Sabendo que hai un drama elaborado
Que fac¨ªa Ela mentres ti escrib¨ªas? O mesmo poema de amor e enfermidade, cortando os versos cunha navalla repetida, case co mesmo ritmo. Na mi?a pel¨ªcula Ela da un golpe cun martelo dentro da t¨²a cabeza, conta dous, da outro e prod¨²cese o salto de li?a. A veces non. A veces reb¨¦laste. Valente. Celan. Bernhard. Os sulcos vermellos de todo o que escribiches. Como explicar que se incendiaban o corpo e o que el poder¨ªa. Que afogaba Londres e viv¨ªas xunto ao r¨ªo. Constru¨ªas o poema para amarrar verdade? "A n¨¦boa en Monforte fumadora de opio / ¨¦ a nai de siluetas furtivas". Que quer¨ªas das palabras? "A exactitude da casa que queimas".
Os primeiros sonme diferentes. Alan?s psychedelic breakfast: "Porque / no ritmo das camp¨¢s ?ser¨¢ in¨²til reflexarse?". Abro o libro que non chegaches a ver e titularon Poemas para unha loia e a cabeza inventa acenos previos a que poses, con esa cara chupada e sen mirar de fronte, para Vari Caram¨¦s. Foi moita a atrocity exhibition? "Todos quixeran ver despois da orx¨ªa / se o que levo gardado ¨¦ un pensamento / enfiado en agullas de iron¨ªa".
Nomear o mal serve para mantelo a raia? "Nunca perd¨ªn esa necesidade de sentirme molesto e radical"
Souben dalgunha xente da que andaba contigo, da que non sae nin escribe na prensa. Eran imaxes nunha pantalla. Pensei en que falaban deles a prop¨®sito de ti. Foi un d¨ªa na Casa da Atochas, un centro social autoxestionado que resiste na Coru?a. Foi nas Letras de 2009, as de Ram¨®n Pi?eiro, e lembro que se falou de se che dedicar¨ªan o d¨ªa a ti ou non e de se estar¨ªa ben ou non. Non lembro qu¨¦ dixemos. Estiveches nalgunha casa ocupada en Berl¨ªn? "Kreuzberg con fame de Kebab paseando libres / ¨¢ sombra do Muro coira vodka e Pogo / demolici¨®n alternativa en revolta eficaz / O cheiro acedo de suor a sono ferroviario ¨¢s cinco / da ma?¨¢ / con fr¨ªas de d¨²as noites e dous d¨ªas en mono de metal".
Hai pouco escoitei a t¨²a voz. Nunha entrevista no Diario Cultural da Radio Galega antes de morrer en 1996. Ese falar sen pr¨¦sa, as pausas que dan quentura e n¨® no est¨®mago ao mesmo tempo. A calma cando dis sa¨ªr vivo aproveitando calquera minuto da vida. Os xornais trazan a t¨²a biograf¨ªa e sorpr¨¦ndome matinando se pod¨ªas ver un filme sen pensar c¨®mo quedar¨ªa dobrado ao galego. Rel¨¦ote e contra a morte ve?en as preguntas. Estampaches alg¨²n coche? As patacas non sab¨ªan como antes? Todo amor ¨¦ in¨²til? Nomear o mal serve para mantelo a raia? "Nunca perd¨ªn despois de tantos anos esa necesidade de sentirme sempre molesto e radical".
Segue xirando a roda hidr¨¢ulica da c¨ªclica historia universal da infamia. A Uni¨®n Europea da cobertura a vixilancia e recolecci¨®n sistem¨¢tica de datos persoais de calquera cidad¨¢n sospeitoso de experimentar un proceso de radicalizaci¨®n. Lendo o ¨²ltimo texto que publicaches, esa intenci¨®n de irlle ¨¢ ra¨ªz ao desacougo, esa Modesta proposta a reunciar a facer xirar a roda... pregunto se algunha vez te soubeches na li?a de fronte. A ti que che dixeron poeta punk ou escritor de culto. Ti que gustabas da gratuidade da beleza. Seguiches a Eric Rohmer. Escribiches mil veces a palabra amor. De que parte est¨¢s? "Obrigado a loitar polo evidente / cunha serea furia / antiga e sabia".
O ¨²ltimo libro de Xiana Arias Rego, poeta e xornalista, ¨¦ Acusaci¨®n (Galaxia, 2009)
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.