"Recolle, depura e innova?"
A necesidade dunha gram¨¢tica e un dicionario do galego manifestouse desde os inicios do seu cultivo literario. As raz¨®ns eran diversas. Os c¨ªrculos acad¨¦micos -co pr¨ªncipe Bonaparte e o diplomata brasileiro Varnhagen ¨¢ cabeza- requir¨ªanos para estudar cientificamente o galego. Os seus promotores consider¨¢banas imprescindibles para dotalo de regras, unificalo e incrementar. Os escritores que ensaiaban o Rexurdimento literario demandaban orientaci¨®n e puntos de apoio. ? que as d¨²as ferramentas poden contemplarse desde diversos puntos de vista, xa que deben servir intereses diversos. Te?en unha faceta de pescuda, descrici¨®n e inventario que interesa sobre todo ¨¢ ling¨¹¨ªstica acad¨¦mica. Outra de c¨®digos normativos que encarreiran e articulan o idioma; o que resulta da maior utilidade para os seus aprendices e usuarios, sobre todo na escrita. E finalmente, fomentan o prestixio do idioma: que lingua de respeito carece de gram¨¢tica e dicionario como ¨¦ debido? Mesmamente, sen eles, un idioma merece considerarse unha lingua de verdade?
Por tanto, non ¨¦ casual que un dos obxectivos fundacionais da Real Academia Galega consistise en "dar unidade ao idioma galego, por medio da publicaci¨®n dunha gram¨¢tica e dun dicionario" (1906). Daquela xa levaba d¨¦cadas impresa unha Gram¨¢tica galega (1868) moi digna de tal nome, redixida por Saco Arce. Tam¨¦n hab¨ªa tempo que circulaba, entre outros, o Diccionario gallego-castellano (1884) de Marcial Valladares. Pero estas obras carec¨ªan da autoridade que s¨® pod¨ªa conferir unha Academia. O lema desta sinala o roteiro: Colligit, expurgat, innovat. O que significa que a RAG estaba chamada a fixar a norma idiom¨¢tica, pero o certo ¨¦ que non deu conta do recado. Unicamente foi quen de encetar a publicaci¨®n por entregas dun Dicionario hist¨®rico que se demorou por d¨²as d¨¦cadas e non pasou da letra C. Por carencia do respaldo estatal ou privado, a Academia pasou leste (falo en murad¨¢n), en canto o pa¨ªs carec¨ªa xa non de ling¨¹istas profesionais sen¨®n mesmo de amadores cunha m¨ªnima preparaci¨®n.
Esas condici¨®ns adversas delong¨¢ronse. A Universidade de Santiago non creou unha Secci¨®n de Filolox¨ªa ata 1963, ao paso que a Xeraci¨®n N¨®s, f¨¦rtil en prehistoriadores, etn¨®grafos e literatos, sa¨ªu facare?a en fil¨®logos. Cando polos anos sesenta a cultura galega comeza a rebulir, despois da brutal malleira franco-falanxista, rexorden as vellas inquedanzas. Ram¨®n Pi?eiro pon a traballar a Carballo Calero na Gram¨¢tica elemental del gallego com¨²n (1966), manual de urxencia para atender as clases de galego que o mestre ferrol¨¢n estreaba daquela na Minerva compostel¨¢. Pouco despois v¨¦n a lume o benem¨¦rito Dicionario de Franco Grande (1968), m¨¢is manexable ca o Enciclop¨¦dico (1958/61) de Eladio Rodr¨ªguez, obra de grande empe?o que Galaxia conseguira dar ao prelo grazas ao financiamento da Irmandade Galega de Caracas.
Nas ¨²ltimas d¨¦cadas, des que a Universidade puxo mans ¨¢ obra coa creaci¨®n do Instituto da Lingua Galega (1971) e a partir da implantaci¨®n das tres titulaci¨®ns de filolox¨ªa galega, as tornas mudaron. Os estudos ling¨¹¨ªsticos inzaron, cre¨¢ronse ferramentas potentes e public¨¢ronse s¨®lidos manuais e ¨²tiles dicionarios de diversos formatos, pensados para distintos p¨²blicos. Que necesidade hai, pois, dun dicionario e unha gram¨¢tica acad¨¦micos? Ac¨®denme dous argumentos. O primeiro, de tipo normativo: o p¨²blico segue agardando obras de referencia, co carimbo carism¨¢tico da RAG. O segundo, de tipo pr¨¢ctico. A Academia conta (debe contar) cos medios para levar a cabo esas tarefas nas debidas condici¨®ns: equipos competentes, altamente cualificados, e medios a proporci¨®n para producir obras de aut¨¦ntica referencia.
Iso ¨¦ o que se agarda: obras de referencia, que ofrezan algo distinto e melloren o que xa existe no mercado. Que ampl¨ªen o abano de recursos dispo?ibles, axudando a resolver as d¨²bidas e problemas dos usuarios. No caso da gram¨¢tica, un tratado exhaustivo, claro e actualizado; no do dicionario, un repertorio amplo que incl¨²a o vocabulario popular e literario, o l¨¦xico do mundo actual e o m¨¢is importante das terminolox¨ªas especializadas; que non s¨® explique ben o que significa cada voc¨¢bulo sen¨®n que dea orientaci¨®ns sobre como utilizalo. Temos que confiar en que a Academia saber¨¢ ofrecer resultados ¨¢ altura das expectativas creadas, das necesidades do p¨²blico e dos desaf¨ªos que enfronta o idioma. Vaille (e vainos) moito no conto.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.