O fracaso dun ¨¦xito
A musa c¨ªvica ¨¦ tan forte na literatura galega que mesmo creou autores como Ram¨®n Cabanillas. Naceu da testa fendida da deusa da loita nacional como un designio, nunca puido escapar a esa fada que o marcou de nacemento. "Ya hemos encontrado al poeta, el gran poeta que nos llevaron el d¨ªa que enterraron a Curros", as¨ª o presentou Basilio ?lvarez. Por¨¦n, o s¨²bito ¨¦xito de Cabanillas no seu tempo e a imaxe actualizada logo nos ¨²ltimos anos do franquismo probabelmente fose un malentendido.
Cabanillas non ti?a madeira de l¨ªder. Polo contrario, cada paso que deu na vida f¨ªxoo tutelado ou pola man de algu¨¦n que turraba del. Como se aquel neno fillo de nai solteira, a¨ªnda que reco?ecido polo pai, precisase dunha figura paterna. Herdou o lugar de Curros, o escritor civil e combativo, foi un pesad¨ªsimo herdo que cargou. Recibiu un p¨²blico, cousa que a outros escritores lles leva tempo ga?ar libro e libro, mais foi reo dese p¨²blico que demandaba poemas anticaciqu¨ªs, republicanos e galeguistas. Est¨¢ por demais que eses poemas seus son sentidos de todo coraz¨®n e, con todo, de seguro que el se sent¨ªa m¨¢is ben como un paxari?o. O paxari?o que se lle apareceu cando sendo novo no seu Cambados natal a¨ªnda non so?aba encetar unha obra po¨¦tica e traduciu Preludi de Verdaguer: "(...) Ai, tenvos tanto / que contarlle ¨¢ roseira o paxari?o" e que se lle volveu aparecer en O paxaro de Armenteira. Un so?ador activo, o mesmo impulso que o levaba a comprometerse na loita c¨ªvica esganaba ao paxari?o. Nos anos que estudou no seminario compostelano ga?ou sona de bo lector e foi chamado para lerlle en voz alta os xornais ao cardenal. As¨ª acabou sendo a s¨²a sorte de escritor, a s¨²a voz servindo aos demais. Como o paxari?o a cantar para San Ero de Armenteira. E mais el ti?a un don po¨¦tico case natural, o lat¨ªn estudado no seminario enf¨ªa os versos con gran sentido do metro e da imaxe e sobr¨¢balle sensibilidade. Viviu mergullado na vida social e sempre estra?ando o vivir apartado nun convento: "No entanto, no scriptorium, do trafego arredados, / escribas silandeiros na t¨¢boa debruzados, / mergullados no enlevo dun lit¨²rxico rito, / ¨® craror das fiestras abertas ¨® infinito (...)".
Cada paso que deu na vida f¨ªxoo tutelado ou pola man de algu¨¦n
Ingresa na Real Academia Espa?ola a trav¨¦s dunha lei de Primo de Rivera
Por forza debeu de haber nel certa inmadurez que lle fixo cami?ar tecendo cunha perna para aqu¨ª e outra para al¨ª. Semella que a s¨²a natureza foi a inocencia. Iso non quita que fose parrandeiro, foi expulsado do seminario con outros dous coma el. Tan lex¨ªtimo para el ¨¦ un canto ao vi?o espadeiro como a saudade do lugar ou unha enso?aci¨®n art¨²rica.
De volta no seu Cambados, foi secretario dun notario e logo acollido pola familia Fraga que mandaba na vila: foi dez anos secretario municipal, protexido polos amos. Casa e comeza a ter fillos, anos de tabernas e coplas paveras. Por¨¦n, malia ter unha vida asegurada vai vendo que o cami?o que ten por diante para progresar ¨¦ a sumisi¨®n, comeza a roer nel unha incomodidade que o leva a editar xornais ef¨¦meros e sucesivos, El Umia e m¨¢is El Cometa, mostran un esp¨ªrito inquedo. Cabanillas relaci¨®nase xa co republicanismo e vai radicalizando as s¨²as cr¨ªticas ao caciquismo at¨¦ que sinte que acora no pa¨ªs e decide probar sorte en Cuba, de al¨ª pode ir a M¨¦xico ou a Nueva York. Fica en Cuba como comerciante e m¨¢is tarde administrador do Centro Galego, al¨ª nace o escritor da man do gran Xos¨¦ Fontenla Leal, que ser¨¢ o instigador da Real Academia Galega. No ano 1910 publica o seu primeiro poema, Lonxe na revista Suevia. En Cuba, lonxe do afogo do pa¨ªs, expresa a s¨²a rabia: "Hay que desenga?arse, yo ya lo estoy, de que no nos queda m¨¢s remedio que emplear la bomba redentora". Esa conciencia e mais ese ¨¢nimo fixo que ficase enfeitizado coa presencia e os tronos do abade Basilio ?lvarez: "?Ahora aullaremos, porque acuciados por el hambre no podemos ser m¨¢s que lobos! ?Lobos que pongan espanto a los capataces de la negrada! (...) ?El d¨ªa que me ve¨¢is claudicar, fusiladme por la espalda! ?Viva Galicia redimida!". O patetismo do axitador agrarista ac¨¢elle ben ao rebelde que se expresa libre lonxe da terra, o seu himno para Acci¨®n Gallega: "?Irm¨¢ns, irm¨¢ns galegos! / ?Desde Ortegal ao Mi?o / a folla do fouci?o / fagamos rebrillar!" "Antes de ser escravos, / ?irm¨¢ns, irm¨¢ns galegos! / que corra o sangue a regos / desde a monta?a ao mar". Estrofas como esas marcan o retrato dun poeta.
De volta na Terra volve traballar como secretario municipal en Mos, colabora con Acci¨®n Gallega e entra nas Irmandades da Fala pouco despois da s¨²a fundaci¨®n no ano 1916. Deixa a man de Basilio ?lvarez, a quen seguir¨¢ admirando e co que seguir¨¢ a ter bo trato, e pasa a cami?ar da man de Antonio Vilar Ponte. O entusiasmo, a visi¨®n e a capacidade organizativa deste animar¨¢ a Cabanillas a escribir obras con m¨¢is ambici¨®n est¨¦tica; para botar a andar un teatro nacional galego enc¨¢rgalle dous textos teatrais, A man da Santi?a e O Mariscal e por esta ¨¦poca escribe Na noite estrelecida, un poema art¨²rico que lle permite ensaiar na linguaxe po¨¦tica. Nese ent¨®n ¨¦ un militante m¨¢is das Irmandades, defende explicitamente o nacionalismo galego da Irmandade Nazonalista, a soberan¨ªa nacional, e o seu compromiso contin¨²a at¨¦ a fundaci¨®n do Partido Galeguista e concorrer na s¨²a candidatura a Cortes no ano 1931. Son anos fren¨¦ticos pois escribe a s¨²a obra, participa nos traballos do galeguismo e ao tempo busca a vida sempre en equilibrios: ¨¦ secretario dun pol¨ªtico conservador, Leonardo Rodr¨ªguez, en Madrid; vive como un dandi no balneario de Mondariz protexido polo seu dono, Enrique Peinador; ingresa na Real Academia Espa?ola a trav¨¦s dunha lei do ditador Primo de Rivera, quen ao tempo que persegue o galeguismo pol¨ªtico crea d¨²as prazas na RAE para a lingua vasca, catalana e galega. Equilibrios daquel "bohemio pulcro y distinguido", segundo Risco. Aceptar esa praza foille criticado e deixoulle unha fonda ferida. Uns anos m¨¢is tarde, en 1933, cun goberno da CEDA, a dereita radical, volve aceptar un posto remunerado nun Consello Nacional de Cultura e establ¨¦cese en Madrid. A ferida xa non ten cura. En carta a Otero Pedrayo: "De maneira que ti podes ser profesor, Castelao pode ser empregado de Estad¨ªstica, os demais o que se lle antolle, mais eu, que non te?o onde caer morto, que te?o sete fillos (...) non podo nin ser acad¨¦mico, nin podo ser dunha pobre xuntanza tan inocua, tan baleira e mal pagada (...) como o Consello da Cultura".
Cada paso andado v¨®lvese m¨¢is tr¨¢xico, pois a sublevaci¨®n militar contra a Rep¨²blica c¨®lleo en Madrid, fica no bando republicano doente de prostatismo e nunha posici¨®n ambigua, parece posicionarse claramente co goberno republicano e ex¨ªlase a Valencia, volve colaborar cos republicanos galegos, entre eles con Castelao, e volve escribir poes¨ªa militante, "?En p¨¦, traballadores! / ?Adiante os da milicia! / ?Adiante os forxadores / dunha nova Galicia!". Por¨¦n, nos ¨²ltimos anos fora renacendo nel un sentido relixioso e non partillaba as ideolox¨ªas dominantes no territorio republicano. Iso, sumado ¨¢ agudizaci¨®n da s¨²a doenza, que lle fixo temer a morte, levouno ¨¢ decisi¨®n de pasarse ao territorio nacional, onde ti?a a familia quitado un fillo. A Guerra Civil fendeu vidas como se fosen porcelanas, a de Cabanillas tam¨¦n. "No comprender¨¢s nunca, hasta el d¨ªa, que ojal¨¢ nunca sufras, de dejarlo, lo mucho que se quiere a las piedras, los ¨¢rboles, a los regatos, a los senderos. ?C¨®mo han padecido mis ojos sin la visi¨®n de ese cielo! ?C¨®mo ha sufrido mi o¨ªdo sin los rumores de ese mar!". Cabanillas non pod¨ªa aturar un exilio ou morrer lonxe.
Cun fillo falanxista e outro socialista a loitar en cada un seu bando, en Xu?o de 1937 volta ao seu Cambados, "pobre, fidalgo e so?ador". Al¨ª seguira vivindo a s¨²a muller a criar nos fillos. Al¨ª convalece, vai facendo todos os ritos de humillaci¨®n que esixen os fascistas e consegue a secretar¨ªa do Concello de Mos. ? denunciado, investigado e de novo ten que redactar unha explicaci¨®n exculpatoria dos pasos andados, da s¨²a propia vida. O resto ¨¦ derrota, necesidades, a longa miseria moral do franquismo. Reconstr¨²e os lazos personais e literarios cos galeguistas de Pi?eiro, o exilio en Buenos Aires edita a s¨²a obra completa e el edita en Bibli¨®filos Gallegos a Ant¨ªfona da Cantiga. Tempadas no mosteiro de Samos que lle deron sosego espiritual, os dous ¨²ltimos anos coa s¨²a filla de volta en Cambados. O resto ¨¦ cinza no Pante¨®n de Galegos Ilustres.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.