Non se deixen enganar polas apariencias
Talmente coma se ventaran a chegada da primavera, as novidades empezan a agromar nos andeis das librer¨ªas galegas. O primeiro Cunqueiro dun ano que se int¨²e prol¨ªfico conv¨ªdanos a un Viaje a Lugo, nun volume editado por Alvarellos que recolle, con moito m¨¢is rigor do que nos te?en afeitos as editoras for¨¢neas, un feixe de artigos xornal¨ªsticos e outros textos elaborados no seu d¨ªa para gu¨ªas de viaxes. O compendio non pretende ser unha colect¨¢nea exhaustiva, sen¨®n unha mostra dos escritos lugueses m¨¢is representativos do autor que exemplifican de xeito paradigm¨¢tico a condici¨®n h¨ªbrida e transgresora do seu xornalismo.
Moito se falou do 1Q84 de Murakami ben antes da s¨²a aparici¨®n. Como adoitan, alg¨²ns medios silenciaron ou ningunearon a s¨²a traduci¨®n ao galego, que tivo lugar antes c¨® castel¨¢n: non se trata de andar ¨¢s carreirasm pero sen d¨²bida supuxo un esforzo editorial notable que moitos non quixeron ou non souberon reco?ecer. Non se deixe enganar polas apariencias: vela¨ª o t¨ªtulo do primeiro cap¨ªtulo e un bo consello ¨¢ hora de abordar a lectura desta novela estruturada cun ritmo alternante, pois os cap¨ªtulos pares est¨¢n centrados en Tengo e os impares en Aomame. Ambos personaxes comparten a condici¨®n de protagonistas dunha historia singular, cuxo m¨¦rito principal¨ªsimo ¨¦ estar concibida e narrada dende uns par¨¢metros culturais, mesmo antropol¨®xicos, que nos resultan alleos por completo; mais, ao tempo, a novela afonda tan na cerna da nosa condici¨®n humana que remata cativ¨¢ndonos. Percibir esa outredade integradora que emana do texto, e deixarse abducir por ela, ¨¦ unha experiencia lectora dunha intensidade pouco com¨²n nestes tempos. Non desfalezan se por un momento a trama perde folgos: p¨®dese disculpar nun texto de m¨¢is de 900 p¨¢xinas. E teimen na lectura, que paga a pena. Agardamos expectantes a segunda parte.
- Un xeito de ver. En poes¨ªa, A ferida de comprender de Baldo Ramos, unha voz que nunca decepciona, quizais porque lle interesan "as palabras que abren espazos, non as que os pechan". Toda a obra art¨ªstica -pl¨¢stica e verbal- de Ramos qu¨¦rese indiscernible, e esta colleita po¨¦tica agroma da convicci¨®n de que "escribir ¨¦ un xeito de ver, non de contar". Dalg¨²n xeito, unha po¨¦tica do silencio para estes tempos cacof¨®nicos. Un convite a explorarmos os l¨ªmites da palabra, al¨ª onde se converte en imaxe e onde quizais todo poida ter un sentido que, polo de agora, s¨® intu¨ªmos.
Con gran acerto, Espiral Maior ofr¨¦cenos Pequenos encontros, as marcas deixadas de Farruco Sesto, fundamental contribuci¨®n ¨¢ recuperaci¨®n da nosa historia literaria pois o volume non s¨® recolle a obra galega ¨¦dita do autor, pouco co?ecida entre n¨®s por circular ¨¢s veces de xeito clandestino e outras en circu¨ªtos reducidos por mor do car¨¢cter artesanal das breves tiraxes. Incorp¨®ranse aqu¨ª ademais varios libros in¨¦ditos, elaborados dende 1990. O rigor filol¨®xico con que se organizou esta publicaci¨®n testamentaria, e un documentado limiar da s¨²a responsable, Yolanda Casta?o, permitir¨¢n ¨¢s novas xeraci¨®ns co?ecer en profundidade un poeta que foi cualificado al¨¢ por 1980 por Xos¨¦ Lu¨ªs M¨¦ndez Ferr¨ªn como "o mellor poeta galego vivo, como case ningu¨¦n sabe".
- Pregunta perfecta. Sotelo Blanco traenos puntualmente, ano a ano, os textos ga?adores e finalistas do Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta. Nesta xeira o galard¨®n foi para As horas rotas de Chelo Su¨¢rez Mu¨ª?os, reconstruci¨®n dunha de tantas historias de vidas fanadas pola guerra co estilo l¨ªrico que caracteriza ¨¢ autora e que, se ben lle proporciona notables acertos no discurso da voz narrativa, pexa os di¨¢logos, convert¨¦ndoos en artificiais e ret¨®ricos. Para amantes dos xogos metaliterarios, A pregunta perfecta (o caso Aira-Bola?o) de Juan Tall¨®n, onde se mesturan ficci¨®n e autobiograf¨ªa para pescudar na cotidianeidade de quen est¨¢ a escribir a historia de dous homes que pasan a vida a piques de cruzarse. A novela pres¨¦ntase como o diario que rexistra, d¨ªa a d¨ªa, o proceso escritural dun relato que, ao cabo, non ocupa m¨¢is de 30 p¨¢xinas, pero tam¨¦n resulta ser a met¨¢fora perfecta dun mundo no que os discursos meta te?en cada vez m¨¢is importancia fronte ao orixinal. O exceso de citas con que o texto nos acosa non consegue evitar que sintamos certa empat¨ªa por un narrador v¨ªtima da s¨²a obsesi¨®n creativa e que remata sendo un individuo tan convencional coma n¨®s.
Leva tempo Xerais apostando polos libros que abertamente toman partido por certas causas urxentes: nesta ocasi¨®n c¨®mpre saudar o de Yasmina Shawki, Fundaci¨®n Lib¨¦lula, onde as sinxelas historias de catro mulleres nos mergullan no mundo do maltrato e a explotaci¨®n feminina.
- Afondando na memoria. E se nos ¨²ltimos tempos a reelaboraci¨®n da nosa memoria colectiva foi m¨¢is ben literaria, non podemos ignorar a conveniencia de articulala como discurso historiogr¨¢fico. Vela¨ª temos as ¨²ltimas achegas de Dionisio Pereira, quen en Loita de clases e represi¨®n franquista no mar contrib¨²e ¨¢ reconstrucci¨®n da memoria gremial das xentes do mar, ou A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra de Gonzalo Amoedo, un dos moitos cap¨ªtulos que faltaban por escribir do relato da represi¨®n no ¨¢mbito local. An¨ªbal Otero. Ling¨¹¨ªstica e pol¨ªtica en Espa?a na guerra civil e no franquismo de Xes¨²s Alonso Montero ¨¦ a biograf¨ªa, concibida ao xeito persoal¨ªsimo do seu autor, que deixa ben claro -entre outras moitas cousas- que fronte as ditaduras non hai disciplinas inocentes: o co?ecemento, para os tiranos, sempre ¨¦ culpable. Benvido sexa este novo contributo a un x¨¦nero cobizado polo p¨²blico e que tanto cami?o ten a¨ªnda por percorrer entre n¨®s. Tam¨¦n Carlos Reigosa foxe dos xustillos xen¨¦ricos e aposta pola interdisciplinariedade que tan bos resultados lle leva dado en A agon¨ªa do le¨®n, versi¨®n galega dun libro publicado en 1996 no que o autor hibrida modelos xornal¨ªsticos e literarios para reconstru¨ªr a andaina vital do guerrilleiro berciano Manuel Gir¨®n.
- Voces novas e vellas. M¨¢goa que as novas voces que alg¨²ns editores rescatan do circu¨ªto de premios menores, voces que deber¨ªan ser o substrato que alimentase a renovaci¨®n da nosa narrativa, non ofrezan nada de interese. Cara B de Ignacio Silva v¨¢lenos para cuestionar unha vez m¨¢is o convencional dos l¨ªmites cuantitativos dos x¨¦neros literarios: neste caso, o de micronovela, como se define unha das narraci¨®ns inclu¨ªdas no volume. ?Por qu¨¦ aporlle esta etiqueta, e non calquera outra das posibles, a un texto narrativo de pouco m¨¢is de 50 p¨¢xinas? Os excesos taxon¨®micos, en literatura, non sempre resultan esclarecedores. M¨¢is conseguidas est¨¢n as catro narraci¨®ns d'As palabras que move o mar de Xaime Toxo, especialmente Cartograf¨ªas, a segunda, articulada como unha novela breve de focalizaci¨®n caleidosc¨®pica, centrando cada cap¨ªtulo nun personaxe diferente. Pola contra, na primeira, O alento das pedras, o efecto da axeitada dosificaci¨®n con que se nos permite intu¨ªr o desenlace estr¨¢gase un chisco polo artificial que resulta o rexistro do mon¨®logo evocativo da narradora.
Mais tam¨¦n hai autores que nunca desenganan: voltar aos relatos d' A sombra dos teus ollos, de Anxo Rei Ballesteros, reeditados m¨¢is dunha d¨¦cada despois de seren recolleitos por vez primeira, fainos lamentar que o abraio provocado polas s¨²as novelas lles roubase protagonismo a uns textos de factura impecable. Nestes, a ollada sempre implacable que o autor adoitaba deitar sobre a condici¨®n humana semella iluminarse cun aquel de afectiva irmandade.
En canto a O bebedor de rakia de Xes¨²s Manuel Marcos, a madurez do autor resolve con habelencia unha historia na que se vencellan de xeito orixinal a guerra dos Balc¨¢ns (da que xa se ocupara algunha outra obra na nosa narrativa recente) e a violencia de x¨¦nero cunha factura t¨¦cnica e discursiva m¨¢is que notable.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.