Os libros que meten medo
En plena treboada do sector, a editora Urco leva catro anos publicando traduci¨®ns ao galego de ciencia ficci¨®n, fantas¨ªa e terror - Faino baixo licenzas libres
Aqu¨ª e agora, cando o sector editorial parece que est¨¢ a punto de entrar na lista de especies en perigo de extinci¨®n en todo o mundo, e cos inconvenientes engadidos do h¨¢bitat cultural de Galicia, e en galego, Urco Editora ¨¦ unha oferta especializada en libros de ciencia ficci¨®n, fantas¨ªa e terror. E non ¨¦ unha aposta que poida dar de si ou non dar, sen¨®n unha realidade empresarial que ten catro anos de existencia e arredor de 40 libros en cat¨¢logo. Como a troita do conto de ?nxel Fole, que coa s¨²a existencia garant¨ªa a pureza da auga dunha fonte do Incio, Urco ¨¦ "a proba de que a literatura galega cambiou nos ¨²ltimos dez anos, e vaise convertendo pouco a pouco nunha literatura normalizada. O noso sistema literario superou esa fase adolescente na que a poes¨ªa ti?a un papel central", di o seu responsable, Tom¨¢s Gonz¨¢lez Ahola.
"A literatura pasou a fase adolescente da poes¨ªa en papel central", di Ahola
"En ciencia ficci¨®n, en Galicia xa houbo m¨¢is do que hai", considera o editor
Urco (nome dun ser da mitolox¨ªa galega, un can que polo d¨ªa vive no mar e pola noite sae ¨¢ terra a meter medo ¨¢ xente) comezou hai catro anos con tres socios, un administrador de empresas e dous fil¨®logos. O ¨²nico que queda daquel tr¨ªo de socios, hoxe convertido en cuarteto, ¨¦ Tom¨¢s Ahola, ao que a sa¨ªda natural dos seus estudios de filolox¨ªa cl¨¢sica, a docencia, non lle chistaba moito, e xa ti?a experiencia no mundo da edici¨®n como tradutor de fin¨¦s -as novelas de Arto Paassilina, entre outros- e de ingl¨¦s ao galego da man de Rinoceronte Editora. "Comezamos con moita ilusi¨®n, e pensabamos e pensamos que existe un nicho. Non hai moitos lectores en galego, pero o terror e a ciencia ficci¨®n ¨¦ unha literatura moi popular", di.
Desde ent¨®n, Urco foi enchendo tres colecci¨®ns para cadanseu x¨¦nero. Ciencia Ficci¨®n incl¨²e por un lado libros de pioneiros como Jack London ou Ambrose Bierce, e por outro lado obras non moi co?ecidas de autores de literatura pulp dos anos 20 e 30. G¨®tica acolle os cl¨¢sicos de terror g¨®tico e sobrenatural, desde as obras can¨®nicas como O Corvo de Edgar Allan Poe e O retrato de Dorian Gray de Oscar Wilde, ata libros de Washington Irving, Bram Stoker e Horace Walpole. Fantas¨ªa est¨¢ dedicada aos principais autores que no s¨¦culo XIX e a primeira metade do XX, configuraron o x¨¦nero tal como ¨¦ agora, sobre todo Robert E. Howard, o pai de Conan o b¨¢rbaro e Solomon Kane, dous personaxes que o c¨®mic converteu en m¨ªticos e o cinema en masivos.
Non soamente editan cl¨¢sicos, obras ou autores. O ¨²ltimo libro que sa¨ªu ¨¢ luz ¨¦ Cr¨®nicas do ma?¨¢: 50 anos de contos cubanos de ciencia ficci¨®n. Agora est¨¢n lanzando un novo selo, Alcai¨¢n (unha vila que houbo por Coristanco, afundida porque nela lle encirraron os cans a Cristo, segundo unha lenda popular) dedicado aos escritores noveis do x¨¦nero. Abriu con O que Darwin non previu, de Alba Payo Froiz. "Neste x¨¦nero, en Galicia houbo m¨¢is do que hai. Queremos comprobar se sigue prendida a chama do fant¨¢stico e do grotesco, algo que contin¨²e a tradici¨®n dos contos de aparecidos", asegura Ahola. Sobre a tendencia actual de novelas de "fantapol¨ªtica", o responsable de Urco pensa que "a ciencia ficci¨®n, cando ten calidade, pode explicar a t¨²a realidade, interpretala desde un punto de vista inocente ou non tanto, e polo tanto ¨¦ moi aplicable a Galicia".
Como lle acontece a un selo especializado en fantas¨ªa, o principal problema, segundo o editor, ¨¦ o da visibilidade: "O mundo da distribuci¨®n est¨¢ bastante ancorado no pasado. Os nosos libros est¨¢n nos andeis de galego, ese curruncho das literaturas for¨¢neas, como se fose o ingl¨¦s, e non nos de literatura fant¨¢stica. Menos mal que os libreiros en Galicia seguen sendo bastante militantes". E o futuro -ou o presente- non lles mete medo. Editan todos os seus libros baixo licenza creative commons (p¨®dense usar, en parte ou na totalidade, para fins non comerciais) e paulatinamente van "liberando" libros, po?¨¦ndoos de balde en formato ebook. "V¨¦molo como unha estratexia de marketing para o libro en papel", di Ahola. Para Urco, o futuro/presente tam¨¦n achega vantaxes. Te?en imprenta propia, tam¨¦n baixo unha advocaci¨®n da mitolox¨ªa galega, Sacauntos. "Facemos edici¨®n dixital, o que nos permite publicar baixo demanda. O outro d¨ªa veu un pedido de 30 exemplares dun t¨ªtulo, e so ti?amos cinco, pero serv¨ªmolos sen problema ao d¨ªa seguinte".
Escolma de t¨ªtulos
- A praga escarlata, de Jack London
- A gorida do verme branco, de Bram Stoker
- Planilandia, de Edwin Abbott
- O retrato de Dorian Gray, de Oscar Wilde
- O monstro met¨¢lico, de Abraham Merritt
- Solomon Kane, de Robert E. Howard
- O castelo de Otranto, de Horace Walpole, considerada a primeira novela g¨®tica
- A casa no conf¨ªn, de W. Hope Hodgson
- Unha viaxe ¨¢ l¨²a, de George Tucker
- O signo amarelo, de Robert W. Chambers
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.