Jos¨¦ Su¨¢rez, en calquera lugar do mundo
A fotograf¨ªa ¨¦ o oficio m¨¢is perigoso, sospeitosamente perto da maxia escura. De inadaptados que prefiren crear imaxes, non lles basta a realidade que te?en diante ou non gostan dela.
En Allariz, no ver¨¢n de 1916, Jos¨¦, o segundo fillo do se?or Su¨¢rez, o procurador, est¨¢ entusiasmado coa fotograf¨ªa. A falta dunha c¨¢mara propia a¨ªnda comp¨®n c¨¢maras estenopeicas con caixas de cart¨®n e logo revela a foto nun recuncho da casa familiar. P¨ªdelle ¨¢ s¨²a irm¨¢ Luisa que madrugue canda el para quitar fotograf¨ªas ao axexo: "Ves esa ara?eira con pingas do res¨ªo da ma?¨¢? Ponte detr¨¢s e terma deste pano negro para que a poida retratar ao contraste". O rapaz descobre na vida tesouros agochados.
"Non fago fotos onde non apareza o home", explicou nunha ocasi¨®n
A guerra civil varreu co seu filme 'Mari?eiros', perdido para sempre
Quitouse a vida fronte ao oc¨¦ano, na desembocadura do r¨ªo Mi?o
Aquel rapaz ¨¦ ese home vencido que leva sempre canda si unha carta que comeza: "A quienes de alg¨²n modo alcancen las molestias que ocasione mi muerte: ante todo, perd¨®n por ocasion¨¢rselas". Este home derrotado que se tira a vida o 4 de Xaneiro de 1974 nun cuarto de hotel da Guarda. Non ¨¦ o arco dunha vida, ¨¦ unha li?a crebada, partida, a dun esp¨ªritu libre nunha ¨¦poca na que o mundo e a historia non ti?an l¨ªmites cunha xuventude chea de afouteza e de inocencia salvaxe.
Publica fotos como afeccionado, estampas folCl¨®ricas, a Festa do Boi en Allariz en Vida Gallega. Jos¨¦ marcha a Salamanca a estudar Dereito no 1918. Na estad¨ªa nesa cidade neses anos de estudos, conf¨®rmase definitivamente o home que partir¨¢ pola vida para facer unhas fotograf¨ªas extraordinarias e cara o seu fracaso. Membro da FUDE, organizaci¨®n de estudantes de esquerdas, traga a bocados o esp¨ªrito dunha ¨¦poca na que dous mestres exerc¨ªan consciente e en¨¦rxicamente o seu maxisterio sobre a mocidade intelectual espa?ola, Ortega y Gasset e Unamuno. Eles marcaron intelectualmente ese s¨¦culo espa?ol (por¨¦n o pensamento que trascende o tempo at¨¦ n¨®s ¨¦ o da disc¨ªpula, Mar¨ªa Zambrano). Su¨¢rez entra na tertulia de Unamuno. As tertulias eran tanto lugares de aprendizaxe socr¨¢tica como c¨¦lulas de propaganda de ideas e axitaci¨®n. Ademais de acabar de conformar o car¨¢cter na ¨¦tica e est¨¦tica graves do vello profesor, le as revistas que marcan a actualidade intelectual, El Espectador e La Revista de Occidente. Co?ece a arte das vangardas e d¨¢ forma a unha est¨¦tica persoal, a¨²na as est¨¦ticas do vangardismo ruso, a "nova obxectividade", a ollada humanista dos fot¨®grafos estadounidenses dos anos 30. Preguntado nunha ocasi¨®n por qu¨¦ cousa fotografiar¨ªa se puidese ir ¨¢ l¨²a, contestou: "Nada. Non fago fotos onde non apareza o home."
Casa en Salamanca con Mari Mirat e exerce a avogac¨ªa para o concello e pasa a traballar de fot¨®grafo. Para o concello realiza unha serie de 50 fotos da vida da cidade que edita en libro onde Unamuno encontra "momentos fugitivos en que el paisaje muestra lo m¨¢s hondo de su alma". Cousa semellante ao "momento decisivo" de Cartier-Brensson, mais no mestre salmantino est¨¢ esa "alma" que ¨¦ como un degoxo de espiritualidade e que moitos anos m¨¢is tarde reaparece na boca de Su¨¢rez cando, en conversa co magn¨ªfico Lois Tob¨ªo, di: "? fotograf¨ªa hai que buscarlle a alma". Desa ¨¦poca ¨¦ o retrato de Unamuno sentado frente ao Tormes que lle deu sona.
Fot¨®grafo reco?ecido, expuxo a obra en Madrid e Par¨ªs, e no ano 36 a productora cinematogr¨¢fica Cifesa enc¨¢rgalle un filme documental sobre os mari?eiros. Vai ser unha experiencia que o marcar¨¢. Jos¨¦ nam¨®rase da alma mari?eira. Empeza a rodar Mari?eiros, acompa?ando a reportaxe cinematogr¨¢fica coas s¨²as fotograf¨ªas, mais o golpe e a guerra varreron con todo. Antes de que poida estrear o filme, enteirase de que os fascistas ve?en por el e foxe por Lisboa, co pintor Colmeiro, cara Arxentina. Atr¨¢s ficou a s¨²a dona, a coidar da nai doente, unha ruptura coa que lle envenenar¨¢ a vida toda. Aquel filme est¨¢ extraviado e para n¨®s Mari?eiros ¨¦ esa espl¨¦ndida serie de fotos quitadas a mari?eiros e pescas de Rianxo e Ald¨¢n. A ollada de Su¨¢rez sobre esas persoas ¨¦ fascinada, no curso da vida, mundo adiante, nunca deixar¨¢ de falar con admiraci¨®n dos mari?eiros galegos.
Na Arxentina fai cinema e traballa como fot¨®grafo para La Prensa. Nesa estad¨ªa relaci¨®nase con exilados republicanos. Co Lu¨ªs Seoane, N¨²?ez B¨²a, Jos¨¦ Bergam¨ªn, Lois Tob¨ªo, P¨¦rez de Ayala, Casona, D¨ªaz Pardo, Alberti.... E nas pistas de esqu¨ª de El Portillo, en Chile, fillo ¨¢ fin dunha xeraci¨®n que rend¨ªa culto ao sport, descobre a neve. A pureza da neve nas fotos do libro Nieve en la cordillera homenaxeado na revista norteamericana West Camara en 1952. Colabora con Life e outras revistas.
Cruza o R¨ªo de la Plata para a ribeira uruguaia, a Punta del Este, onde veranea a burgues¨ªa porte?a e onde abre unha librer¨ªa, El yelmo de Mambrino. Retrata aos protagonistas do elitista veraneo, parte dese mundo e ao tempo inadaptado, conf¨¦salle a P¨¦rez de Ayala. Aquela busca espiritual de "alma" l¨¦vao ao Xap¨®n como correspondente de La Prensa de Buenos Aires e de El D¨ªa de Montevideo. Logo de tres anos volta e Tob¨ªo encontra a s¨²a casa "convertida nunha casa xaponesa". "Coa campa¨ª?a na entrada, cunha poci?a pequena con flores. Todo con eses papeis... unha casa xaponesa". Preguntoulle por qu¨¦. "Para o sosego", contestoulle. Non o ti?a. Logo dunha tempada, na que traduciu teatro Noh xapon¨¦s ao castel¨¢n, marchou de volta para Galiza no ano 59. "O erro foi voltar", di Tob¨ªo, "porque a Espa?a desa ¨¦poca non era para el. Se tivese volto dez anos despois ser¨ªa outra cousa." Aquel inadaptado non pod¨ªa acomodarse a aquel mundo oprimido e opresivo no que dominaban os "imb¨¦ciles", "impertinentes", "pedantes" e que non o pod¨ªa comprender.
Fotografa novamente a Galiza do mar e do campo, e tam¨¦n Santiago. Viaxa a Inglaterra e a Grecia, volta a Madrid. En 1965 vai a La Mancha procurar coa c¨¢mara o que Unamuno xa procurara en Vida de Don Quijote y Sancho. "Buscaba ao Quixote e nada m¨¢is atopaba Sanchos", contar¨¢ el despois. Con todo, esculcou con tanta ansia naquela paisaxe que nesas fotos os mui?os semellan feitos da neve amada. A reportaxe ten reco?ecemento e ofr¨¦cenlle outra sobre as corridas de touros. Retrata a tauromaquia en The life and death of the fighting bull. Sen entender de touros comprende o que ten diante e m¨®strao.
A¨ªnda fai unha ¨²ltima e breve visita ao seu querido Xap¨®n, logo hosp¨¦dase en Ourense no Hotel R¨ªo Mi?o, en kimono no seu cuarto. Xa non fai fotos, deambula, vai ao cine, asiste a unha tertulia. Inadaptado. Hipocondr¨ªaco sen sosego, cargando unha carta de despedida, fai un primeiro ensaio de suicidio que prefigura o definitivo uns anos m¨¢is tarde. Fronte ao oc¨¦ano, na desembocadura dese r¨ªo Mi?o. Os montes de Oshima tan lonxe.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.