Maxicamente novo
Anda por Galicia adiante o m¨²sico galego Roi Casal e o seu grupo presentando un novo disco, intitulado Maxicamente vello. Tiven a fortuna de asistir en Compostela ¨¢ s¨²a estrea no pasado mes de febreiro. Co?ec¨ªn persoalmente a Roi cando, en pleno fragor da ofensiva contra o galego, o colectivo Galego Patrimonio da Humanidade organizou en Compostela un comicio c¨ªvico que Roi e o seu grupo amenizaron coa s¨²a m¨²sica, para deleite da asistencia. Ocorr¨¦usenos convidalos (iso de convidalo ¨¦ un falar, pois actuaron de balde) despois de ver en YouTube a s¨²a feliz versi¨®n do ourilucente poema de Manuel Mar¨ªa dedicado ao idioma galego, texto que d¨¢ t¨ªtulo ao devandito ¨¢lbum, e que Roi difundira na rede naqueles atreboados momentos. Foi escoitar aquela marabillosa canci¨®n e mercar fungando Lendas douradas, un disco onde se ofrecen, entre outros tesouros, d¨²as aut¨¦nticas xoias, senllas versi¨®ns de poemas de Rosal¨ªa: Ninfa das frescas augas, chea de feitizo, e Tec¨ªn soia a mi?a tea, un ill¨® de emoci¨®n.
Nun panorama desalentador, remanece o milagre da xente nova
Para ga?ar o futuro, un idioma precisa vivir asociado ¨¢s novidades
- A mocidade creativa. Pero non ¨¦ do caso tecer un panex¨ªrico do novel m¨²sico de Catoira, non por defecto do seu m¨¦rito, sen¨®n porque non procede neste lugar. Cando saiamos, oufegando de enerx¨ªa, do seu concerto, demos en matinar no seu talento art¨ªstico e mais no exemplo que acababa de ofrecer dunha mocidade preparada, afouta e emprendedora, e na inmensa (e non sempre valorada) achega da m¨²sica -isto ¨¦, dos m¨²sicos e as m¨²sicas-, na revitalizaci¨®n, espallamento e impulso ¨¢ cultura galega, moi especialmente entre a xente nova. Sobre este segundo tema habemos de voltar noutra endeita. Reparemos arestora na mocidade creactiva (activa + creadora).
A nosa, demasiado ben o sabemos, ¨¦ unha colectividade mergullada no pesimismo, cun serio d¨¦ficit de autoconfianza e bombardeada afeito por mensaxes denigratorias: trasantonte Rosa D¨ªez, estoutro d¨ªa Montilla, onte a Marta de Gran Hermano, hoxe o t¨²zaro castejano... Todo un orballo de menosprezo que nos enchoupa arreo. Incluso as forzas que pretenden activar a cidadan¨ªa galega recaen de cando en vez nas mensaxes catastrofistas: o galego baixa en picado, est¨¢ no peor momento da s¨²a historia, non p¨¢ra de recuar. Seicas¨ª, perante un panorama tan desalentador, remanece o milagre da xente nova, tan competente canto comprometida, que non se conforma co derrotismo, que evita o f¨¢cil recurso ¨¢ pipela, que se nega a deixarse levar pola corrente, que quere abrir o seu propio cami?o.
- Que xurdan cen escolas. Vela¨ª o estudantado universitario, que ¨¦ quen de rachar coas cadeas da inercia e do dirixismo sectario, e constr¨²e nav¨ªos en que singrar polos seus propios roteiros: Movemento Estudantil Universitario, Liga Estudantil Galega, Mocidades Federalistas Europeas... Que se abran cen flores e que abrollen cen escolas! Escolas diversas, capaces de achegaren matices necesarios e plurais puntos de vista a un di¨¢logo aberto e ilustrado, escolas prestas a colaborar para avanzarmos en com¨²n. Todo o contrario do pensamento uniformizado, f¨®sil e unanimista ao que se aferran os que non saben como afrontar os novos esixentes desaf¨ªos, que s¨® acertan a repetir consignas gastas e esconxuros rituais. A incapacidade para debullar serenamente os erros do pasado ¨¦ a mesma que impide mellorar as propostas para afrontar os retos do presente.
Lamentablemente, padecemos unhas elites dirixentes, uns l¨ªderes pol¨ªticos e uns gobernantes encho¨ªdos nos seus intereses de casta e carentes de amplitude de miras, e por tanto incapaces de inspirar un pa¨ªs no que non acreditan. Xentes que no canto de aguilloar, articular e orientar iniciativas cidad¨¢s, se entregan a desanimar, confundir e pechar os cami?os. Pois o que haber¨¢ que facer ¨¦ demostrar a Galicia, con argumentos, con feitos e con propostas, que somos pa¨ªs, e que somos quen de superar as dificultades que temos por diante. E para isto, nada m¨¢is convincente que a forza do exemplo. Acabamos de citar a Roi Casal. Reparemos agora, por sinal, en Jorge Coira e o seu brillante filme 18 comidas. Unha pel¨ªcula de baixo presuposto e case sen promoci¨®n publicitaria, pero que apampa o p¨²blico, ao mostrarnos unha Compostela distinta, at¨®pica e heterox¨¦nea, e por iso m¨¢is verdadeira. ? que, por certo, d¨¢ toda unha lecci¨®n de socioling¨¹¨ªstica: puro tecnicolor idiom¨¢tico, altamente recomendable para os nost¨¢lxicos do branco e negro. Non a perdan, se ¨¦ que a¨ªnda non a viron!
- Os cient¨ªficos novos e o galego. E falando de lingua e de achegas renovadoras, batemos en Jorge Mira, o flamante catedr¨¢tico de electromagn¨¦tica e coordinador do programa de divulgaci¨®n cient¨ªfica ConCiencia. El e o seu equipo acaban de publicar un artigo no New Journal of Physics, titulado A importancia da semellanza interling¨¹¨ªstica cara ao biling¨¹ismo estable en situaci¨®ns de competencia entre d¨²as linguas, onde presentan un modelo matem¨¢tico capaz de predicir a evoluci¨®n das situaci¨®ns de contacto ling¨¹¨ªstico. Un modelo que xa adiantaran o mesmo Mira e ?ngel Paredes nun contributo publicado en 2005 na revista Europhysics Letters, xa daquela moi celebrado. O cal, por certo, nos lembra que na primeira li?a de defensa do galego cando o blietzkrieg idiom¨¢tico comandado polos se?ores que agora gobernan Galicia e disque ma?¨¢ rexer¨¢n Espa?a, estiveron os xoves investigadores galegos en f¨ªsica de part¨ªculas residentes no CERN de Xenevra.
O traballo m¨¢is recente de Mira e o seu equipo -destacado entre outras instituci¨®ns polo m¨ªtico MIT, a Sociedade Americana de F¨ªsica e o Institute of Physics Publishing-, est¨¢ a ter un impacto extraordinario na comunidade cient¨ªfica internacional. Resumindo ao m¨¢ximo (o texto completo en ingl¨¦s p¨®dese baixar de balde da rede), os investigadores soste?en que a supervivencia futura do galego ¨¦ posible a condici¨®n de que se estabilice un numeroso grupo biling¨¹e, o que v¨¦n facilitado porque as linguas en competencia son bastante similares. Boas novas para o galego, non si? Unha das mellores recensi¨®ns que lin en Internet tit¨²lase precisamente How languages can live together without killing each other [Como poden vivir xuntos dous idiomas sen matar un ao outro]. Pois seica a s¨²a conclusi¨®n de que o biling¨¹ismo constit¨²e a soluci¨®n m¨¢is viable de futuro para o galego lles valeu acedas cr¨ªticas aqu¨ª en Galicia. En troques, o seu traballo espertou grande interese en pa¨ªses como Catalu?a, Flandres ou Qu¨¦bec. O traballo, por certo, est¨¢ a outorgar unha ins¨®lita visibilidade internacional ¨¢ nosa lingua.
Volvendo ao rego, apunto: nunha situaci¨®n de contacto de linguas, a innovaci¨®n pode fornecer unha vantaxe decisiva. Para ga?ar o futuro, un idioma precisa vivir asociado ¨¢s novidades. Por iso, o porvir do galego, coma o do pa¨ªs, vaino dese?ar esa xente creactiva que non rec¨²a ante os atrancos, non renuncia a pelexar e ten competencia e afouteza para afrontar os desaf¨ªos contempor¨¢neos con intelixencia, con imaxinaci¨®n e con esforzo. Xente como Roi, como Coira e como Jorge Mira. Para tanto, c¨®mpre que o pa¨ªs, apostando por eles e por elas (noutra entrega falaremos das mulleres), saiba, queira e poida apostar por si mesmo. Falta fai.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.