A viravolta: hai futuro
As¨ª coma quen non quere a cousa, que ¨¦ un estilo moi noso, os galegos acabamos de protagonizar unha Revoluci¨®n de veludo, unha viravolta social pac¨ªfica pero rotunda. O momento cume foi o 18 de outubro pasado, cando unha masiva mobilizaci¨®n, co lema Queremos galego na cabeceira, asolagou de cidadan¨ªa as r¨²as de Compostela. Na s¨²a multitudinaria variedade, a marea de xentes deu azo para diversas lecturas. Moitos veteranos ench¨ªan o peito ao contemplar a riola de mocidade que sa¨ªra a declarar o seu amor ¨¢ lingua. Outros chamaban a atenci¨®n para as familias, e realmente hab¨ªa unha morea de pais e nais con roladas de cativos. Segundo para quen, o m¨¢is significativo era a larganza de castelanfalantes, todos encabuxados contra os monifates que lle zoupan ao galego no seu nome. Para min era rechamante a fartura de persoas maiores, dunha tipolox¨ªa social ins¨®lita nestes actos: al¨ª hab¨ªa un mundo de homes e mulleres que se co?ec¨ªa de lonxe que era a primeira vez que se manifestaban na vida.
O ministro Francisco Caama?o deu unha lecci¨®n memorable de dignidade c¨ªvica
Aqu¨ª estase cocendo un 'Prestige' intanxible, e a quen non o vexa xa lle tocar¨¢ beber sete cuncas
- Exercicio de cidadan¨ªa
Alg¨²ns encontros inesperados vi?eron a confirmar esta impresi¨®n. Por citar s¨® un, nunha acugulada praza da Quintana, atopo un matrimonio maior, vellos co?ecidos. El, se?or duns 80 anos, empresario acomodado pero sinxelo e traballador, residente nunha vila das r¨ªas baixas, persoa de convicci¨®ns conservadoras, ata agora fiel votante do Partido Popular. Cando lle manifesto o meu abraio de velo al¨ª, explica: "Nunca vi?eramos a unha manifestaci¨®n. Estivemos d¨¢ndolle voltas toda a semana, e onte dixemos, qu¨¦ caranto, xa estamos fartos de que estes se?oritos nos tomen por parvos!". Pro¨ªdo pola curiosidade, pregunteille como se sent¨ªa un ao estrearse de manifestante aos seus anos, e d¨ªxome que brincaba de contento, que para el era toda unha experiencia e que lle encantaba o ambiente. Conclu¨ªn para min: "Vaites, vaites, o Partido Popular ten un serio problema".
Esta sensaci¨®n medraba conforme escoitaba as intervenci¨®ns dos oradores. Os convocantes da marcha xa fixeran unha demostraci¨®n de finura ao constitu¨ªren unha plataforma plural e inclusiva. Tam¨¦n foi un decisivo trazo de intelixencia o respaldo do Partido Socialista, que engad¨ªa un valioso complemento de pluralidade ao esperable apoio do Bloque Nacionalista Galego. Como broche final, os discursos de remate acertaron de cheo, pois souberon dirixirse a un amplo abano de sensibilidades. O rexo Avelino Pousa, que desde os seus vedra?os 95 anos nos avencellaba sentimentalmente cos mitins das arengas dos tempos da Rep¨²blica, foi xustamente vitoreado. Pero a intervenci¨®n m¨¢is inspirada foi a de Xurxo Souto, quen proclamou un vibrante alegado ¨¢s xuventudes urbanas para que non viren de costas ao idioma de noso. "Que non vos queiran vender a moto", veu a dicir, "de que non falades o galego porque non queredes, porque voluntariamente renegastes del; todos sabemos que o non falades porque volo roubaron, volo esgocharon, volo negaron!".
Outra figura do d¨ªa foi o ministro de Xustiza, Francisco Caama?o, que deu unha lecci¨®n memorable de dignidade c¨ªvica. A destemperada reacci¨®n de Alfonso Rueda (que sendo secretario xeral do PP de Galicia participou na marcha preelectoral contra o galego de vergo?enta memoria) puxo de vulto o desconcerto do antigaleguismo recalcitrante ante o ¨¦xito da convocatoria, co valente Rafael Cu¨ª?a inclu¨ªdo (seguro que apertando no peto a adhesi¨®n de moitos militantes do PP).
- Da viravolta ao trasacordo
Antes de que sexa demasiado tarde, o presidente da Xunta far¨ªa ben en lembrar que ten a obriga pol¨ªtica, legal e moral de exercer como primeiro valedor da lingua do pa¨ªs. ? vista das actitudes dalg¨²n coru?¨¦s de pro -que contin¨²a a xogar ao enredo de La/A matr¨¢cola-, e do c¨ªrculo Vigo/Pontevedra, empe?ados todos en remexer nas augas da lingua a ver cantos votos incautos pescan, temos raz¨®ns para desconfiar que tomen nota do aviso. O que non poder¨¢ alegar ning¨²n deles ¨¦ que non ¨ªan advertidos cando cismaron en meter os cans na bouza. Aqu¨ª estase cocendo un Prestige intanxible, e a quen non o queira ver xa lle tocar¨¢ beber sete cuncas.
Se houbese o sentidi?o que ata agora faltou, despois da Viravolta de outubro vir¨ªa o prudente e galegu¨ªsimo Trasacordo, e os tolitates que acenderon o conflito ling¨¹¨ªstico volver¨ªan ao punto de partida: o consenso pol¨ªtico para a promoci¨®n do galego nun marco de convivencia. De momento, a Viravolta xa conseguiu algo moi importante. Hai uns meses, os lemas de moda eran a fantasiosa imposici¨®n del gallego e a impostada libertad ling¨¹¨ªstica. A carga da proba ca¨ªa no lombo dos galeguistas. Agora, a voz que corre ¨¦ a Xunta est¨¢ contra o galego!, e son aqueles tarambainas os que rec¨²an ¨¢ defensiva. Pero a¨ªnda temos a raposa no gali?eiro. Ma?¨¢, 14 de novembro, o colectivo Galego, Patrimonio da Humanidade convoca un comicio en Compostela para seguirmos arborando o discurso civil en defensa da lingua. Todos e todas estamos convidados. Hai futuro.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.