¨ªsimo, e para outros un carca emboscado. Hai quen sost¨¦n que din uns bandazos tremendos. Nin unha cousa nin outra".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.