Loba ferida
As obras de Rosal¨ªa eran case os ¨²nicos libros que ped¨ªan os nosos emigrantes de volta na Terra. Existiu unha cultura do emigrante galego que traspasou a emigraci¨®n a Cuba, Arxentina e Europa, e a¨ª estaba Rosal¨ªa. Foi marabillosamente mitificada polo ¨²nico suxeito capaz a crear mitos, a xente com¨²n, todos n¨®s cando fomos ou somos inocentes. Temos visto tam¨¦n a Rosal¨ªa mistificada, como unha Virxe sacada en procesi¨®n por cofrad¨ªa de solemnes var¨®ns, unha santa patroa dun galeguismo goro que invocaba unha dereita instalada na Xunta e que procuraba lexitimarse ante o pa¨ªs. Existe tam¨¦n a Rosal¨ªa autora deses versos que seguen a falar os seus riscos e a s¨²a verdade. Rosal¨ªa ¨¦ dura, por iso dura.
No leito de morte encargou que destru¨ªran todos os seus retratos
Ferida polas cr¨ªticas, anunciou que non volver¨ªa escribir m¨¢is en galego
? dura porque ¨¦ ela sempre, feroz e ¨²nicamente ela. Quen sofreu abandono xa nunca ¨¦ enteiramente de ningu¨¦n, Rosal¨ªa foi abandonada e mais non o foi. Filla dun sacrilexio, nacemento impuro, cachorri?o manchado. Pres¨¦ntaa na inclusa para ser baptizada a criada da s¨²a nai solteira, dona Teresa de Castro, e l¨¦vaa logo de al¨ª. Dentro e f¨®ra. Criada nos primeiros anos pola familia do pai, crego, e pola propia nai, dona Teresa, entre aqu¨ª e al¨ª, querida mais partida entre as d¨²as familias. Educada logo como se?orita con piano e franc¨¦s. Figura local dos sal¨®ns da sociedade compostelana e dos artistas modernos, actriz adolescente. Pode que considerase a idea dunha carreira de actriz, que unha cabeci?a nova tan libre considerase esa vida, profesi¨®n moralmente dubidosa ent¨®n.
Anda entre os modernos liberais e galeguistas do Liceo santiagu¨¦s: Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal ... Por¨¦n ela non participa das tarefas pol¨ªticas, as cousas solemnes son de homes e ela xa se est¨¢ a imaxinar de actriz ou literata en Madrid. E al¨ª vai, e al¨ª publica en 1857 La flor, un libro con t¨®picos que reinterpreta dun modo persoal e introduce o tema do que emigra. Publ¨ªcao a mesma editorial a continuaci¨®n de Las canciones de Heine, esa flor espi?enta do romanticismo alem¨¢n. Murgu¨ªa repara no libro desa se?orita galega, co?¨¦cense e, cando xa Rosal¨ªa est¨¢ pre?e de dous meses da s¨²a filla Alejandra, casan. Acompa?ar¨¢ os destinos profesionais do seu home, arquiveiro, co que ir¨¢ tendo fillos abondos. O estudoso respectado, o intelectual de acci¨®n, e a literata, unha figura sobre a que ela propia reflexiona nun pequeno ensaio, Las literatas. Al¨ª analisa e critica os impedimentos para que unha muller poda realizarse como escritora. Nunca analisar¨¢ nada sen tomar partido, posici¨®nase sempre.
Nunha primeira novela, La hija del mar, a protagonista ¨¦ exp¨®sita, "hija de un momento de perdici¨®n". Na obra rosaliana todo ten sentido propio, as mulleres desventuradas tan da novela rom¨¢ntica no seu caso s¨¢enlle de dentro. Ela propia fora presentada e inscrita na inclusa como "filla de desco?ecidos": a vida ¨¦ inest¨¢bel, dentro e f¨®ra. Ten conciencia de que non fora abandonada na inclusa malia esa posibilidade ter sido considerada polas familias da nai e o pai. E empezan problemas de sa¨²de. A cada momento o chan pod¨ªalle fallar baixo os p¨¦s e caer unha no abismo.
Ao ano de casar, en 1859, publica o poema Adi¨®s r¨ªos, adi¨®s fontes. En Simancas, p¨¦ do arquivo onde Murgu¨ªa prepara o primeiro tomo da s¨²a Historia de Galicia, encontra uns segadores galegos. A que os ouviu contar os seus traballos, escribe Castellanos de Castilla. Pura rabia xustizeira. O seu home an¨ªmaa a reunir os seus poemas galegos, escritos baixo a musa popular, e a publicar en 1863 Cantares Gallegos, que foi celebrado primeiro en Catalunya e m¨¢is tarde na terra da autora. ? a base do rexurdimento literario galego e tam¨¦n o nacemento dun mito popular. Ese libro ¨¦ m¨¢is que un poemario, ¨¦ un acto. O pr¨®logo adianta o prop¨®sito, vai contra "os que sen co?ecemento alg¨²n nin raz¨®n, nos desprezan, que a nosa lingua non ¨¦ aquela que bastardean e chapurran nas m¨¢is ilustrad¨ªsimas provincias, cun riso de mofa" (....) "O m¨¢is triste nesta cuesti¨®n ¨¦ a falsedade con que f¨®ra de aqu¨ª pintan as¨ª aos fillos da Galiza como da Galiza mesma." ? o segundo manifesto do galeguismo. O primeiro foi o de Faraldo, liberal e protogaleguista, e o segundo ¨¦ este pr¨®logo tan persoal, sentido e valente. Rosal¨ªa ¨¦ individualista de m¨¢is para partillar ideolox¨ªa e organizaci¨®n, al¨¦n de que ¨¦ unha muller e nai, e ag¨¢rdase dela que permaneza no dom¨¦stico. As¨ª, ese pr¨®logo ¨¦ un manifesto pol¨ªtico persoal, cheo de orgullo e de rabia, mais, como a vida sempre ¨¦ doutra maneira, resultou que ese libro tan orixinal foi tomado pola xente do pa¨ªs como manifesto da existencia dun pobo oprimido e explotado. A individualista apartada e senlleira transformouse en s¨ªmbolo en vida.
Unha das cousas extraordinarias deste libro ¨¦ que est¨¢ escrito por unha muller, fala un personaxe tam¨¦n feminino, "a meni?a cantora", sempre desde o punto de vista dunha muller e sempre coa muller como principal protagonista. ? o libro dunha autora declaradamente feminista que sentiu "desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que deb¨ªan aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud." Lucidez combativa, Rosal¨ªa non era cousa pequena.
Publica o romance Flavio en castel¨¢n en 1861. Dous anos despois Follas Novas, a madurez desa aventura de publicar en galego. Da inspiraci¨®n, da graza grave de Follas Novas non se debe falar por extenso, ¨¦ necesario ler a alegr¨ªa dunha autora que escribe en liberdade. Soidades, decadenza, denuncias e tam¨¦n violencia xustizeira, outra volta, d' A xustiza pola man, marabilloso exabrupto. Rosal¨ªa en estado puro, a moderna pesimista que ve na vida a presenza abrumadora de ruinas e que desconf¨ªa da relixi¨®n do progreso.
O pr¨®logo ¨¦ modern¨ªsimo, reflicte por primeira vez a conciencia en conflicto dun intelectual que quere ser escritor, a contradici¨®n entre o af¨¢n pola obra propia e o compromiso. Rosal¨ªa non formou parte de grupo ning¨²n, mais foi unha artista comprometida co seu pa¨ªs, coa liberdade da muller, cos oprimidos e cos que sofren. A s¨²a obra en galego ¨¦ literatura militante, por¨¦n nese pr¨®logo ponlle duraci¨®n e l¨ªmites ao seu compromiso: "Pagada xa a d¨¦beda en que me parec¨ªa estar coa mi?a terra, dif¨ªcil ¨¦ que volva escribir m¨¢is versos na lingua materna." Desconcertante a franqueza, tam¨¦n desconcertou a quen v¨ªa nela un faro c¨ªvico: ela non quer¨ªa ser faro. Reafirmou esa vontade de separarse e proseguir unha obra en castel¨¢n cando foi acusada de desprestixiar a Galiza cun artigo na prensa madrile?a, Costumbres gallegas, no que relataba un suposto costume mari?eiro, ofrecer unha muller da familia ao compa?eiro que v¨¦n de lonxe. A¨ªnda que non existise tal pr¨¢ctica como costume, ¨¦ digno dela o relatar un episodio tan bizarro. Rosal¨ªa non defrauda. As acusaci¨®ns f¨¦rena e escribe: "Mi resoluci¨®n de no volver a coger la pluma para nada que pertenezca a este pa¨ªs, ni menos escribir en gallego (...)"
Rosal¨ªa nunca acabou de ser reco?ecida pola literatura espa?ola, castel¨¢, a pesar de ser novelista e a pesar de En las orillas del Sar, o mellor libro en castel¨¢n escrito en Espa?a no seu s¨¦culo. Era perif¨¦rica, muller, mesmo luxouse en escribir en lenguas regionales. Na man contraria, os galegos estamos condenados a querer a esa, como Heine, rosa espi?enta.
A se?ora a sachar na horta, nos ¨²ltimos anos a casa ten necesidades; o cancro roe nela, pola noite a beber an¨ªs. No leito encarga que destr¨²an os seus retratos e que queimen os papeis in¨¦ditos. Rosal¨ªa ten uns versos que est¨¢n escritos no fume e xa non daremos lido.
E nace a lenda rosaliana. "?bre esa xanela, que quero ver o mar", di no leito dese cuarto desde o que non se enxerga o mar. A morte. Presente, suxerida e manifesta en toda a s¨²a obra, tam¨¦n no poema ao cemiterio de Adina, en Iria, onde a enterraron. Os galeguistas cobizan os seus restos, o marido autoriza o seu traslado de Iria a Santiago para inaugurar un Pante¨®n de Galegos Ilustres. Abren o sartego con reverencia, comproban que o cad¨¢ver non se descompuxo e que as flores do rami?o de pensamentos co que a enterraran est¨¢n enteiri?as. ? unha santa a nosa loba. Libre e rabiosa como loba ferida.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.