?nxel Casal, a f¨¢brica de N¨®s
Nunha noite de agosto de 1936, sempre noite para a traici¨®n, apareceu nas aforas de Santiago outro corpo dun home asasinado. O corpo que deixaron tirado nunha gabia era o do alcalde da cidade, un editor, un tip¨®grafo. Outro tip¨®grafo. Desde que Diderot, aquel editor casado cunha costureira, comezou a mediados do s¨¦culo XVIII a usar o prelo como instrumento para cambiar o mundo, inn¨²meros tip¨®grafos foron contaminados por ese mesmo mal de querer rexenerar a sociedade. Foi certo que a Casal o asasinaron casualmente a mesma noite que a un autor a quen el lle editara seis poemas, Lorca. Mais esta ¨¦ a historia dun tip¨®grafo triunfador, que non nos confunda ese corpo dun home de 41 anos a¨ª ca¨ªdo. Ese non ¨¦ o final da historia, porque esta ¨¦ a historia dun ¨¦xito.
Asasin¨¢rono a mesma noite que a Lorca, a quen editara seis poemas
Estabeleceu a ponte entre os republicanos coru?eses e a mocidade galeguista
"Publicar todas aquelas obras que estando escritas na nosa fala contribuian de calquera xeito ao seu m¨¢is grande uso sen perder o tempo en disquisici¨®ns in¨²teis. N¨®s pensa, e as¨ª o practica, que hoxe en galego hai que escribir de todo e para todos". El editouno todo, ¨¦ o editor da literatura galega, o panadeiro que repartiu palabras como pans. S¨® unha visi¨®n pueril da cultura pode esquecer que quen crea as ideas e as obras art¨ªsticas son os cient¨ªficos, intelectuais e artistas, mais quen logo crea os libros son os editores. Casal foi o fabricante da cultura e a literatura galega do primeiro terzo do s¨¦culo XX, xustamente cando se dirime a batalla por facer da lingua galega unha lingua de cultura capaz a expresar o seu tempo. Foi Casal quen editou a Otero, Risco, Castelao, Cunqueiro, Manoel Antonio, Ram¨®n Villar Ponte, Cabanillas, Blanco Amor, Amado Carballo, V¨ªctor Casas, Filgueira Valverde... Editou literatura, historia, ensaio pol¨ªtico, propaganda... Con el colaboraron como ilustradores Seoane, Camilo D¨ªaz Bali?o, Maside... Editou "de todo e para todos".
O rapaz que naceu na Praza de Mar¨ªa Pita coru?esa nunha familia de ambiente republicano e que emigrou con catorce anos a Buenos Aires ga?ou al¨ª conciencia galeguista e aprendeu o oficio da liberdade: tip¨®grafo. Voltou a Galiza, que para el xa non era unha terra, sen¨®n a Terra que quer¨ªa ser naci¨®n e empr¨¦gase no consulado de Francia na Coru?a. Proba logo ir traballar como traductor a Burdeos, volta de al¨ª a uns meses e fai o servizo militar. Co?ecer por dentro o ex¨¦rcito espa?ol de 1914 ref¨®rzalle as ideas republicanas e galeguistas. Participa na fundaci¨®n da Irmandade da Fala coru?esa no ano 1919, un partido progresista e republicano, que ter¨ªa a s¨²a sede na R¨²a Real de A Coru?a, n? 36: o seu enderezo persoal. Casal sit¨²ase desde o comezo nunha li?a do galeguismo que entrar¨¢ en conflitos internos sucesivos co galeguismo m¨¢is conservador, tanto o coru?¨¦s como o ourens¨¢n. A li?a republicanista de Ant¨®n Vilar Ponte. A Galiza que prentende Casal non s¨® se reivindica hist¨®ricamente, tam¨¦n quere unha reforma social.
Entre as achegas econ¨®micas para fundar a Irmandade consta a aportaci¨®n de "1 peseta" por parte dunha moza chamada Mar¨ªa Miramontes Mato, unha costureira reco?ecida. Ser¨ªa por eses anos que se co?eceron e casaron e abriron unha tenda de tecidos. Mais a vocaci¨®n de Casal era a de Diderot. Un primeiro intento de fundar unha editorial con Labarta Pose non fraguou, mais cando xa estaba para voltar a Buenos Aires (at¨¦ a metade do s¨¦culo Galiza foi americana) Leandro Carr¨¦ Alvarellos proponlle en 1924 crear unha sociedade e fundan a Editorial Lar. Non ti?an prelo propio. Lar ¨¦ o comezo verdadeiro da novel¨ªstica galega, pois crea unha colecci¨®n de noveli?a breve mensual cunha tiraxe de 3.000 exemplares. Abren a colecci¨®n cun t¨ªtulo de Wenceslao Fern¨¢ndez Fl¨®rez, A mi?a muller, e a colecci¨®n resulta ser un verdadeiro ¨¦xito editorial. Mercan maquinaria propia e editan A Nosa Terra, o ¨®rgano galeguista, reemprenden tam¨¦n a edici¨®n da revista N¨®s que fundara uns anos antes o grupo ourens¨¢n de Risco e que levaba anos sen edici¨®n. O traballo editorial de Casal revitaliza a Irmandade coru?esa e ao conxunto do galeguismo.
Tanto a militancia de Casal como a s¨²a vontade de ter unha empresa propia e ser editor profesional conducen ¨¢ separaci¨®n dos dous socios. Lar seguir¨¢ a¨ªnda un tempo, cerr¨¢ndose coa edici¨®n do Dicionario do propio Carr¨¦ Alvarellos e Casal abrir¨¢ a Editorial N¨®s. A vocaci¨®n social e pol¨ªtica de Casal l¨¦vao a comprar novas m¨¢quinas para editar un xornal republicano vespertino, con parte dos textos en galego, El Momento, e do que s¨® se chegan a editar 14 n¨²meros pois. Malia as arelas republicanas na cidade, ¨¦ un fracaso e unha cat¨¢strofe econ¨®mica que o conduce a trasladarse a Santiago no ano 31 na procura de p¨²blico.
Ese fracaso empresarial de Casal ten, paradoxalmente, un efecto enriquecedor para o galeguismo. Abriu o seu negocio en Santiago, primeiro na R¨²a das Hortas e logo na R¨²a do Vilar, 15, e, fac¨¦ndose co?ecido nos ambientes republicanos santiagueses, estabeleceu unha ponte entre a xeraci¨®n republicana e galeguista coru?esa e a nova mocedade galeguista universitaria que se fraguaba neses anos. Son anos marcados pola esperanza e pola ameaza que pairaba no ar. En 1933 Hitler xuraba o cargo de chanceler da rep¨²blica alemana e en Espa?a comeza o chamado Bienio negro republicano.
? un tempo de febre ideol¨®xica e todas as persoas implicadas na vida social e pol¨ªtica m¨®vense, evolucionan e matizan as s¨²as posici¨®ns. Casal contin¨²a evolucionando dentro do galeguismo nas correntes m¨¢is progresistas e de esquerda democr¨¢tica. Tras o mostrador, co seu cigarrillo adoito, "resplandec¨ªalle o sol na cara ao ver a un amigo" entrar na s¨²a tenda. As¨ª o lembra Otero Pedrayo. Am¨¢bel, cort¨¦s e teimudo, as¨ª o lembran outros. "O gran coraz¨®n optimista e fidalgo de ?nxel Casal e toda a s¨²a inmensa esperanza e amor [...] a Castelao e a Otero Pedrayo co?ec¨ªmolos ao redor daquel mostrador. ?En que outra vida ocorreu todo iso?", rememoraba Seoane anos despois, lonxe, no exilio. "O que devec¨ªa por achegarse ¨¢s m¨¢quinas entre os cinco operarios a luxarse de tinta, o seu pracer, e a fedellar nas d¨²as ou tres minervas, unha guillotina e unhas modestas caixas de tipograf¨ªa [...] Un taller simple e pobre", lembra Seoane. Outros testemu?os falan dunha imprensa para encadernar, unha m¨¢quina de gravar, unha Linograph, unha linotipia. Esas eran as tem¨ªbeis armas de Casal, coas que editou libros, panfletos de toda canta organizaci¨®n pol¨ªtica ou sindical llo encargou, facturas, tarxetas de visita, sobres, publicidade comercial...
Foi certo, prend¨¦rono nunha aldea de Arz¨²a, lev¨¢rono ao c¨¢rcere santiagu¨¦s, a Falcona, e de al¨ª o sacaron a culatazos, de noite e en camiseta. Deixou unha toalla, unha pastilla de xab¨®n, unha chaqueta, unhas zapatillas e mais un reloxo. Camilo D¨ªaz Bali?o, amigo irm¨¢n, tiroulle un ¨²ltimo retrato feito a l¨¢pis, o retrato dun tip¨®grafo a piques de ser asasinado.
Mais a historia non acaba no corpo dun home asasinado. A s¨²a casa e o seu taller foron asaltados e roubados polos fascistas, as s¨²as m¨¢quinas expoliadas e desaparecidas. "Un libreiro de Vigo merca os libros e as publicaci¨®ns que ti?a a imprenta N¨®s", referiu Xes¨²s Carro, "¨¢ s¨²a chegada na dita mencionada cidade, uns moci?os, lucindo unhas camisas do seu idealismo, pux¨¦ronlle fogo aos caix¨®ns". A s¨²a esposa Mar¨ªa Miramontes, que compartira a empresa, os traballos, que mesmo financiara coa costura as quebras e apuros econ¨®micos, fuxiu a Buenos Aires (¨®nde se non).
Mais a historia tampouco non acaba a¨ª. A historia contin¨²a na reconstrucci¨®n da cultura en lingua galega no exilio e no interior, contin¨²a en cada editor galego, en cada persoa que escribe en galego, mesmo contin¨²a na existencia destas p¨¢xinas. N¨®s existe en todos n¨®s.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.