A contemplaci¨®n da realidade
Coa linguaxe creamos o mundo, coa palabra somos quen a abrir feridas e tam¨¦n a curalas. (Mentres escribo deixo que me envolva a m¨²sica de Manuel Balboa, morto con trinta e nove anos en 1997, escrita para o filme El baile de las ¨¢nimas. A danza das ¨¢nimas do coru?¨¦s Balboa cond¨²ceme a lembrar ao vigu¨¦s Enrique Mac¨ªas, tam¨¦n morto). A m¨²sica ac¨¢elle ben ¨¢ lectura de Follas de vagar, o libro de Eduardo Moreiras reeditado agora.
O libro ¨¦ unha discreta proeza po¨¦tica, un logro silencioso nuns anos terribeis, ¨¦ a destilaci¨®n espiritual do ano que vai de decembro do 69 ao do 70, xustamente cando comeza o Proceso de Burgos, un xu¨ªzo sumar¨ªsimo a 16 militantes de ETA, e publ¨ªcase no ano 72, cando toda Galiza estaba en p¨¦, desde a folga xeral de Vigo at¨¦ a de Ferrol, cos obreiros asasinados pola polic¨ªa, e pasando polo Santiago universitario a loitar nas r¨²as. F¨®ra dunha ¨¦poca que rebentaba, f¨®ra dese mundo subido na monta?a do Courel, Moreiras vai segregando un f¨ªo de linguaxe na que mexen os momentos da vida trascendidos, unha conversa cun vello, a matanza do porco, unha cabuxa no escuro do cortello, a chegada da primavera ¨¢s ¨¢rbores de p¨®las n¨²as, coas reflexi¨®ns sobre a arte e a literatura, a poes¨ªa, ese mester seu. O 26 de xaneiro dese ano reflexiona sobre a necesidade de que os nenos galegos aprendan m¨²sica e cita a Yehudi Menuhin: "A m¨²sica axuda ao individuo a atopar a s¨²a personalidade, a s¨²a m¨²sica esencial". O 27 retrata a Stendhal como un cartesiano; ¨¦rao. O 28 cavila no anceio da felicidade. Nos ¨²ltimos d¨ªas do ano conviven San Juan de la Cruz, o hind¨² Patanjali, Otero Pedrayo, o iogui Mukerji, ?lvaro Cunqueiro, Bernal D¨ªaz del Castillo, Anna Akmatova, Plotino... Cerra o libro cunha cita do budismo chin¨¦s: "Aquel que dea co esp¨ªrito en calma, maino, desvencellado das cousas, ese atinguir¨¢ Samadhi. A contemplaci¨®n da realidade."
Este libro non ten o nervo violento para imporse como can¨®nico, ser¨¢ un libro ¨¢ marxe mais ¨¦ un espl¨¦ndido obsequio para a nosa literatura. O seu celme ¨¦ a rareza, o seu ¨²nico. Moreiras foi un moderno no alto da monta?a, como tantos europeos desde Caspar David Fiedrich. "Mais eu morro polo vento puro dos cumeiros, e adoezo pola verdade n¨²a". Un ten a tentaci¨®n de pensar: "Se o autor escribise hoxe isto ser¨ªan os apuntamentos dun blog". Non, xustamente o contrario. ? un labor de serenidade, o vac¨ªo fecundo dentro de un que viron o mestre Eckhart, Suso ou o Buda. ? un acto leve de construir un lugar para poder ser.
A vida est¨¢ armada con f¨ªos invisibeis que manexan os dedos de ¨¢nimas. ? certo, a Estadea existe, somos os vivos os que temos conta dela, os vivos con memoria. O t¨®pico modernizador dic¨ªanos de rapaces que a luz el¨¦ctrica acabou coa Santa Compa?a, non ¨¦ certo, s¨® desaparecer¨¢ cando deixemos de ter memoria. Eduardo Moreiras no Courel, grazas a este libro reeditado, este acto de memoria, ¨¦ un contempor¨¢neo noso. A arte ¨¦ filla da memoria, unha danza das ¨¢nimas. "Escribir en galego (...) ¨¦ unha toma de posici¨®n fronte aos que asoballa ao noso pobo e queren comboutar a nosa cultura", non esquece escribir Moreiras.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.