"A vida cultural en Santiago afoga por v¨ªa institucional"
Para o director art¨ªstico de Ch¨¦vere, a ¨²nica compa?¨ªa residente de Galicia con espazo de seu -a Nasa, ademais, foi durante alg¨²n tempo a ¨²nica sala de concertos de Santiago-, o futuro da Nave de Servizos Art¨ªsticos tras case 20 anos pasa pola reinvenci¨®n, quizais lonxe da r¨²a San Lourenzo. Con 52.000 euros entre axudas galegas e estatais, nos ¨²ltimos anos foron adelgazando a programaci¨®n sen rebaixar a calidade.
Pregunta. Abandonan a nave?
Resposta. Levamos tempo buscando alternativas en Santiago. Unha sala de teatro non ¨¦ un negocio, non nos podemos meter nun cr¨¦dito directo, nin sequera no Igape, como empresa cultural. Intentamos mercar o local da Nasa para reformalo de urxencia, pero o propietario rexeitou a nosa oferta de compra e as reformas. Iso l¨ªm¨ªtanos ¨¢ hora de ter un proxecto a medio e longo prazo.
"Se o PP di que non podemos existir, a candea non a podemos soster n¨®s"
P. En que medida ¨¦ culpa da crise?
R. Non ten moito que ver. A venta de entradas e o n¨²mero de espectadores non baixaron moito, e o n¨²mero de socios, 135, ¨¦ estable. O que ten un impacto brutal ¨¦ o recurte na aportaci¨®n p¨²blica, dun 30% en dous anos, e sen alternativas. Custa pagar as n¨®minas dos nove empregados. Temos que reflexionar sobre este modelo empresarial, que empezou ao abeiro das pol¨ªticas de consolidaci¨®n das industrias culturais iniciadas co bipartito. Como empresa, a Nasa non ten futuro. Para funcionar as¨ª, a hosteler¨ªa ter¨ªa que medrar moito, posiblemente sen programarmos teatro, danza e m¨²sicas alternativas. Queremos abrir ese debate cos nosos tripulantes, un debate que non ¨¦ s¨® noso. ? unha crise de modelo.
P. ? tanxible o risco dunha Nasa comercial?
R. Se todo o mundo di que nos fagamos comerciais, iso non quere dicir que o vaiamos aceptar. Ao mellor, o equipo de xesti¨®n di "ata aqu¨ª chegamos".
P. Non hai sitio na capital do pa¨ªs para unha sala as¨ª?
R. Sen compar¨¢rmonos con outras compa?¨ªas residentes, en Santiago hai unha crise social bastante grande, a vida cultural est¨¢ en decrecemento, afogando por v¨ªa institucional. A Nasa ¨¦ unha entidade cultural da cidade, quen debe apostar por un espazo as¨ª ¨¦ o Concello e a sociedade; se o PP representa a maior¨ªa social e di que non podemos existir, n¨®s non podemos soster esta candea. Non estamos dispostos a baixar o list¨®n como ¨²nica soluci¨®n posible. Unha sala privada non pode pagarlle 3.000 euros a unha compa?¨ªa que mete 40 espectadores. ? a Administraci¨®n p¨²blica quen debe decidir se aposta por iso.
P. O baleirado da cultura semella demasiado profundo para imaxinar revoltas de ra¨ªz cultural, sexan dos comportamentos ou do urbanismo. Unha alternativa galega?
R. ? o momento de apostar decididamente por xerar novos modelos culturais. A penosa xesti¨®n dos Xacobeos, o pat¨¦tico exemplo da Cidade da Cultura, a indefinida reconversi¨®n do proxecto cultural de NovaCaixaGalicia, que agora abre un teatro en Santiago... Son as mostras m¨¢is evidentes do fracaso dun modelo. Hai que explorar outras maneiras de relacionar o p¨²blico e o privado ¨¢ parte das subvenci¨®ns, pero mentres a administraci¨®n non estea disposta a colaborar ¨¦ case imposible. A cultura xa non vai xirar arredor dos autores, dos artistas, agora os protagonistas son os p¨²blicos. Onde falabamos de cultura, agora falamos de creatividade, que non depende necesariamente do di?eiro. Haber¨¢ vida cltural al¨ª onde a sociedade civil sexa forte.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.