Ela e a coma
Hai anos que amo un home. Non nos vemos case nunca. ?s veces pasa un lustro e atop¨¢monos por casualidade na tenda onde Hugo vende verduras, comida para gatos e mexill¨®ns deshidratados. Ent¨®n bic¨¢monos cari?osamente diante de Hugo e fac¨¦monos preguntas r¨¢pidas e nerviosas. Eu casei hai dous anos, d¨ªgolle. Separeime pouco despois, d¨ªgolle para borrarlle da cara o aceno de decepci¨®n que a aloda. Hugo m¨ªranos e sabe que sempre ser¨¢ as¨ª, que nos atoparemos toda a vida e a min custarame retirar a man de entre as s¨²as mans, e a el custaralle soltarma. A ¨²ltima vez que nos atopamos na tenda, el mercou vi?o tinto, unha bolsi?a de millo seco e un par de maz¨¢s. Estaba case calvo, gordo e parec¨ªa medir menos que a ¨²ltima vez que nos viramos. Despediuse dicindo que pensaba quedar un tempo na vila, que podiamos tomar un caf¨¦. Que estaba intentando rematar o seu poemario para Ela. Que ser¨ªa a obra que o far¨ªa grande entre os m¨¢is grandes, por iso era tan estrito mesmo coas comas. Sa¨ªu da tenda e quedei mir¨¢ndoo ata que que se perdeu na r¨²a. Hugo faloume xusto detr¨¢s da caluga. Vireime e, como o meu desacougo era tan grande, Hugo dixo que eramos as persoas m¨¢is imb¨¦ciles que co?ecera. Que aquilo arranx¨¢base cunha boa remexedura na cama e que ti?amos que deixarnos de parvadas ou iamos botar as¨ª toda a vida. Repondinlle que esa era a mellor opci¨®n: botarmos as¨ª toda a vida. E quen ser¨¢ Ela?, pregunteille a Hugo e Hugo botou a rir, retranqueiro e cabr¨®n.
Esa noite Hugo chamoume por tel¨¦fono. Eu xa estaba metida na cama, medio durmida. Insistiu en que me erguese e fose ata o Trece. Erguinme e vestinme, preguiceira. Pintei un chisco os beizos porque iso sempre me d¨¢ enerx¨ªa para sa¨ªr da casa. Cheguei ao Trece e atopei a Hugo e mais ao poeta falando na barra. Os poetas beben coma tolos, dixo Hugo cando sentei onda eles. Eu tam¨¦n beb¨ªn e falei con el, con ese home que amo e que pola tarde mercara vi?o, millo seco e d¨²as maz¨¢s. Non souben cando marchou Hugo. Hugo marchou porque o poeta comezou a bicarme. Primeiro un bico na fronte, despois os beizos acari?¨¢ndome a boca. Despois as linguas resucitando como mexill¨®ns deshidratados. Ser¨¢ mellor sa¨ªrmos de aqu¨ª, suxeriu e eu dixen si coas palabras enleadas nunha ¨²nica lingua b¨ªfida. Subimos ao seu coche, atrapados nun desexo que polo visto nunca se volvera reseso. Puxo o coche en marcha e deiteime sobre os seus xeonllos, a lingua a lamberlle a entreperna. De s¨²peto o coche parou, levantei a cabeza e vin que estabamos diante da mi?a casa. Ser¨¢ mellor aparcar e entrar, non si?, preguntou dubidoso. Daquela lembrei o poemario que escrib¨ªa para Ela e recuperei a lucidez. Pasei a man polos beizos, arranxei o pelo e despendinme educadamente. Corr¨ªn cara ¨¢ casa e nin sequera virei a cabeza para miralo. Cando me desvest¨ªn para meterme na cama, sent¨ªn o sabor do vi?o, das maz¨¢s e do millo seco na boca do est¨®mago. Non tardei en quedar durmida. O tel¨¦fono espertoume. Era Hugo enfadado porque tivera que aturar ao poeta toda a noite. Pero que carallo che pasou?, preguntoume. E eu, no desconcerto do s¨²peto espertar, d¨ªxenlle que simplemente acontecera que hab¨ªa meses que non depilaba as pernas. Que unhas pernas sen depilar, como unha coma mal posta, pod¨ªan estragar un poema. O grande poema para Ela.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.