A chafallada m¨¢is grande do mundo
Te?o unha f¨®rmula para calcular o valor do Gai¨¢s. A Xunta convidou xestores do Moma, o Barbican, a Biblioteca de Alexandr¨ªa... para debater o asunto e dixeron que "depende". Iso d¨ªo calquera. A nosa f¨®rmula consiste en po?elo ¨¢ venda e ¨¢ mellor oferta restarlle o prezo do chan. Se da cifra obtida substraemos 400 mill¨®ns obteremos o resultado do investimento. Desalentador? ? a mellor opci¨®n, como perder unha man ¨¦ prefer¨ªbel a quedar sen coraz¨®n.
A¨ª atr¨¢s coincidiron o comunicado de ETA e a paralizaci¨®n das obras na zona cero da Cidade da Cultura. A fin do terror e a fin do horror. Ambas noticias, sendo boas, deixan ao seren dixeridas un regusto agridoce. O que se preguntan en Euskadi e nos mentideiros da Vila e Corte sobre as d¨¦cadas de conflito armado pregunt¨¢molo en Galiza a conto do Gai¨¢s: por que e en nome de quen teimamos lustros na ru¨ªna e a senraz¨®n? Ata onde chegou a guerra sucia no proxecto? Hoxe podemos chegar a perdoar, non a esquecer: compre lembrar e honrar as v¨ªtimas. Ou pensabades que o noso problema vasto non causara v¨ªtimas? O pante¨®n de Fraga ¨¦ a foxa que na guerra lles mandan cavar aos prisioneiros para que ao rematar te?an onde caer mortos.
O buraco negro da Cidade da Cultura foi engulindo todos os nosos axentes culturais abatidos
O golfi?o de Franco fixo prisioneiros e p¨²xoos a cavar. Cando os reos viron as dimensi¨®ns do cr¨¢ter preguntaron: "L'o p'a que v¨¦n sendo un buraco tan grande?". E o Zapat¨®ns contestou: "Para protexervos mellor". As¨ª que cavaron cantando, convencidos de que o buraco eran os fundamentos da s¨²a casa nova, non merec¨ªan seguir vivindo ¨¢ intemperie ou en pendellos escanastrados.
Como se puido confiar en que o franquista o d¨¦se todo a prol dos titiriteiros? ? unha boa pregunta. Agora espertamos e vemos a paisaxe de antes que comezase o so?o. Iamos para Guggenheim ou Grand Palais e fomos dar no paradigma da nosa arcutrectura dos setenta: a casa a medias co tixolo sen recebar, cancela de met¨¢lico, roupa tendida entre os piares e un monte de entullo diante da porta.
Ocorreu o peor: estabamos atordados e o que xulgabamos pesadelo era real. O buraco negro da CdC foi engulindo os nosos axentes culturais abatidos: actores, t¨¦cnicos, salas, bibliotecas, asociaci¨®ns, servizos de normalizaci¨®n, editoras, prensa, ensino, investigaci¨®n. O buraco fix¨¦rase para as medras, cabiamos todos.
Tirando de refraneiro hai quen opina, peloteiros ou despistados, que m¨¢is val tarde ca nunca e que chorar ser¨ªa ladrarlle ¨¢ l¨²a. O certo ¨¦ que o par¨®n chega tarde, mal e arrastro. Din as v¨ªtimas de ETA que se a morte do familiar axudou a que cesase a violencia, serviu para algo bo. Co tempo gustar¨ªanos aplicar o dito non hai mal que por ben non ve?a: o mal xa o temos, polo ben agardamos. A Xunta presenta como decisi¨®n pol¨ªtica outro tesoirazo, produto de que o eficaz e austero Feij¨®o xerase a mesma d¨¦beda que todos os predecesores. ? un tesoirazo porque non var¨ªa o modelo e os cartos van ir ao peto dos amigos que especulan coa sanidade, a educaci¨®n, as infrastruturas ou os servizos sociais. ? un tesoirazo pero, como din na TDT, te?en o callo e a facundia (tam¨¦n a renarter¨ªa) de facer da necesidade virtude e acusar ao bipartito de covard¨ªa e de alimentar o monstro, coma se o PP apeitase cunha herdanza envelenada na que non ti?a arte nin parte, coma se a licitaci¨®n non a fixese un Fraga derrotado e en funci¨®ns, saqueando o futuro antes de darse ¨¢ fuga.
Mais abonda de ollar atr¨¢s. En Euskadi des¨¦?ase o futuro, dial¨®gase, hai reuni¨®ns coas v¨ªtimas, con todas. Non estar¨ªa mal que a conseller¨ªa convocase a todas as v¨ªtimas do Gai¨¢s, non s¨® os construtores, para recuperar a terra labrad¨ªa que uns e outros se dedicaron a salgar, non para estercar o seu Palacio da ?pera. ? hora de curar feridas e pasma a unanimidade de que tanto a construcci¨®n como a continuaci¨®n das obras foi un erro: tarde piaches. Fix¨¦ronnos a picha un l¨ªo e agora tiramos a belida, non entendemos para que val e sabemos que a burbulla implosiva nos vai tragar enteiros, mais non se pica a burbulla e nos orzamentos de 2012 leva outra partida de 22 mill¨®ns.
A oposici¨®n ¨¢ CdC non vi?a s¨® do gasto na construci¨®n. Ata agora a obra deu perdas e emprego, a partir de agora s¨® trae perdas e un modelo de cultura elitista, ritual, rancio, insost¨ªbel e asfixiante para o tecido cultural de base. D¨¦ixase latente o noso Fukushima confiando en que se desactive s¨® e rep¨ªtese a lilaina: A estas alturas non ten volta, hai que tirar para adiante.
Non vemos todos que unha biblioteca no monte non pinta ren? Que un museo debe ubicarse onde a xente vai a pe? Que para ir exprofeso somos poucos e en telef¨¦rico nin che conto. E un museo de que? Como outros nacidos do capricho pol¨ªtico a s¨²a funci¨®n ¨¦ contar a cifra de visitantes que miran a nada exposta. Exp¨®nse a cifra de visitantes de cara aos medios, igual que hai aeroportos sen avi¨®ns.
Nos setenta os emigrantes volv¨ªan de Su¨ªza nun BMW alugado en Zurich, cunha aguia no cap¨®, aler¨®n traseiro, dous escapes e claxon de fantas¨ªa que fac¨ªan resoar en cada verbena e cada voda dicindo que era seu. Pasaba agosto, volv¨ªan ¨¢ fr¨ªa Centroeuropa e devolv¨ªan o coche. Ao Gai¨¢s tam¨¦n chegou o fr¨ªo, abonda xa de claxon, que Centroeuropa non perdoa.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.