Xoana de Arco remite formulario de apostas¨ªa
Entre a borralla, rach¨®ns queimados, ¨®sos calcinados e restos da fogueira na praza do Mercado Vello de Rouen, o meu coraz¨®n, vermello como o sangue. A vista do coraz¨®n intacto puxo medo a Geoffroy Therage, o verdugo. Arrebolou todo ao Sena para o levar a corrente.
Se?or Bispo, Arcebispo, Inquisidor Xeral, Secretario do Santo Oficio, Prefecto da Congregaci¨®n para a Doctrina da Fe, ou Papa de Roma,
Eu, Xoana de Arco, dita Jehannette, Xoani?a, ou tam¨¦n a doncela, ante vostede comparezo ¨¢ fin de manifestar a mi?a vontade, libre e querida:
Primeiro: non ser zoinamoina nin inxenua, sen¨®n unha muller rebelde e d¨ªscola.
Segundo: no intre de ser queimada aos 19 anos, non ser doncela, pois fun violada polos soldados a quen os inquisidores me entregaron, logo de que con enganos e andr¨®menas me convencesen de vestir roupas de muller, e me rapasen o cabelo.
Tres fogueiras na praza do Mercado Vello o 30 de maio de 1431. Tres cremaci¨®ns sucesivas ordenadas polo cardenal de Winchester para non ficaren reliquias do meu corpo. Segundo as testemu?as s¨® o coraz¨®n vermello "da cor do sangue".
Terceiro: desco?ecer por que me odiaban os inquisidores, por que o bispo Cauchon ama?ou un xu¨ªzo sen probas, por que argallou con Bedford o pagamento ao de Borgo?a dun rescate de dez mil libras tornesas coa fin de entregarme ¨¢ Igrexa.
Cuarto: ser a principal acusaci¨®n contra min vestir roupas de home, considerado polos inquisidores (que visten, coma v¨®s, saias de muller) cousa abominable a Deus, reprobada e prohibida por toda lei.
Son Xoani?a, sempre en vermello, conf¨ªrmao a mi?a amiga Isabellette d'?pinal. Capturada en Compi¨¨gne pola traiz¨®n do arcebispo de Reims, R¨¦gnault de Chartres. Identific¨¢ronme polo tabardo vermello. E o coraz¨®n vermello ao Sena. Para a corrente o ocultar da vista como a mi?a violaci¨®n, como a mi?a memoria.
Quinto: os cl¨¦rigos declararon durante o proceso de rehabilitaci¨®n, 25 anos despois, prestaren ¨¢ s¨²a colaboraci¨®n ¨¢ farsa do meu xu¨ªzo por medo aos ingleses. Por que ¨ªan ser eles m¨¢is covardes que unha rapaza de 19 anos?
Sexto: fun canonizada en 1920 mais non porque quix¨¦sedes reparar os agravios contra min cometidos, sen¨®n para utilizar o meu nome contra os franceses laicos e republicanos.
S¨¦timo: se eu vivise, ?ser¨ªame permitido predicar, consagrar o pan e o vi?o ou dispensar os sacramentos?
Eu, Xoana, enfronteime aos xu¨ªces como a iguais, reprocheilles a s¨²a actitude. A mi?a aparici¨®n, na muralla de ?rleans, puxo aos ingleses en fuga. Era ese poder o que atemorizou aos inquisidores? Foi esa a raz¨®n de me queimar viva? Mais non puideron co coraz¨®n vermello.
En virtude do manifestado, solicito:
Primeiro: serme restitu¨ªda a condici¨®n de herexe e relapsa.
Es, por segunda vez, unha herexe reincidente, como un can que ten o costume de voltar ao seu v¨®mito, declarou o arcebispo Cauchon.
Segundo: ser borrado o meu nome da lista do santoral, como foi o das mi?as voces conselleiras, Catarina de Alexandr¨ªa e Margarita de Antioqu¨ªa.
Terceiro: proceder sen dilaci¨®n a considerarme ap¨®stata desta Igrexa.
A ¨²ltima novela de Marilar Aleixandre ¨¦ A cabeza da Medusa (Xerais, 2008)
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.