Ram¨®n Mar¨ªa del Valle-Incl¨¢n, galego, escritor, extravagante, ¨²nico
Hai probos e sensatos avogados que logo dan fillos estrafalarios e insensatos artistas. Tal foi o caso de Ram¨®n del Valle-Incl¨¢n Berm¨²dez de Castro casado con dona Dolores de la Pe?a y Montenegro, membros dunha fidalgu¨ªa en decadencia. Amigo e colaborador de Manuel Murgu¨ªa, gu¨ªa dunha xeraci¨®n galeguista e liberal. O pai, Ram¨®n, foi un home de proxectos colectivos e o fillo, Ram¨®n Mar¨ªa, un individualista insultante. A s¨²a divisa: "El que m¨¢s vale no vale tanto como vale Valle". Ram¨®n chegou a ser secretario dunha deputaci¨®n e Ram¨®n Mar¨ªa un bohemio arruchado. Hoxe lembramos a Ram¨®n porque queremos imaxinar a Ram¨®n Mar¨ªa, tanto pode a literatura.
Todo en Valle ¨¦ litixio, desde o nacemento at¨¦ a morte. A s¨²a nai pasou os d¨ªas previos ao parto na Pobra do Carami?al, agora que nacer naceu o 28 de outubro de 1886 en Vilanova de Arousa. El, cousa rara, pactou un consenso e asegurou que nacera no medio da r¨ªa no vapor que a cruzaba. Malia que non puido escribir a s¨²a morte, resultou como se fose a representaci¨®n dun cadro dram¨¢tico seu: o seu enterro rematou nun tumulto dram¨¢tico baixo un chover que arroiaba. Baixou ¨¢ terra nun 5 de xaneiro de 1936. Estaba a piques de abrirse o chan baixo os p¨¦s da xente para emerxer o inferno. Salvouse por seis meses de ser fusilado. No medio, entre o nacemento en Arousa e a morte en Compostela, a aventura dun rapaz que so?ou ser artista con furia infantil.
Criouse na fidalgu¨ªa rural, dunha banda a biblioteca do pai e doutra a criada
Aspirou a "reconstruir la personalidad gallega federalmente"
Para su primer libro, 'Femeninas', pediulle un pr¨®logo a Manuel Murgu¨ªa
Finou e foi levado a ombros republicanos ao cemiterio civil
Criouse no mundo dos fidalgos rurais. Dunha banda a biblioteca do pai e doutra o mundo da criada que o coidou, a Galana, que o envolveu en contos e lendas t¨¦tricas. Aquel neno ficou pre?e desa maxia para toda a vida. Pazos escanastrados e campos de pan, millo e uveiras, ao fondo a r¨ªa: nese territorio vivo e habitado por personaxes que el soubo ver como m¨¢xicos aprendeu que a vida era un conto, unha obra literaria m¨¢xica. O amor pola s¨²a terra nunca mirrou, un amor absoluto e m¨ªstico, ¨¢ beira da ¨¦xtase: "Con una alegr¨ªa coordinada y profunda, me sent¨ª enlazado con la sombra del ¨¢rbol, con el vuelo del p¨¢jaro, con la pe?a del monte. La tierra de Saln¨¦s estaba toda en mi conciencia por la gracia de la visi¨®n gozosa y teologal".
Estuda o bacharelato entre Santiago e Pontevedra, pasa uns anos decisivos en Compostela facendo como que estuda Dereito por compracer ao pai, le nas bibliotecas e alterna nos faladoiros, no Ateneo, vai cristalizando a s¨²a vocaci¨®n de artista. Colabora na revista compostelana Caf¨¦ con gotas e na barcelonesa La Ilustraci¨®n ib¨¦rica. Unha visita ¨¢ cidade de Zorrilla, o poeta consagrado, ax¨²dao a imaxinarse escritor rom¨¢ntico. Leva xa cinco anos na cidade e a¨ªnda est¨¢ en terceiro de carreira cando morre o pai. Esa morte lib¨¦rao de compracer a vontade paterna e ten a¨ªnda 22 anos. ? a ocasi¨®n de atreverse. Ten que fuxir a un lugar alleo para comezar a vivir a vida so?ada, un lugar no que haxa un p¨²blico para conquistar e unha corte na que triunfar: s¨® pode ser Madrid. Ese ¨¦ o momento no que se funda un conflicto que o vai acompa?ar e que evoluciona durante toda a s¨²a vida: a s¨²a relaci¨®n con Galiza como pa¨ªs. De negarlle a condici¨®n de lingua ao galego pasou a aspirar a "reconstruir la personalidad gallega federalmente, sin pretender m¨¢s, pero tampoco menos que Catalu?a". Resolveu vitalmente ese preito vindo morrer aqu¨ª. Valle nunca renunciou ao seu particular mundo m¨¢xico de infancia, mais os galeguistas ped¨ªanlle compromiso coa nosa lingua. El viu que a lingua galega nesa altura non lle permitir¨ªa vivir como artista, atarse a unha lingua literaria por reconstru¨ªr, sen un p¨²blico nin un Estado detr¨¢s que a protexese, supu?a renunciar ao seu so?o de artista. Os escritores rom¨¢nticos e bohemios extravagantes tam¨¦n precisan un p¨²blico e un Estado detr¨¢s.
Viaxa a Madrid, cruza montes e meseta cunha reata de arrieiros maragatos e comeza o primeiro ensaio dunha representaci¨®n. Aparece na escena madrile?a un novo personaxe, pavero, un mozo mi¨²do e feo, sotaque galego, ceceante, impertinente, agudo e discutidor. Empeza a ensaiar a s¨²a nova vida, el ¨¦ o autor desa obra e vai ser quen dicte a s¨²a propia lei. O artista xa creou a s¨²a m¨¢scara, un par de anos pasear¨¢ esa m¨¢scara por faladoiros e sociedades da corte madrile?a, escribir¨¢ artigos e contos na prensa local at¨¦ que comproba que non d¨¢ aberto cami?o. Volve a Galiza, Pontevedra, e de al¨ª a M¨¦xico.
Desa estad¨ªa mexicana pouco sabemos, non sendo o que el contou. De al¨ª tirar¨¢ substancia para unha obra posterior, Tirano Banderas, un alarde de creaci¨®n de lingua e de estilo literario que inaugura unha tradici¨®n literaria en castel¨¢n: as novelas protagonizadas por un dictador sanguinario e excesivo. Mais ent¨®n a¨ªnda non existe o escritor maduro, quen volta de M¨¦xico a Pontevedra ¨¦ a promesa dun autor. Trae na maleta contos para un libro, crea unha imaxe caracter¨ªstica, capa, chapeu e barbas, merg¨²llase nas bibliotecas a ler a literatura do momento e finalmente edita Femeninas. Xa ¨¦ un escritor. Para o libro pediulle un pr¨®logo a un prestixiado intelectual galeguista, Murgu¨ªa, o vello amigo do seu pai. Reco?ece en Murgu¨ªa a encarnaci¨®n da "alma rexional", da "raza": a¨ªnda non hai distancia ou conflicto co galeguismo, Valle ent¨¦ndese a si propio como galego dun xeito natural, non ideol¨®xico. E volve a Madrid. Desta vez vai conquistar un lugar nese escenario.
Vive a vida bohemia, pasa fame e enceta unha carreira de actor. Discute coas figuras indiscutidas da ¨¦poca, Baroja, Unamuno, e en adiante ter¨¢ conflictos con Gald¨®s, cos ?lvarez Quintero. Nunca deixar¨¢ de ser belixerante cos demais escritores. Nunha disputa de caf¨¦ sofre unha ferida e perde un brazo. Podemos hoxe ler toda a obra posterior de Valle grazas a que o seu rival lle deu no brazo esquerdo e non no dereito. As¨ª viviu Valle.
Tivo tempo para casar e ter tres fillos coa actriz Josefina Blanco. Viaxou a Italia e Am¨¦rica, de Madrid ¨¢ Terra e de volta a Madrid; transformou, deformou e reformou a lingua castel¨¢ con influencias galegas, americanas, andaluzas, cal¨®; escribiu obras teatrais magn¨ªficas e irrepresentadas; contos e novelas a formar dous grandes ciclos: as obras na Galiza lembrada e imaxinada por el e as que retratan a voces a historia pol¨ªtica da Espa?a. As primeiras son sombras m¨¢xicas, grotescas e tr¨¢xicas; as segundas son monicreques rechamantes, grotescos e c¨®micos. Na obra de tem¨¢tica galega constr¨²e un tempo salvaxe e decadente nos pazos, a fin dun mundo feudal. As obras onde trata a historia de Espa?a debuxan o retrato social e pol¨ªtico dunha corte decadente que s¨® pode expresarse a trav¨¦s da caricatura, do esperpento.
Valle viviu sempre est¨¦ticamente, non como un dandi sen¨®n como un fidalgo, e por iso militou no individualismo, primeiro no elitismo carlista e logo no arrebatado anarcosindicalismo. A s¨²a particular ollada sobre a Espa?a daqueles seus ¨²ltimos anos, Luces de Bohemia, resume a traxedia republicana. E logo veu morrer aqu¨ª, a este "pa¨ªs desarticulado y amargo".
Desde o seu Santiago, aquela groria literaria envellecida, exquisita e antip¨¢tica paseou o pa¨ªs de arriba abaixo, Arousa, A Coru?a, Vigo, Ourense, volveu protagonizar os caf¨¦s e faladoiros da cidade e os ambientes republicanos, foi coidado polo doutor Villar Iglesias e al¨ª morreu no seu sanatorio nunha morte p¨²blica. A agon¨ªa daquel artista eximio e republicano dividiu ¨¢ cidade e ao pa¨ªs entre a dereita integrista, que pretend¨ªa que confesase antes de morrer, e os republicanos laicistas, que blindaron a s¨²a agon¨ªa para que non abdicase. Finou e foi levado a lombos republicanos ao cemiterio civil. Teatral e dono da s¨²a vida at¨¦ a fin deixou escrito, "Le dejo al tabernero de la esquina / para adornar su puerta, mi laurel. / Mis palmas al balc¨®n de la vecina: / a una m¨¢scara loca, mi oropel". Cantando baixo toda aquela chuvia, seis meses antes da fin do mundo.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.