Trick or treat? It's up to you
Levamos m¨¢is de 30 meses de feroces tirapuxas e acabamos de pasar un ano de batalla campal arredor das linguas. Coa presentaci¨®n do borrador de decreto sobre o ordenamento ling¨¹¨ªstico do sistema educativo, situ¨¢monos ¨¢s portas do episodio decisivo dunha guerra que xa causou prexu¨ªzos incalculables e vai cami?o de provocar danos irreversibles ao pa¨ªs todo. Se o partido gobernante e os da oposici¨®n non dan resolto o problema, ver¨¦monos abocados a unha situaci¨®n grav¨ªsima, e todos teremos motivos sobexos para nos arrepentir de non termos tentado evitala. Da complexidade da situaci¨®n en que o PP se (e nos) meteu dan cumprido testemu?o as case 40 semanas de tortuosas leas internas dentro do mesmo partido para chegar a un compromiso entre os seus diferentes sectores. E da precariedade de tal compromiso d¨¢ boa mostra o devandito borrador. Con estes vimbios, canto m¨¢is dif¨ªcil non ser¨¢ concitar un pacto con outros axentes pol¨ªticos e sociais?
O termo 'normalizaci¨®n' desaparece no borrador. Iso contrad¨ª a filosof¨ªa da nosa lexislaci¨®n
A inmersi¨®n ¨¦ a garant¨ªa do biling¨¹ismo. Mais para iso prec¨ªsase un asenso social que non hai aqu¨ª
Emporiso, tal pacto ¨¦ imprescindible. O electorado non vai entender que un asunto de fondo do pa¨ªs, no que se xogan a estabilidade do sistema educativo e a cohesi¨®n da nosa sociedade, se mante?a entalado en interminables liortas partidistas e oportunistas poxas electorais. O nivel de crispaci¨®n a que chegamos arredor das linguas non ¨¦ sustentable. Calquera cidad¨¢n e pol¨ªtico medianamente responsable sabe que isto ¨¦ as¨ª.
Vale m¨¢is un mal acordo ou un bo preito?
Que facer perante esta situaci¨®n? O Consello da Cultura Galega, coa proposta institucional que aprobou en novembro pasado, ofreceu unha v¨ªa para sa¨ªr do bloqueo actual. Esa v¨ªa pasa pola constituci¨®n dunha comisi¨®n no Parlamento de Galicia que, o¨ªdas as opini¨®ns de representantes de diversos sectores sociais e co asesoramento dos expertos que considere oportunos, artelle un programa de desenvolvemento consensuado do Plan Xeral de Normalizaci¨®n Ling¨¹¨ªstica ao longo da presente lexislatura. Esta proposta obtivo un amplo eco social e unha recepci¨®n p¨²blica moi positiva. Os grupos parlamentarios do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego xa expresaron a s¨²a conformidade, mentres que, de momento, o grupo maioritario, do Partido Popular, deu a calada por resposta.
Para chegar a un acordo todos ter¨¢n que ceder algo: PSdeG e BNG ter¨¢n que reco?ecer que o decreto do bipartito ten aspectos renunciables, que son os que suscitaron maior controversia, e o PP deber¨¢ admitir que o novo decreto non pode apartarse radicalmente dunha li?a consolidada de promoci¨®n do idioma galego que v¨¦n dos tempos de Fraga, e por tanto esquecerse das rechamantes novidades que rachan con esa li?a. Por puro realismo, imponse unha certa flexibilidade para todos, con vistas ¨¢ consolidaci¨®n dun modelo de pluriling¨¹ismo escolar, que, dentro dun marco com¨²n para toda Galicia, coherente co noso ordenamento xur¨ªdico-legal, debe ofrecer un horizonte de estabilidade temporal e ser adaptable aos distintos contextos socioling¨¹¨ªsticos e sociopedag¨®xicos.
O borrador do decreto: un cambio de modelo?
Ante a eventualidade dunha desexable negociaci¨®n, cabe preguntarse sobre a idoneidade do borrador do decreto como punto de partida. No que segue, non imos entrar nunha an¨¢lise pormenorizada del, para a que haber¨¢ mellor ocasi¨®n. Limitareime a debullar unhas reflexi¨®ns xerais, tanxentes a aspectos b¨¢sicos e ¨¢ filosof¨ªa de fondo dese texto.
- 1. Acabouse a normalizaci¨®n ling¨¹¨ªstica?
En todo o texto, o termo normalizaci¨®n aparece unicamente nas referencias ¨¢ Lei e ao Plan Xeral. Significativamente, unha disposici¨®n transitoria prescribe a eliminaci¨®n desa palabra na denominaci¨®n dos "equipos de normalizaci¨®n e dinamizaci¨®n ling¨¹¨ªstica" dos centros. No contexto actual, e vindo de onde v¨¦n a proposta, a renuncia ¨¢ normalizaci¨®n ling¨¹¨ªstica entra en colisi¨®n t¨¢cita, pero non por iso menos flagrante, coa filosof¨ªa que inspira a nosa lexislaci¨®n. Poderemos renunciar ¨¢ normalizaci¨®n precisamente cando o galego sexa unha lingua plenamente normal, de uso rutineiro nos ¨¢mbitos m¨¢is importantes da vida p¨²blica. Renunciar a ese obxectivo prematuramente ¨¦ desnormalizar.
- 2. Cal debe ser o papel do sistema educativo na recuperaci¨®n do idioma galego?
No pre¨¢mbulo do borrador, en coherencia coa doutrina corrente, reco?¨¦cese que o ensino ¨¦ "un sector fundamental para a implantaci¨®n de h¨¢bitos ling¨¹¨ªsticos en galego". Acontece que logo, no corpo dispositivo, a noci¨®n de que o sistema educativo ten un papel central no proceso de recuperaci¨®n do idioma v¨¦n substitu¨ªda pola obsesi¨®n por un equilibrio puramente formal entre o galego e o castel¨¢n. Ao sistema educativo v¨¦uselle atribu¨ªndo un papel compensatorio dos d¨¦ficits de presenza do galego noutros ¨¢mbitos sociais. Certo ¨¦ que ¨¢s veces se lle esixiu demasiado neste terreo, pero resulta incomprensible que o Goberno pretenda destitu¨ªlo desa funci¨®n sen acompa?ar esta decisi¨®n con medidas de reforzo a prol do galego noutros sectores, m¨¢is ben ao contrario.
- 3. Que modelo ling¨¹¨ªstico para o ensino?
Parece existir un acordo xeral sobre o obxectivo do sistema educativo canto ¨¢ capacitaci¨®n ling¨¹¨ªstica do estudantado. A propia Lei de Normalizaci¨®n o estipula: ao remate dos ciclos obrigatorios, os alumnos deben ter unha competencia equiparable en galego e castel¨¢n. Unha vez fixadas as devanditas metas, a regulaci¨®n do uso das linguas nos curr¨ªculos ¨¦ cuesti¨®n basicamente t¨¦cnica, e o l¨®xico ¨¦ adoptar o modelo que mellor garanta a s¨²a consecuci¨®n. En contextos de biling¨¹ismo desigual coma o noso, a conclusi¨®n dos especialistas ¨¦ rotunda: o modelo que mellores resultados d¨¢ en termos de competencia en ambos os idiomas ¨¦ o de inmersi¨®n ling¨¹¨ªstica na lingua minoritaria. Seicas¨ª, tam¨¦n ¨¦ certo que os estudosos advirten que non ¨¦ factible implantar tal modelo se non se conta cun forte asenso social; un asenso que, reco?ez¨¢molo (porque ¨¦ evidente), non temos en Galicia.
Parte da culpa desa falta de asenso social tenna a cisma de certo nacionalismo pola reivindicaci¨®n do monoling¨¹ismo. Sexamos claros: o modelo de inmersi¨®n o que garante ¨¦ o biling¨¹ismo pleno nas d¨²as linguas para os falantes de ambas. A ret¨®rica monoling¨¹ista ten un efecto contraproducente: retrae a moita xente perante o modelo de inmersi¨®n, un modelo que probablemente aceptar¨ªa se se lle presentase como o que realmente ¨¦: garante dun biling¨¹ismo equitativo, que ¨¦ xusto ao que aspira a maior¨ªa social.
Sexa como for, temos que saber conxugar dous factores contraditorios (un modelo ideal de inmersi¨®n, e una realidade social de non aceptaci¨®n maioritaria dese modelo), e iso s¨® pode conseguirse, unha vez m¨¢is, artellando un modelo flexible, cousa que o decreto vixente non ofrece. As¨ª como as¨ª, o borrador que se presenta non ofrece ningunha mellora neste sentido, pois dese?a de novo un modelo r¨ªxido, coa asignaci¨®n dun terzo do horario curricular a cada lingua. A decisi¨®n por votaci¨®n dos pais sobre as materias que se deben dar en galego ou castel¨¢n non significa flexibilidade. Significa caos.
- 4. Est¨¢ xustificado o uso do ingl¨¦s como lingua vehicular nun terzo do horario escolar?
Rep¨¢rese: non nos preguntamos se, nas condici¨®ns actuais ¨¦ viable esa pretensi¨®n, pois calquera que co?eza a realidade do noso sistema educativo sabe ben cal ¨¦ a resposta. Preguntamos se, no caso hipot¨¦tico de que fose realizable, iso ser¨ªa sensato. A resposta ¨¦: non tal. Non existe na Europa co?ecida ning¨²n sistema educativo triling¨¹e de implantaci¨®n xeral en que a lingua estranxeira sexa utilizada como vehicular nun terzo do horario desde o inicio da primaria ata o remate dos ciclos educativos obrigatorios. Un qui?¨®n tan grande resulta desmesurado (ademais de custos¨ªsimo), e inxustificable en termos tanto de aprendizaxe das materias dadas en ingl¨¦s canto de dominio da lingua estranxeira.
Nas recomendaci¨®ns contidas nos informes europeos, establ¨¦cese que a introduci¨®n dunha lingua estranxeira con car¨¢cter vehicular, especialmente na primaria, debe iniciarse con car¨¢cter voluntario e experimental, e ampliarse de xeito gradual. Outra cousa constit¨²e, ademais dunha intolerable imposici¨®n, unha fonte m¨¢is de atrancos para o aproveitamento educativo de amplos sectores do estudantado. Onde o modelo tripartito poder¨ªa ter unha mellor xustificaci¨®n ser¨ªa no sistema universitario. Por que non se desenvolve un programa, axeitadamente dotado, para que as nosas universidades sexan triling¨¹es de aqu¨ª a dez anos? The answer is blowing in the wind...
Post scriptum: Trick or treat? ¨¦ unha f¨®rmula que utiliza a rapazada no noite Halloween, cando sae a petar polas portas das casas. Significa algo as¨ª como: "?Queres lideira ou chegamos a un trato?". O trato consiste en regalar lambetadas. A expresi¨®n It's up to you significa "decide ti".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.