Canci¨®ns con videoarte
O exguitarrista de Los Piratas Fon Rom¨¢n saca un disco onde intercambia experiencias con artistas visuais
A guitarra de Fon Rom¨¢n marcou un son caracter¨ªstico nunha das bandas m¨¢is emblem¨¢ticas do pop rock dos anos noventa: Los Piratas. Despois de cinco discos e dunha carreira brillante, o grupo disolveuse en 2004, e os seus membros tomaron diferentes cami?os. Desde a exitosa carreira en solitario do cantante Iv¨¢n Ferreiro, ata o proxecto de sons hind¨²s Om/Off impulsado por Paco Ser¨¦n con Pablo ?lvarez.
Fon Rom¨¢n tam¨¦n iniciou o seu cami?o en solitario. Agora acaba de sacar o seu segundo disco, Entretelas, un traballo de 11 canci¨®ns pop elaboradas e envolventes. Pero tam¨¦n un proxecto moito m¨¢is amplo, no que o seu autor apostou por cruzar varias disciplinas. Para iso aliouse con varios videocreadores, como o sevillano Curro Gonz¨¢lez ou o salmantino afincado en Arousa Jes¨²s de la Iglesia, para elaborar uns clips dunha calidade e un risco narrativo pouco usual neste tipo de pezas aplicadas ¨¢ m¨²sica. "Non fago discos nun sentido ¨²nico, sen¨®n nun sentido m¨¢is amplo, pensando que o tema art¨ªstico encaixe ben e haxa unha unidade", explica o m¨²sico vigu¨¦s sobre o proxecto que rodea o seu traballo. "O t¨ªtulo Entretelas, ten ademais unha intenci¨®n coa construci¨®n da peza, coas entra?as, coa morfolox¨ªa dos retallos, co cruce de disciplinas e co troco aplicado ¨¢ creaci¨®n art¨ªstica", exp¨®n Rom¨¢n sobre os seus conceptos. De a¨ª xurdiron xa tres videoclips, sempre realizados por artistas visuais como os anteriores ou coma os madrile?os The ?wn, cos que o m¨²sico traballa rescatando un vello concepto: o do troco de creaci¨®ns. "Establezo este tipo de relaci¨®ns cos autores dos clips".
Un exemplo ¨¦ o clip do tema Mis movimientos, que realizou Curro Gonz¨¢lez, un reco?ecido artista sevillano que tam¨¦n traballa nos ¨¢mbitos da pintura e da escultura. "Curro ¨¦ un artista que fac¨ªa traballos en stop-motion e plastilina. Co?ecino o ano pasado na feira Arco, e p¨²xenlle m¨²sica a unha peza s¨²a. A cambio el f¨ªxome o clip, niso consiste o troco" comenta Fon Rom¨¢n sobre este proceso.
A relaci¨®n de Rom¨¢n cos artistas que elaboran os seus clips ten unha clave familiar: a s¨²a nai, In¨¦s Ramiro, ¨¦ a propietaria de Ad Hoc, unha das galer¨ªas viguesas sempre atentas ao ¨²ltimo que se move no mercado da arte. "Hai uns 20 anos que a galer¨ªa existe, e eu visito feiras como Arco desde hai bastantes anos, e esas cousas sempre van quedando a¨ª", comenta este m¨²sico con alma de artista, que cita entre as s¨²as influencias a creadores como o pintor Francis Bacon ou o coreano Nam June Paik, pioneiro do concepto de videoarte."A min g¨²stame a obra destes artistas, pero tam¨¦n me gusta unha frase enxe?osa dun se?or na tasca, a arte pode estar en calquera sitio", afirma o que fora guitarrista de Los Piratas.
Arriscar cun proxecto tan diferente tam¨¦n ten os seus problemas, sobre todo cando se trata de buscar unha discogr¨¢fica que poidese ter interese nun concepto nada doado de catalogar. Rom¨¢n optou pola v¨ªa do medio: montar a s¨²a propia compa?¨ªa, Peque?as Iluminaciones. ?"Esta ¨¦ unha proposta distinta, e precisa dun mimo que unha compa?¨ªa ao uso ¨¦ complicado que lle dea, cun seguemento m¨¢is cercano e m¨¢is coidado, e adem¨¢is ¨¦ como un piloto de algo que a¨ªnda est¨¢ empezando", avanza sobre o proxecto. De momento, xa ten o cuarto clip en marcha.
Un creador de sons
"Ante todo, eu son m¨²sico. E consid¨¦rome m¨¢is un creador de sons que un instrumentista. G¨²stame o tratamento do son e os sintetizadores", marca Fon Rom¨¢n como declaraci¨®n de intenci¨®ns. As¨ª tratou de plasmalo, tanto no seu primeiro disco Silencio roto en un jard¨ªn descuidado como no seu novo disco, Entretelas. "Este disco ¨¦ m¨¢is rico en estruturas, ten m¨¢is variantes en canto a son, e ¨¦ m¨¢is redondo", confesa este m¨²sico vigu¨¦s ¨® que, ante todo, lle gusta experimentar e explorar novos sons, "obsesi¨®ns sonoras", como el lle chama. "Son inquedo no sentido musical, e intento implantar o concepto do risco, do ruidismo, pero sen renunciar a outros cami?os", explica.
Eses outros cami?os van desde "experimentos para facer m¨²sica para monxes budistas ata outras cousas raras". Adem¨¢is das s¨²as inquedanzas art¨ªsticas e do gusto por experimentar, Rom¨¢n ten sona de ter bo gusto musical, de recoller boas influencias e dar bos consellos musicais. "Recomendar¨ªa aos Lucky Dragons, uns rapaces que fan pezas art¨ªsticas con m¨²sica onde a xente interact¨²a. Usan unhas programaci¨®ns sofisticadas con un regusto caseiro. Eu ter¨ªaos en conta", apunta.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.