Entre o mojito e o churro
Os artistas non sei se ser¨¢n xente perigosa, iso depende. Agora, que ser son xente belicosa. O tal Parnaso debe ser un lugar onde os habitantes andan a paus ou sequera en disputas, maledicencias a eito e mesquindades a esgalla. Somos as¨ª, vivimos competindo e se non atemperamos as nosas pulsi¨®ns fac¨¦monos dano uns aos outros e rebaix¨¢monos en indignidades. Son costes do noso mester, entre a exaltaci¨®n e a depresi¨®n.
Na Galiza, a eses enredos, lideiras, enfrontamentos por asuntos profesionais, est¨¦ticos, persoais... s¨²mase a conflitividade ideol¨®xica, pol¨ªtica, partidaria. E iso non fai que saiamos dun plano de mesquindades: af¨²ndenos a¨ªnda m¨¢is. Como o artista ¨¦ un animal extravagante, como ¨¦ o pavo real, o porco espi?o ou o canguro, pois a quen ten poder, por distraerse, pr¨¢celle contemplalos a loitaren uns cos outros nun espect¨¢culo infantil. Non lles deamos o gusto: respect¨¦monos. Discrepemos, discutamos, confrontemos est¨¦ticas, ideas, visi¨®ns da arte, da sociedade, da vida..., mais non nos deixemos utilizar.
Hai cousa dun ano e medio a Conseller¨ªa de Cultura enviou ¨¢ Feira do Libro de La Habana unha delegaci¨®n numerosa de escritores. A literatura galega era a convidada aquel ano e o Goberno galego apostou forte. A composici¨®n da delegaci¨®n pode ser discutida sen d¨²bida, seguro que houbo alg¨²n escritor que debeu ser convidado e non o foi. E seguro que cabe discutir se cando se convida a literatura de Galiza se refiren aos escritores e escritoras que escriben en lingua galega ou aos que naceron aqu¨ª escriban na lingua que escriban ou aos que viven aqu¨ª escriban na lingua que escriban. Ese debate non se vai pechar sen m¨¢is. Os catal¨¢ns viv¨ªrono con grande agon¨ªa cando a s¨²a literatura foi a convidada na Feira de Francfort. Se aqu¨ª non se d¨¢ con m¨¢is virulencia ¨¦ por causas varias, mais subxace no que fixo a anterior conseller¨ªa e no que est¨¢ a facer agora esta.
Esta conseller¨ªa tam¨¦n ven de facer a s¨²a escolla de escritores coa que quere representar as letras galegas no Liber e na Feira de Francfort. Como a reprentaci¨®n ¨¦ reducida, sete escritores e escritoras entre os dous eventos, ten un car¨¢cter can¨®nico: ¨¦ a idea que ten esta Xunta das nosas letras. O rasgo m¨¢is caracter¨ªstico ¨¦ que non se aposta polos escritores monoling¨¹es en lingua galega: este Goberno prefire que non escribamos toda a nosa obra en galego e que parte ou todo da nosa obra pertenza ¨¢ literatura en castel¨¢n. Non sabemos se aos escritores monoling¨¹es en castel¨¢n os Gobernos auton¨®micos castel¨¢ns, madrile?o, extreme?o, andaluz, riojano, aragon¨¦s, c¨¢ntabro e murciano os animar¨¢ a escribir parte da sua obra tam¨¦n en galego. O outro rasgo ¨¦ que decididamente a conseller¨ªa ten fascinio con Madrid, Barcelona semella que non lle atrae, e busca al¨ª o que non encontra aqu¨ª. A vida tr¨¢enos e l¨¦vanos para aqu¨ª ou para al¨ª por causas varias que ¨¢s veces nin escollemos. Mais no designio da conseller¨ªa sen d¨²bida vemos a ideolox¨ªa m¨¢is tradicional no noso pa¨ªs: o pailanismo. Madrid ¨¦ unha cidade con cousas obxectivamente moi interesantes, como outras, mais aos leiras res¨²ltalles irresist¨ªbel ir al¨ª depurar o sotaque.
Agora que nin eses escritores e escritoras seleccionados agora nin os anteriormente seleccionados pola anterior conseller¨ªa te?en arte nin parte nesas construcci¨®ns ideol¨®xicas. Son compa?eiros e compa?eiras na literatura, un oficio solitario, paranoico, m¨¢is duro do que a xente cre. E ser¨ªa inxusto que agora vi?ese un xornal a contarlle os gintonics ou os churros que coman como antes foron a Cuba contar os mojitos que se serviron. Ser¨ªa inxusto e miser¨¢bel, como foi.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.