Un dep¨®sito de monstros no Gai¨¢s
Disque en Copenhague non hai sitio para tanta xente que acudiu ao cumio do cambio clim¨¢tico. E a min o primeiro que me veu ¨¢ cabeza foi a baleira Cidade da Cultura en Santiago. Miguel de Unamuno pasmou co que chamaba "verdadeiro pante¨ªsmo de absorci¨®n" en Galicia. Polo que temos visto, na Feira de Silleda, sen ir m¨¢is lonxe, caber¨ªa Dinamarca enteira, cos antidisturbios e todo, a facer oposici¨®ns. Ser¨¢ por poder de "absorci¨®n"! Xa dixo Goethe que Europa se fixo peregrinando a Compostela. E se na catedral hai d¨ªas que metes Europa, en Gai¨¢s ben pod¨ªa entrar Gaia, a Nai Terra. Ser o lugar onde pousa a esfera. O c¨ªrculo do "verdadeiro pante¨ªsmo de absorci¨®n". Mais o que van meter, polo que contan, son os restos, e non se tome como f¨²nebre indirecta. Moito monumento, se?ores, pero, u-las mentes monumentais?
Na sala G-Audi do Gai¨¢s expo?er¨ªanse os c¨¦lebres 18 Audis que acumulou o sultanato bipartito
O poder de absorci¨®n de Galicia semella inclu¨ªr tam¨¦n alg¨²ns pozos sen fondo. Este xornal publicou en exclusiva d¨²as reportaxes sobre o arrepiante declive da Fundaci¨®n Cela en Padr¨®n que semellan cap¨ªtulos dunha historia tremenda da cultura. Camilo J. Cela deprimir¨ªase moito con esta obra magna do desleixo. Al¨ª onde el so?ou coa m¨¢is grandiosa fundaci¨®n dedicada a un escritor en Espa?a, o se?orial espazo dos mellores predios de Iria Flavia, semella agora o escenario do rilar do tempo, non ao xeito dunha elegante decadencia lampedusi¨¢ sen¨®n dun corrosivo tremendismo. Tal era o estilo de Cela, o tremendismo, e agora semella reviritar no lugar que el so?ou para habitar a gloria. Un pintura de Joan Mir¨® naufraga nun ba?o, exemplares de El Extramundi que arden, o enferruxamento da lendaria locomotora, o mofo omnipresente... A desafecci¨®n dos visitantes, cunha media de dez persoas por d¨ªa no ¨²ltimo ano, para unha fundaci¨®n cun alt¨ªsimo orzamento. Segundo denuncia dos traballadores que perderon o emprego neste naufraxio, mesmo se destinaba di?eiro para o pago dun chofer particular ou para levar os cans ¨¢ perruquer¨ªa. Isto ¨²ltimo ¨¦ o que menos me escandaliza, pois a¨ªnda hai unha vontade de estilo niso de levar os cans ou cadelas a desenrizar ou encrechar os croques do cabelo coa permanente.
Canto di?eiro p¨²blico foi parar ¨¢ Fundaci¨®n Cela en todos estes anos? Non s¨® a Xunta, sen¨®n tam¨¦n deputaci¨®ns e concellos contribu¨ªron a ampliar e manter ese espazo privilexiado onde custodiar o legado do gran novelista autor de La colmena ou Mazurca para dos muertos. Sen d¨²bida, o m¨¢is valioso dese legado son os propios manuscritos do Nobel galego. Coido que urxe un inventario rigoroso de todo o que cont¨¦n a arca de Iria Flavia. ? vista da trist¨ªsima realidade, semella claro que houbo unha moi mala xesti¨®n da Casa de Cela, mais as responsabilidades non rematan nos directos xestores. ? pouco comprens¨ªbel o silencio destes anos por parte das instituci¨®ns que partillan o padroado. Ese calar, ese laissez-faire, laissez-passer non semella precisamente unha mostra de respecto, sen¨®n todo o contrario. O patrimonio que agora esmorece foi concibido por Cela como un ben que el deixaba a Galicia, non como couto privado.
F¨¢lase agora da "traslaci¨®n" do herdo literario e art¨ªstico de Iria Flavia ¨¢ Cidade da Cultura. Esta ¨¦ a soluci¨®n que ao parecer baralla o presidente do Goberno galego. Non se pode permitir que contin¨²e o deterioro do legado de Cela e moito menos que se perda, mais a soluci¨®n de marchar cos santos, resmas e trastes para Gai¨¢s non s¨® semella improvisada sen¨®n que ¨¦ facer rabos ¨¢s culleres. Non hai mellor lugar para o legado de Cela que o de Iria Flavia. Era o que el quer¨ªa. Hai moito di?eiro al¨ª enterrado para que fique agora como o escenario neog¨®tico do conto de Ningu¨¦n. E sobre todo, ¨¦ un bo sitio. Pode ser moi bo sitio para achegarse a ser o que sempre debeu ser. A casa do escritor Cela. Unha colmea. Unha casa aberta. Un obradoiro onde se sinta o bulir estudantil, o murmurio do pobo.
Para iso, hai que recomezar con humildade. Partillar esforzos, informaci¨®n, imaxinaci¨®n. Al¨ª, moi perto, est¨¢ a Casa de Rosal¨ªa. E non moi lonxe, o Rianxo de Rafael Dieste, Manuel Antonio e Castelao. E o Saln¨¦s de Valle-Incl¨¢n e Ram¨®n Cabanillas... A casa de Cela non debeu ser nunca unha illa presuntuosa, sen¨®n unha porta m¨¢is no que D¨ªaz Castro chamaba "o cami?o dos vagalumes".
A sospeita que eu te?o ¨¦ que se espalle a s¨ªndrome Cidade da Cultura como un Gran Abracadabra que, por unha banda, deprede, apa?e e gada?e todo o valioso que hai nos locais universais de Galicia e, por outra, sexa un dep¨®sito de monstros, unha especie de Gran Faiado Galego, onde meter os trastes e cacharros.
Non me gusta ningunha, mais entre unha alternativa e outra, prefiro a segunda. A de dep¨®sito de monstros ou Gran Faiado Galego (GFG). Ser¨ªa m¨¢is orixinal e m¨¢is na onda, agora que en lugar dos Contedores Art¨ªsticos est¨¢n de moda os chamados Vertedoiros.
Temos xa fondos moi engaiolantes para afrontar esa sa¨ªda da Cidade da Cultura como xigantesco alpendre onde pasmen as multitudes. En primeiro lugar, a espectacular sala G-Audi. Al¨ª expo?er¨ªanse con cores inspiradas nas vi?etas automobil¨ªsticas de Roy Lichtenstein os c¨¦lebres Dezaoito Audis que acumulou o sultanato bipartito (en realidade, 17 eran do Antigo R¨¦xime). Con eles ¨ªa saldarse a d¨¦beda p¨²blica galega, mais que saibamos s¨® se vendeu un. O resto est¨¢ inutilizado, xa que os novos conselleiros van todos en bicicleta. Hai que sacar proveito a este desbarate. En lugar central deber¨ªa colocarse o modelo Audi NASA de Cabo Touri?¨¢n. E na mesma sala, o iate Nautilus de Jacinto Rey, coa inquietante silueta do Capit¨¢n Nemo de Allariz a babor.
Neste Dep¨®sito de Monstros que abanear¨ªa o mundo art¨ªstico, outra sala acoller¨ªa os 92 bustos de Baltar, un por concello da provincia de Ourense. Hai unha semellanza extraordinaria entre a iconograf¨ªa do presidente da Deputaci¨®n ourens¨¢ e a representaci¨®n pop-art que de Mao Zedong fixo Andy Warhol, como analizan na web Galp¨®n de Breog¨¢n (Diario irreverente do pa¨ªs dun mill¨®n de vacas). Hai tam¨¦n quen lle ve a Baltar un certo parecido, en serigraf¨ªa!, con Marilyn Monroe e mesmo coa lata de tomates Campbell's.
Outra das salas principais neste Dep¨®sito de Monstros que demostrar¨ªa que o esp¨ªrito underground e a arte alternativa ani?ou de xeito sorprendente a¨ªnda m¨¢is nalgunhas instituci¨®ns que nos c¨ªrculos art¨ªsticos propiamente ditos, ser¨ªa a sala de lousados e mobiliario urbano. Por exemplo, causar¨ªa verdadeira conmoci¨®n a macroinstalaci¨®n Marquesinas, dende as feitas en formig¨®n at¨¦ as de lata enferruxada con t¨¦cnica de ¨¢cido ¨²rico, e nunha atmosfera grandes efectos de treboada. O espectador desprazar¨ªas entre as marquesinas polo c¨¦lebre lousado paseo mar¨ªtimo, en branco e vermello, inspirado en Degas.
A¨ªnda que son infindas as posibilidades, coido que un lugar de honor deber¨ªa estar ocupado polo inmenso guerreiro de Botero que o alcalde Francisco V¨¢zquez incrustou na fachada de pacifismo zen de Arata Isozaki. Ese ser¨ªa o motivo central. As inmensas paredes da Gran Sala de Gai¨¢s estar¨ªan forradas coas 4.735 placas de metal de bronce co seu nome que colocou Manuel Fraga durante os seus mandatos en Galicia. Para pechar o c¨ªrculo no Dep¨®sito de Monstros, o terr¨ªbel guerreiro de Botero levar¨ªa o tut¨² de bailarina de ballet cl¨¢sico que todos os anos lle po?en os choqueiros de Monte Alto, nun acto de xustiza que moito far¨ªa rir a Cela.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.