Novas imposturas ling¨¹¨ªsticas
No anos noventa afianzouse unha pol¨ªtica consistente en conmemorar a lingua, en troca de propiciar avances nos seus usos sociais. Funcionou nos gobernos do PP na Xunta, pero tam¨¦n nos concellos de todas as cores, inclu¨ªdos os nacionalistas. Esa pol¨ªtica practicouse nas instituci¨®ns de goberno, mais contra o que se di agora interesadamente, na era Fraga non houbo consenso arredor da lingua. Os gobernos auton¨®micos eran duramente cuestionados por cantarlle ao idioma co di?eiro correspondente a incentivar o uso. Esa era a estratexia da constelaci¨®n organizativa nacionalista que non traballaba nos concellos. O nacionalismo marcou a axenda opositora neste asunto, pero unha man non v¨ªa o que fac¨ªa a outra.
Nin o PSOE nin o Bloque din nada sobre a s¨²a futura pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica se volven ao poder
Na ¨²ltima presidencia de Fraga, a UPG e o Bloque redobraron os ataques para desgastalo. Moitos cr¨ªan que ao gobernar eles as cousas cambiar¨ªan moito, porque hab¨ªa vontade pol¨ªtica, dic¨ªan. E non foi as¨ª. O bipartito apenas variou nada. A conmemoraci¨®n intensificouse co apoio de todo o nacionalismo, que revestiu d¨²as formas. Os quintanistas proclamaron que cumpr¨ªa paciencia e adoptaron de contado a receita xestora de Fraga. A UPG decidiu atacar sistematicamente o PSOE, culp¨¢ndoo de impedir facer unha pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica progresiva. Quer¨ªan calmar os ¨¢nimos dos descontentos. As xentes de Francisco Rodr¨ªguez ocultaron os actos dos seus conselleiros, camaradas de partido, que fac¨ªan o mesmo que os demais.
Outro ¨¢mbito que axudou a consolidar a conmemoraci¨®n durante o bipartito ¨¦ o dos t¨¦cnicos da normalizaci¨®n, socioling¨¹istas, Centro Ram¨®n Pi?eiro, Instituto da Lingua Galega (ILG), Real Academia e semellantes. N¨²trense dos fondos adicados ¨¢ promoci¨®n do galego, cando o seu labor ¨¦ filol¨®xico, cultural ou literario. Un enorme conglomerado de intereses que axi?a defendeu a vella li?a dos novos gobernantes.
Moitos escritores e artistas apoiaran o acoso ao PP. Outros simpatizaran en silencio coa esquerda mentres negociaban prebendas coa dereita. Confl¨²en nas simpat¨ªas co bipartito, despois comezan a amosar a s¨²a decepci¨®n e finalmente a viaxe a Cuba, convidados pola Consellar¨ªa de Cultura, calma definitivamente o descontento, igual que un b¨¢lsamo. A xesti¨®n que se prev¨¦ para d¨²as ou tres lexislaturas resulta xa comprens¨ªbel.
A pr¨¢ctica da conmemoraci¨®n, unha das bandeiras de Fraga, as¨²mese definitivamente como propia de todo o nacionalismo. Cando remata a lexislatura eses sectores est¨¢n moi satisfeitos, porque gobernaron os seus, porque as engrenaxes das subvenci¨®ns est¨¢n mellor engraxadas que nunca e porque o ascensor social e profesional a trav¨¦s do poder auton¨®mico funciona ben. A nova vitoria do PP c¨®lleos con este peiteado.
Por que cambia de pol¨ªtica ling¨¹¨ªstica o PP? Porque na direcci¨®n do partido perde influencia a tendencia galeguista; polo estado de opini¨®n que se crea no centro pol¨ªtico e medi¨¢tico, contrario ¨¢s identidades perif¨¦ricas; polo compromiso electoral do PP con Galicia Biling¨¹e e cos sectores do partido m¨¢is dereitistas, consistente en recortarlle dereitos ao galego; porque o partido xa non ten a autonom¨ªa que adquirira con Fraga; porque hai un sector da poboaci¨®n, rico, de colexio relixioso, que non soporta o contacto co galego; porque Feij¨®o env¨ªa sinais indicando que pode suceder a Rajoy; porque o galego ¨¦ moi minoritario nas xeraci¨®ns m¨¢is novas; porque Rosa D¨ªez est¨¢ ¨¢ espreita e quere pescar nos caladoiros populares. Varias persoas temos dito isto. Mais se esas cousas tivesen sucedido con Fraga, atribuir¨ªanselle ¨¢ ideolox¨ªa do vello franquista. E no entanto non sucederon.
O PP necesitaba singularizarse na oposici¨®n e aguzou as arestas. ? case unha lei f¨ªsica. E faino porque cre que pode, mais non ¨¦ exactamente as¨ª. Eses sectores nacionalistas, peiteados xa ¨¢ moda de Fraga, que durante o bipartito acordaran firmemente a pol¨ªtica de homenaxe, a da morte tranquila e loada do idioma, nunca tolerar¨ªan a morte da lingua a patada limpa, con desmontes t¨²zaros do edificio conmemorativo. ? l¨®xica a indignaci¨®n e que de novo se organizasen as levas e a resistencia, por certo que con tantos rexementos como tendencias, ao estilo republicano do 36.
Tr¨¢tase para eles de frear o retroceso que como se sabe v¨¦n dado polo novo decreto do ensino e sobre todo pola negaci¨®n da Lei de Normalizaci¨®n Ling¨¹¨ªstica, que obriga a promover o galego desde os poderes p¨²blicos.
Mais nin o PSOE nin o Bloque din nada sobre a s¨²a futura pol¨ªtica, en caso de que cheguen de novo ao poder auton¨®mico. Os sat¨¦lites organizativos, sindicatos, mesas e organizaci¨®ns diversas, tampouco o esixen, s¨® resisten. Ningu¨¦n obxecta nada. Todos saben que ser¨¢ a mesma de Touri?o e Quintana. A mediocridade pol¨ªtica actual impide enxergar outros azos, abonda con ver a oposici¨®n reivindicando o bipartito como modelo. Por esas raz¨®ns se di que o PP rompeu o vello consenso ling¨¹¨ªstico, o cal ¨¦ rigorosamente falso.
Xos¨¦ Manuel Sarille ¨¦ autor de A impostura e a desorientaci¨®n na normalizaci¨®n ling¨¹¨ªstica (Candeia, 2007) e foi o primeiro presidente da Mesa pola Normalizaci¨®n Ling¨¹¨ªstica
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.