Un vigu¨¦s porte?o
Beda Docampo estudou na Arxentina e triunfa como guionista de filmes
Beda Docampo Feijo¨® realizou a s¨²a carreira como cineasta en Arxentina. Al¨ª estudou na Escola de Cinema en Buenos Aires e comezou a fraguar a s¨²a posterior andaina como director e guionista. As referencias falan del como dun artista daquel pa¨ªs, mais eses apelidos delatan as s¨²as orixes. Beda naceu en Vigo o 26 de abril de 1948, pero pouco pode lembrar da cidade. "Cando a¨ªnda tomaba o peito da mi?a nai. Toda a mi?a familia ¨¦ galega. O meu pai, nunha decisi¨®n vital importante para a s¨²a familia, decidiu que o seu fillo non vivira al¨ª durante o franquismo e emigrou a Bos Aires, onde non ti?amos familiares directos. As mi?as lembranzas galaicas da infancia te?en que ver con fotograf¨ªas, chamadas telef¨®nicas de familiares e tam¨¦n coas cartas que chegaban", sinala o realizador.
"Eramos como a embaixada galega: os domingos comiamos polbo"
'Camila', escrita por Docampo, optou ao Oscar do mellor filme estranxeiro
Docampo lembra que estar no seu fogar era, en certa medida, "como estar en Vigo". "Eramos como unha embaixada galega. Mentres todos os meus amigos com¨ªan os domingos pasta ou asado coa s¨²a familia, n¨®s gozabamos co polbo ¨¢ galega, un vicio que me quedou para toda a vida", di. Beda non tivo tempo de que Galicia formase parte da s¨²a vivencia persoal. Preguntado por como cre que o noso pa¨ªs pode afectar ¨¢ s¨²a creaci¨®n profesional, indica que o feito de nacer "non foi decisivo" e engade: "Pero si que o sexan os meus pais e que conservasen ligaz¨®ns culturais coa s¨²a terra, algo que se transmite no d¨ªa a d¨ªa e fica como unha marca ineludible. ? algo que est¨¢ presente na mi?a vida. Os meus proxenitores estaban orgullosos de ser galegos e sent¨ªan saudades da terra". Algo debe moverse na cabeza do autor cando unha novela s¨²a, finalista do Premio Herralde, trata en boa medida da relaci¨®n de Buenos Aires con Galicia. Como escritor publicou no ano 1992 en Espa?a o libro Vender la pluma.
O seu debut como guionista cinematogr¨¢fico foi tremendamente afortunado, xa que escribiu Camila para a directora Mar¨ªa Luisa Bemberg, filme nominado ao Oscar a mellor filme de fala non inglesa e que acadou unha gran repercusi¨®n. "Sa¨ªn da escola de cine e tiven ese golpe de sorte de facer o gui¨®n dun filme tremendamente exitoso en Arxentina. ? probable que sen esa pel¨ªcula tardara m¨¢is tempo en chegar onde quer¨ªa. Na mi?a andaina esa cinta quedou marcada como un fito especial, xa que todo o que rodea ao Oscar fai moito ru¨ªdo".
Ao longo da s¨²a carreira recibiu m¨¢is premios como guionista que como director, d¨²as facetas profesionais que alterna con naturalidade, xa que adoita realizar gui¨®ns para outros cineastas. "Da escola de cinema sa¨ªn realmente como director, pero pensei que para facerse un lugar na industria do cine era atractivo comezar cos gui¨®ns. Par¨¦ceme unha forma de relato moi atractiva. Ademais non existen moitos guionistas profesionais. O salto foi natural, ofr¨¦cencho os propios produtores. Son actividades complementarias", explica. Co gui¨®n de El ¨²ltimo tren, que asinou con Diego Arsuaga, director do filme, recibiu o premio do festival de Montreal e o de El marido perfecto (1993) proporcionoulle o da Asocaci¨®n de Cr¨ªticos arxentinos. Este ¨²ltimo filme, rodado en ingl¨¦s e que conta no reparto como int¨¦rpretes principais con Tim Roth, Peter Firth, Ana Bel¨¦n e Aitana S¨¢nchez Gij¨®n, ten unha gran trascendencia na s¨²a traxectoria profesional e considera que esa obra lle proporcionou moitas satisfacci¨®ns "por medio dun reco?ecemento importante e un bo n¨²mero de eloxios".
Leva uns anos vivindo en Madrid e as suas ¨²ltimas pel¨ªculas vistas na gran pantalla son Qui¨¦reme e Amores Locos, que fai a cinta n¨²mero 12 da s¨²a filmograf¨ªa. O intenso ritmo de traballo que leva, dando tam¨¦n clases para guionistas e actores, a¨ªnda non lle permitiu volver ao seu Vigo natal. Da s¨²a experiencia como docente salienta que o seu empe?o ¨¦ que sexan aulas intensas nas que os participantes tiren experiencias positivas para o seu futuro desenvolvemento na profesi¨®n, e subli?a que esas horas lectivas tam¨¦n lle sirven para aprender cousas.
Nestes momentos pode verse pola rede a serie El f¨²tbol nos vuelve locos, destinada especificamente a Internet, na que realiza os labores de director e guionista: "Fixemos a serie mantendo os est¨¢ndares cinematogr¨¢ficos de calidade e mirando moito polo produto". Malia ter ese t¨ªtulo a serie, cuns protagonistas afervoados seareiros do Atl¨¦tico de Madrid, pode ser seguida con interese a¨ªnda que ao espectador non lle guste o balomp¨¦. "A paix¨®n por este deporte ¨¦ unha met¨¢fora, xa que a trama xira realmente sobre o que lle acontece a dous amigos, que resultan ser grandes adeptos do f¨²tbol, e vemos como ese aspecto infl¨²e nas s¨²as vidas, posto que nalg¨²ns momentos ese apaioxamento deportivo provoca pequenos conflitos familiares. Te?amos en conta que falamos dunha paix¨®n absorbente, dada a cantidade de partidos que hai ao longo dun ano".
Respecto ao futuro do audiovisual e ao reto de ver como se adapta aos novos formatos de visionado dos espectadores, Docampo comenta que montar unha serie para Internet "¨¦ unha proposta interesante e obriga a rodar escenas m¨¢is curtas. Creo que dentro de pouco veremos por Internet produci¨®ns feitas para ese medio con maior duraci¨®n, posto que a xente rematar¨¢ por se acostumar a iso. Agora mesmo ¨¦ un campo aberto para realizar ficci¨®n que non sabemos onde vai rematar".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.