O noso home en Londres
O finado Fernando P¨¦rez-Barreiro, tradutor de Shakespeare e do chin¨¦s, foi como un 'gentleman' anglogalego
Parec¨ªa un personaxe de John Le Carr¨¦, coinciden en describilo varios dos que o co?eceron. Quiz¨¢is porque era discreto, humilde, de convicci¨®ns firmes e moi sabio, todo cun aspecto impecablemente brit¨¢nico. Nacer naceu en Ferrol en 1931, pero viviu desde 1963 no Reino Unido, onde morreu o pasado d¨ªa 4, en Lancaster, dunha pulmon¨ªa. Quizais fose a s¨²a discreci¨®n e ese afastamento xeogr¨¢fico, que non afectivo nin intelectual, os que impediron que en Galicia a s¨²a figura e a s¨²a obra tivesen o co?ecemento que merece algu¨¦n que dominaba unha ducia de idiomas, entre eles o chin¨¦s, do que traduciu para o galego, e fose tam¨¦n pioneiro na reivindicaci¨®n pedag¨®xica do noso idioma.
Fernando P¨¦rez-Barreiro era fillo dun avogado ferrol¨¢n do mesmo nome, dirixente nos anos 30 de Derecha Regional Gallega, e director de La Verdad, o xornal do partido, e tam¨¦n de El Correo Gallego na s¨²a etapa ferrol¨¢. "A el o galeguismo v¨ª?alle en parte de familia, pero na primeira etapa na que o co?ec¨ªn, entre 1954 e 1958, non manifestaba inquedanza ningunha. Algunha m¨¢is xa despois na Coru?a, cando comezou a ter trato con Ram¨®n Pi?eiro, pero sobre todo, a identificaci¨®n galeguista t¨ªvoa en Londres", recorda Xos¨¦ Lu¨ªs Franco Grande, un dos amigos que conservou toda a vida. P¨¦rez-Barreiro foi a Londres, en 1963, como un exiliado existencial. "Era un home brillante que non quer¨ªa queimar as s¨²as enerx¨ªas nun traballo de avogado que non lle gustaba", asegura Franco Grande, compa?eiro seu no despacho de Sebasti¨¢n Mart¨ªnez Risco, que acababa de ser designado presidente da Real Academia Galega.
Dominaba ata 12 idiomas e en 1983 foi o ¨²nico espa?ol licenciado en chin¨¦s
O avogado que non quer¨ªa selo aproveitou a oportunidade de ir traballar nas emisi¨®ns en galego que fac¨ªa a BBC, e logo desenvolveu a s¨²a carreira no seo da Organizaci¨®n Internacional do Caf¨¦, da que foi xefe dos servizos de traduci¨®n. Os idiomas eran algo m¨¢is ca un traballo. En 1972 P¨¦rez-Barreiro publicou Macbeth (Galaxia), a primeira versi¨®n dunha obra de Shakespeare ao galego, e en 1984 traduce para Xerais, coa s¨²a muller Teresa Barro, as obras de Lewis Carroll Alicia no Pa¨ªs das Marabillas (pola que levar¨ªa en 1985 o Premio Nacional de Traduci¨®n de Libros Infant¨ªs do Ministerio de Cultura) e Alicia do outro lado do espello. En marzo de 1983, a secci¨®n Gente deste peri¨®dico falaba del como o ¨²nico espa?ol que nese ano se licenciaba en lingua chinesa, e tam¨¦n que vi?a de publicar unha traduci¨®n ao galego dun panorama da narrativa corta china moderna (Flores e le?a, Edici¨®ns Xerais).
Fernando P¨¦rez-Barreiro e Teresa Barros foron tam¨¦n os pais do Grupo de Traballo Galego creado na capital inglesa, un colectivo de intelectuais que, entre outras cousas, en 1974 "elaborou un Plan Pedag¨®xico Galego, un informe que resultou moi ¨²til para os primeiros pasos da normalizaci¨®n e que foi dos primeiros estudos en reivindicar a escola en galego, algo que hai que ter presente agora, coa que est¨¢ caendo", considera o daquela pedagogo e agora director de Edici¨®ns Xerais, Manuel Bragado.
"Foi un personaxe que me resultou fascinante, moi discreto e moi elegante. Como Pl¨¢cido Castro, polo que el ti?a moito interese, formaba parte dese agromo do que poder¨ªa ter sido un corpo diplom¨¢tico galego", di Manuel Rivas, recordando o seu contacto con el nun vello hotel da r¨²a James Baker en 1999 cando o escritor coru?¨¦s viv¨ªa en Londres. "Desde logo, parec¨ªa un home que estaba cumprindo unha misi¨®n", novela Rivas.
"Era un cabaleiro moi ingl¨¦s, que estaba entregado ¨¢ tarefa galeguista", def¨ªneo o presidente da Asociaci¨®n Internacional de Estudos Galegos, Craig Patterson, que o co?eceu en Escocia nun congreso sobre Galicia. "Como moitos galegos no Reino Unido, quer¨ªa britanizar a pol¨ªtica de Galicia, no bo sentido, achegar m¨¢is consenso e m¨¢is di¨¢logo", di Patterson, querendo probablemente dicir m¨¢is sentido. Nos ¨²ltimos anos, Fernando P¨¦rez-Barreiro Nolla retomou con forza a s¨²a vinculaci¨®n con Galicia, a trav¨¦s do Instituto Galego de An¨¢lise Internacional (IGADI) que dirixe en Baiona outro sin¨®logo, Xulio R¨ªos. No IGADI e n' A Nosa Terra fac¨ªa an¨¢lises de pol¨ªtica exterior.
En 2005 foi galardoado co Pedr¨®n de Honra en 2005 e coa medalla Castelao en 2009, pero nin honores nin anos amoleceron as s¨²as convicci¨®ns. "A defensa da lingua, que ¨¦ tarefa nobre e parte do galeguismo de sempre, desv¨ªa a atenci¨®n da defensa dunha cultura e unha sociedade que sexan igualmente creativas", afirmaba en Non abonda coa lingua, o seu ¨²ltimo traballo na web do Grupo Galego de Londres. "O resultado terr¨ªbel ¨¦ que, a quen observa a cultura galega, ofr¨¦ceselle un panorama no que se expresa en galego unha cultura esencialmente espa?ola, a espa?ola de hoxe, que sup¨®n unha enxurrada de modas, modais e modismos da vulgaridade universal".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.