A volta do novelista pr¨®digo
V¨ªctor Freixanes publica, despois de 17 anos de silencio, 'Cabalo de ouros'
? desas novelas das que -como adoita suceder cada vez m¨¢is, e parece bo sinal- xa se fala e escribe antes de que vexan a luz. Mesmo son temas de conversa social. "Parece que as 20 primeiras p¨¢xinas non son precisamente accesibles. Que as escribiu case como un reto ao lector", escoitei a un pre-lector a pasada semana. "A novela -toma a palabra o autor- ten tres partes. Unha ¨¦ un limiar co universo e o ton dun cantar de cego interpretado polo narrador. A segunda ¨¦ unha cantata para orquestra sinf¨®nica e p¨®lvora, cun ton de humor, iso que Vicente Risco dic¨ªa que era a defensa dos indefensos. A terceira ¨¦ o relato dunha testemu?a que emigrou e que recorda os feitos 20 anos despois".
"Hai un problema coa pol¨ªtica: non se ten sensibilidade cara ao cultural"
"A nosa epopea, a nosa aventura colectiva ¨¦ a emigraci¨®n"
Cabalo de ouros, de inminente aparici¨®n en Galaxia, ¨¦ a primeira novela de V¨ªctor Fern¨¢ndez Freixanes (Pontevedra, 1951), desde A cidade dos C¨¦sares (Xerais, 1992) ganadora do Premio Torrente Ballester. Dezasete anos de silencio na traxectoria dun novelista na que hai chanzos como O tri¨¢ngulo inscrito na circunferencia (Galaxia, 1982), un referente na renovaci¨®n da narrativa galega. "? un xesto de respecto aos lectores. Eu escribo moito, o que chamo 'literatura gris', ensaios e informes, e o feito de ser editor condicionoume como autor, te?o a obriga de ser a lanzadeira dos outros autores, non un competidor. Quizais tam¨¦n hai un exceso de autocr¨ªtica. Esta empezou sendo un conto, e vin que hab¨ªa un universo enteiro que necesitaba levedar. Foise cocendo nos avi¨®ns e nos hoteis, co port¨¢til como un div¨¢n de psiquiatra", xustifica Freixanes, por un lado a tardanza en publicar e por outro -d¨¢ a sensaci¨®n- tam¨¦n o feito de publicar.
A agardada novela de Freixanes transcorre na posguerra. "? a cr¨®nica dun tempo que me interesa moito, o per¨ªodo da posguerra dos anos 40 e 50, no que se produciu un fen¨®meno pouco co?ecido, a cultura do wolfram, xente que perde unha guerra e se dedica a sobrevivir. Xente que sempre me fascinou, a xeraci¨®n de meus pais. ? unha partida que dura tres d¨ªas coas s¨²as noites, afastados de todo, na que participan sete xogant¨ªns: tratantes de gando, m¨¦dicos compostel¨¢ns, o secretario do arcebispo... Esa partida ocorreu realmente, e non foi a ¨²nica".
-O wolfram e o contrabando est¨¢n tam¨¦n presentes nas ¨²ltimas obras de Manuel Rivas. Esas historias son o noso western?
-A nosa epopea, a nosa aventura colectiva ¨¦ a emigraci¨®n. O wolfram reflicte a miseria dun tempo. Xente que trataban con el e ganaban tanto que prend¨ªan os puros cun billete de cen pesetas, ou ench¨ªan con champ¨¢n as p¨ªas de salgar. As mulleres levaban o mineral no refaixo... En min e en Rivas hai unha preocupaci¨®n pola memoria, a m¨ªtica ou a hist¨®rica, por tentar explicar o pa¨ªs polo que somos.
A hora de elaborar esa explicaci¨®n, V¨ªctor Freixanes ¨¦ un observador privilexiado. ? escritor, investigador acad¨¦mico, e tam¨¦n forma parte desa non moi ampla n¨®mina de profesionais que tiveron e te?en roles directivos en empresas de aqu¨ª e de f¨®ra, para os que o pa¨ªs ¨¦ unha realidade que lles preocupa m¨¢is al¨® das oportunidades de negocio. A conversa transcorre precisamente no Auditorio de Galicia, cheo de xente das artes esc¨¦nicas que falan en grande parte das medidas (ou da falta delas) da administraci¨®n sobre a produci¨®n cultural.
-Que ten que mellorar? As pol¨ªticas culturais, a demanda social dos produtos culturais ou as estratexias das industrias culturais?
-Temos un problema coa pol¨ªtica, na que, con algunha excepci¨®n, non hai sensibilidade ningunha cara o cultural, e mesmo cando estaban os outros, alg¨²ns esperabamos m¨¢is. Temos un problema financeiro: a sociedade civil que antes amparaba proxectos, agora est¨¢ asfixiada ou desapareceu do mapa. Temos un problema coa lingua, que ten que ver coa pol¨ªtica: o Goberno ¨¦ moi reticente ¨¢ recuperaci¨®n do idioma galego, e estar paralizado ¨¦ dar marcha atr¨¢s. Temos tam¨¦n un cambio xeracional de h¨¢bitos de consumo, a gratu¨ªdade na Rede... Coinciden todos os factores para ter unha tormenta perfecta. As soluci¨®ns ir¨ªan por apelar a unha econom¨ªa de guerra, ter imaxinaci¨®n, unha concentraci¨®n parcelaria dos proxectos, achegarse a novas redes e novos temas, e capitalizar as redes do exterior.
-? idea de que o galego se impo?¨ªa par¨¦cea suceder a de que a cultura galega est¨¢ subvencionada.
-Do do galego te?en a culpa os que utilizaron a demagoxia para arrapa?ar 4.000 votos, e agora est¨¢n arrepentidos. Sobre o da cultura, en Francia, en Alema?a, en calquera pa¨ªs saben que son necesarias pol¨ªticas culturais esixentes e con visi¨®n de futuro, con compromiso das administraci¨®ns. En Estados Unidos falan de liberalismo e logo impiden que outros entren no seus mercado exteriores, e xa non digamos no interiores. As editoriais vivimos non polas axudas, que non chegan ao 9% da facturaci¨®n, sen¨®n porque temos unha sociedade que reclama os nosos libros, ed¨ªtanse seis t¨ªtulos diarios en galego, cunha media de 1.500 exemplares. A visi¨®n da cultura como un Monte Medulio ¨¦ reaccionaria, hai que baixar ao corpo a corpo no medio dos romanos. A cultura galega estivo moito tempo na trincheira, e ao final iso ¨¦ acabar no gueto das subvenci¨®ns.
Mellor queimarse que oxidarse
Na conversa de Freixanes ou nos informes que elabora, o de sa¨ªr ao exterior, a loitar contra os romanos ou a conquistar mercados, ¨¦ unha constante. "O ano que v¨¦n sairemos a Arxentina e Uruguai, temos que buscarnos a vida con Rivas, con Neira Vilas, con Domingo Villar, ese ¨¦ o cami?o". Mesmo non teme botar a andar polos lameiros do politicamente incorrecto. "Para entrar nos mercados lus¨®fonos temos que facer traduci¨®ns ao portugu¨¦s, e para acceder aos mercados infant¨ªs, ao arxentino ou ao mexicano. E algo que non ten asumido o galeguismo ¨¦ que para proxectarnos no exterior temos que reivindicar a Valle Incl¨¢n, a Julio Camba, e usar todos os idiomas e a rede social galega no mundo. O que non vexo ¨¦ editar aqu¨ª en castel¨¢n, penso que hai que darlle un percorrido ao orixinal galego antes de facer unha traduci¨®n ao castel¨¢n. Pero hai que sa¨ªr do tobo, a pesar da Administraci¨®n. Mellor morrer dunha pulmon¨ªa que de inanici¨®n e aburrimento", qu¨¦ntase Freixanes. Tanto que volve ¨¢ pol¨ªtica: "A creaci¨®n galega ¨¦ moi competitiva, fai falta un proxecto pol¨ªtico para lanzar o pa¨ªs. Tivemos recursos econ¨®micos, temos capital humano, infraestruturas razoables, o que fai falta ¨¦ un proxecto integrador que lance este pa¨ªs, non que estea contra del".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.