Eloy Lozano, o cineasta que quer¨ªa queimar Tagen Ata
Nova copia da s¨²a adaptaci¨®n de Ferr¨ªn, primeira curta galega en 35 mm
Tagen Ata ser¨ªa coma calquera outro pa¨ªs asoballado, pero at¨¦ ent¨®n non soara con m¨²sica de Pink Floyd. P¨²xolla en 1974 o cineasta Eloy Lozano (Ourense, 1953-Santiago, 2009) no seu debut como director. Hoxe a historiograf¨ªa considera aquel Retorno a Tagen Ata a primeira curta galega en 35 mm. Precaria adaptaci¨®n -sen son directo, mal dobrada- da novela que Xos¨¦ Lu¨ªs M¨¦ndez Ferr¨ªn escribira durante o seu paso polo c¨¢rcere da Coru?a a finais dos sesenta, publicada por Castrelos en 1971, proxectouse onte no Teatro Principal de Ourense. Foi no marco do 19? Festival de Cine Internacional, certame que o propio Lozano axudou a constru¨ªr e do que se puxo inicialmente ¨¢ cabeza. Forma parte, canda outras cinco pezas, dun ciclo que conmemora os 20 anos de vida do CGAI, a filmoteca galega.
"O malo ¨¦ que a sociedade ourens¨¢ lle deu as costas", di Manuel Gonz¨¢lez
A peza, apenas 17 minutos rodados na Merca e A Valenz¨¢, recrea o regreso de Rotbaf Luden ¨¢ terra da s¨²a familia para entrevistarse co l¨ªder do movemento de liberaci¨®n nacional de Tagen Ata no interior. O enigm¨¢tico Ulm Roam, personaxe no que moitos viron un trasunto do omnipresente Ram¨®n Pi?eiro, comun¨ªcalle ¨¢ moza que a loita rematou. Terra Ancha est¨¢ preparada para concederlle un estatuto de autonom¨ªa ao pa¨ªs, reco?ecendo a s¨²a lingua e deleg¨¢ndolle competencias sobre ensino e obras p¨²blicas. Non hai por tanto motivos para seguir nin para reivindicaci¨®ns maximalistas. Fin da resistencia e a loita armada.
A que onte se proxectou en Ourense ¨¦ unha nova copia. O negativo orixinal da pel¨ªcula est¨¢ no CGAI, onde a vi¨²va do cineasta, Mar¨ªa de las Cuevas, depositou a finais do ano pasado a meirande parte da s¨²a filmograf¨ªa, inclu¨ªndo imaxes desbotadas e brutos. E est¨¢ a¨ª a pesar do propio autor. "Quer¨ªa queimala", recorda o historiador Manuel Gonz¨¢lez, autor da entrada dedicada a Lozano no Dicionario do cine en Galicia. "Parec¨ªalle mal¨ªsima. Ti?a un car¨¢cter tremendo, a verdade, pero non hai outra figura igual. O malo ¨¦ que a sociedade ourens¨¢ lle deu as costas e o audiovisual nunca o entendeu".
Un visionado urxente da morea de cintas que garda o CGAI revela at¨¦ que punto a relevancia extracinematogr¨¢fica de Retorno a Tagen Ata oculta outras facianas dunha obra irregular pero atrevida. Vela¨ª, por exemplo, os primeiros traballos documentais de Lozano, entre os que destaca a ollada pol¨ªtica d'Os oleiros, unha fita presuntamente etnogr¨¢fica de 1975 que deixa agromar na demora dos primeiros planos a memoria da represi¨®n en Galicia. "O m¨¢is singular", matiza Gonz¨¢lez, "¨¦ que era capaz diso e de concibir a imaxe publicitaria de Adolfo Dom¨ªnguez ou de reflexionar sobre a desfeita deste pa¨ªs en pel¨ªculas tan interesantes como a ¨²ltima que fixo, Quen son? [2008]".
A literatura foi, en todo caso, unha das grandes teimas de Eloy Lozano. Logo de adaptar a Ferr¨ªn e intentar, sen ¨¦xito, adiantarse a Gonzalo Su¨¢rez na posta en imaxes d'A esmorga, o ourens¨¢n volver¨ªa buscar no papel os argumentos para outras d¨²as produci¨®ns. En Entrevista (1994), unha curtametraxe protagonizada por Fabiola Toledo e o pintor Ant¨®n Lamazares, acode ao brasileiro Rubem Fonseca. En Bellas durmientes (2001), a s¨²a primeira e ¨²ltima longa de ficci¨®n, bota man dunha novela do primeiro Nobel xapon¨¦s, Yasunari Kawabata, publicada en galego como A casa das belas adormentadas (Rinoceronte).
Para Lozano, a s¨²a adaptaci¨®n de Kawabata era a ¨²ltima oportunidade de facer cine en Galicia. Arrastraba dende a mocidade -dirixira Tagen Ata cos vinte acabados de cumprir- a frustraci¨®n de non poder rodar A esmorga. Confes¨¢ballo un par de anos antes de morrer ao historiador Jos¨¦ Manuel Sande, que estaba a preparar un artigo sobre Parranda -a versi¨®n de Gonzalo Su¨¢rez en castel¨¢n- para o Diccionario de Cine Espa?ol e Iberoamericano da SGAE. Conseguira, recordaba na conversa, os permisos necesarios para a rodaxe, un acordo de financiamento con Morgana Films e mesmo o interese de Alfredo Landa para a terna de protagonistas masculinos. Quer¨ªa rodala en galego e con c¨¢mara en man, como unha road-movie existencial. Nunca chegar¨ªa a empezar.
O autor ourens¨¢n deixou documentais en 16 mm -Os oleiros (1975), El casta?o (1979) ou Manzaneda (1979)-, incursi¨®ns experimentais de animaci¨®n -Numeralia (1990)-, a recuperaci¨®n d'O carro e o home (1940) de Antonio Rom¨¢n e varias achegas aos campos da arquitectura e a arte -4 escultores (1988), Idea e Territorio (2002) e pezas sobre Boltanski ou Jorge Barbi nos noventa. A maior parte da s¨²a produci¨®n, por¨¦n, desenvolveuse na publicidade. Os spots para Adolfo Dom¨ªnguez, Cabreiro¨¢ ou o Xacobeo 99 tam¨¦n se conservan no soto do CGAI na Coru?a, talvez como o reverso amargo do cineasta, e da cinematograf¨ªa, que nunca conseguiron filmar a Blanco Amor.
Repaso urxente ao cinema galego
O ciclo co que o Festival de Cine Internacional de Ourense homenaxea o CGAI ilustra a trav¨¦s de seis curtas os tres grandes momentos do cinema galego. Finisterrae Galicia (1936), de Carlos Velo, a primeira das que se proxectan esta noite no Teatro Principal a partir das 20.00 horas, invoca o f¨¦rtil escenario que xeraron en Espa?a a chegada do sonoro e a proclamaci¨®n da II Rep¨²blica. Retorno a Tagen Ata (1974), Mamasunci¨®n (1984) e Vi¨²da G¨®mez (1984), de Eloy Lozano, Chano Pi?eiro e Xavier Villaverde respectivamente, representan a complexidade do panorama que se abriu en Galicia coa morte de Franco: experimentaci¨®n, disidencia e videocreaci¨®n, mais tam¨¦n a indisimulada expectativa dun cinema industrial propio. Por ¨²ltimo, Contar (1994) de Teo Manuel Abad e O matach¨ªn (1996) de Jorge Coira, as fitas m¨¢is recentes, pertencen xa ao remol que quedou daquela ilusi¨®n dos anos setenta e oitenta: unha cinematograf¨ªa modesta, profesionalizada e moi escorada cara ¨¢ televisi¨®n.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.