"Os investigadores, por antigo que soe, intentamos saber a verdade"
Mar¨ªa do Cebreiro publica un ensaio sobre a figura da pantasma na poes¨ªa
Polo discurso de Mar¨ªa do Cebreiro R¨¢bade Villar (Santiago de Compostela, 1976) transitan e conversan, en comunidade de iguais, Karl Marx, Rosal¨ªa de Castro, Pierre Bourdieu, Jacques Derrida ou Xo¨¢n Gonz¨¢lez-Mill¨¢n. Coa noci¨®n de perda como hip¨®tese de partida e a figura do espectro como f¨ªo para coser as s¨²as reflexi¨®ns sobre a literatura, a investigadora e poeta teceu o ensaio Fogar impronunciable. Poes¨ªa e pantasma (Galaxia). "Este libro pretende explorar o significado da aparici¨®n reiterada das pantasmas na poes¨ªa galega moderna", explica no limiar a propia autora.
Xa f¨®ra do papel, Do Cebreiro afonda nas teses do seu segundo volume ensa¨ªstico -o primeiro, As terceiras mulleres, data de 2005. "A desaparici¨®n ¨¦ practicamente o fundamental da literatura galega moderna", considera, "precisamente aparece para que a cultura galega non desapareza". No Rexurdimento, a aparici¨®n conxura a desaparici¨®n, res¨ªstese a ela. "Os galegos, se podemos falar nestes termos, non debemos perder a perda", engade. M¨¢is al¨¢ de palabras cruzadas, a conciencia de trasmisi¨®n do pasado hist¨®rico resulta fundamental para non deformalo. E a literatura tam¨¦n ocupa unha posici¨®n cando se trata de non ceder ¨¢ institucionalizaci¨®n as responsabilidades do que se deu en chamar memoria hist¨®rica.
"A literatura galega reaparece para que a cultura galega non desapareza"
"O n¨® entre o pol¨ªtico e o po¨¦tico, violent¨¢ndose, ¨¦ o que me interesa"
"O uso ret¨®rico da historia, a longo prazo, prexud¨ªcanos, porque as feridas rep¨¢ranse coa verdade", sinala, "e os que investigamos, por moi antigo que soe, intentamos saber a verdade". A figura da pantasma -"que ¨¦ unha apertura, que v¨¦n do pasado pero vai ao futuro"- si di cousas arredor da memoria e do verdadeiro. "O que implicaron, na historia recente, os desaparecidos latinoamericanos, ou no Estado espa?ol a reapertura de foxas dos republicanos asasinados", exp¨®n, "ilustra que as historias de pantasmas non afectan unicamente aos individuos, sen¨®n que te?en unha dimensi¨®n colectiva e, polo tanto, pol¨ªtica".
Pero o que Fogar impronunciable coloca, antes de m¨¢is, no debate ¨¦ a reversibilidade dial¨¦ctica entre o pol¨ªtico e po¨¦tico. "Ese n¨®, en lenta rotaci¨®n, como os astros, que se est¨¢ violentando continuamente, ¨¦ o que me interesa". Recorre, para iso, ¨¢ obra de Rosal¨ªa -na actualidade estuda o pensamento pol¨ªtico e as teor¨ªas da xustiza na s¨²a narrativa-, a Mar¨ªa Mari?o, a Alfonso Pexegueiro ou a Chus Pato. "O propio discurso cultural galego, e toda a poes¨ªa en particular, ¨¦ espectral, resistente, supervivinte, intempestivo e, por esas cuesti¨®ns, pol¨ªtica", afirma. Un espectro que para Marx roldaba Europa e para Derrida se atopaba no tempo f¨®ra de cacho (no time out of joint recollido de Shakespeare).
"A lectura que Walter Benjamin realizou sobre o fetichismo da mercador¨ªa axudoume a asexar a pantasma na literatura galega", segue, "porque as cousas, os bens circulantes, producen no capitalismo contempor¨¢neo un desacougo semellante ao da pantasma". A relaci¨®n ambivalente do autor do Manifesto Comunista co capitalismo -para el, a burgues¨ªa resulta a clase m¨¢is revolucionaria at¨¦ a comparecencia no escenario hist¨®rico do proletariado-, tam¨¦n. "A d¨²bida e o medo son, como no caso de Marx e a s¨²a fascinaci¨®n cr¨ªtica polo capital, a condici¨®n de como tratamos co fantasmag¨®rico", resume.
O xeito en que Mar¨ªa do Cebreiro, que a comezos de ano configurou co dese?ador gr¨¢fico Xos¨¦ Carlos Hidalgo un fermoso libro de tiraxe limitada e t¨ªtulo Poema hist¨®ricos, chegou a territorio fantol¨®xico ten algo, as¨ª mesmo, de espectral. "A inc¨®gnita da pantasma aparec¨¦useme en varias cousas que levaba tempo escribindo e entre as que parec¨ªa non haber conexi¨®n", lembra. Na introduci¨®n do libro, ofrece detalles cumpridos da reconstruci¨®n de traballos previos que deu p¨¦ a Fogar impronunciable: "Os ensaios do libro son tam¨¦n pantasmas cr¨ªticas que tentan convocar (ou conxurar) cuesti¨®ns como a identidade nacional, a resistencia po¨¦tica, o uso p¨²blico da memoria, a relaci¨®n entre poes¨ªa, voz e silencio, a significaci¨®n pol¨ªtica dos espazos literarios, as funci¨®ns menos visibles da traduci¨®n ou a posibilidade dunha historia literaria inscrita nas coordenadas do presente".
Do Cebreiro empregou as s¨²a lecturas do tratamento do fantasmag¨®rico nas tradici¨®ns te¨®ricas inglesas e francesas e aplicou "a pantasma como ¨ªndice pol¨ªtico" ¨¢ literatura galega. "Aqu¨ª as aparici¨®ns foron estudadas como algo folcl¨®rico e eu pensei que o espectro estaba na nosa d¨¦beda e que cumpr¨ªa aplicalo ¨¢ nosa literatura", concl¨²e. Concibido como libro colectivo -"sono todos, en certo xeito, pero escribir ¨¦ un exercicio de lealdade cara aos outros"-, Fogar impronunciable f¨ªxose material durante unha estad¨ªa laboral da autora en Zurich, malia a imaxe convencional de Su¨ªza, "a cidade onde naceu a vangarda". "Facelo f¨®ra da casa, nun espazo de inmigraci¨®n, non ¨¦ unha casualidade se atendemos ao libro, que se beneficiou, ademais, de olladas estranxeiras como a do profesor Danny Barreto, de Puerto Rico, ou Kirsty Hooper, da Universidade de Liverpool", remata.
O editor de Galaxia, Carlos Lema, e os cr¨ªticos Isaac Lourido e Ana Salgado presentaron Fogar impronunciable o pasado m¨¦rcores na Librar¨ªa Couceiro de Santiago.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.