O Fauno galego de Abbey Road
O m¨²sico Rogelio Groba co?eceu a Rostrop¨®vich nos m¨ªticos estudios londinenses
Non ti?a a obriga de amosar interese polo The Dark Side of the Moon de Pink Floyd nin de curiosear pegadas de Lennon por algunha daquelas paredes. ?a gravar nos estudios londinenses Abbey Road a s¨²a Gran Cantata Xacobea dirixindo a London Symphony Orchestra, unha das de maior nivel art¨ªstico do mundo. Estaba vixiante de encofrar ¨¢ s¨²a propia historia. Era o ano 1993, e Rogelio Groba, un dos compositores galegos m¨¢is importantes, cruzou sen mirar o paso de pe¨®ns inmortalizado polos catro de Liverpool. "Cando sub¨ªa as escaleiras dos estudios pensei que estaba a piques de acadar algo grande", comenta.
S¨¢bese que un ano despois, Milladoiro rexistra neses mesmos estudios, con The English Chamber, a suite orquestral Iacobus Magnus, pero ¨¦ moi posible que Rogelio Groba fose o primeiro m¨²sico galego en inmortalizarse en Abbey Road. "Eu xa tivera a experiencia de gravar coa London Symphony o meu concerto para viol¨ªn Confidencias nunha vella igrexa, e quedara gratamente sorprendido pola calidade da formaci¨®n, polo que suxer¨ªn que fose esta agrupaci¨®n a que recollese a cantata. Aceptaron a mi?a proposta e a propia orquestra se encargou de buscar un estudio axeitado, suxerindo Abbey Road", lembra Groba. O ¨¦xito desta primeira gravaci¨®n redondeouno o prestixioso coro London Voices, a cuxo director, Terry Edwards, co?eceu o de Gul¨¢ns nun respiro tur¨ªstico en Covent Garden.
Coa London Symphony Orchestra rexistrou 'Confidencias'
O cellista ruso laiouse de non gravar 'Fauno', do compositor galego
Groba pisa de novo Abbey Road no 97. Desta volta rexistrar¨ªase o seu concerto para cello Fauno, de novo coa London Symphony pero agora dirixida polo neoiorquino Andrew Litton e interpretada polo cellista sueco Mats Lidstr?m. As pezas do mecanismo sent¨ªronse engraxadas dende a orixe do proxecto. "Lembro que Groba estivo dacordo en traballar co mellor produtor [Andrew Keener]. Sen d¨²bida trat¨¢base do mellor equipo para Fauno, ning¨²n punto d¨¦bil", reco?ece Lidstr?m. Pola s¨²a banda, Litton fala da obra do mestre galego como "poderosa e s¨®lida" e lembra con nitidez o "virtuosismo do solista". Todo cadrou e, logo de escoitar esas conclusi¨®ns, conf¨ªrmase que o resultado xustificou o esforzo.
Dos d¨ªas de gravaci¨®n en Abbey Road, Groba garda o recordo do segundo de xeito especial: nun descanso, na cantina dos estudios, present¨¢ronlle ao prestixioso violonchelista Mstislav Rostrop¨®vich "que se atopaba al¨ª facendo unhas xesti¨®ns para a edici¨®n dun ¨¢lbum recopilatorio", apunta Litton. Groba di que falaron e, ao remate, logo da despedida, volveu ¨¢ cabina para escoitar o desenvolvemento da gravaci¨®n. "Estaba soando Fauno e Rostropovich volveu a aparecer", narra o galego, "entrou na sala moi discretamente e ficou un cachi?o escoitando. Logo dirixiuse ao director para preguntarlle de quen era aquela obra, Litton sinaloume a min e o xenial cellista achegouse ao recanto no que eu estaba, estendeume a man, felicitoume pola obra e dixo: '? unha m¨¢goa que non sexa eu o que estea a¨ª dentro". Groba agradeceulle o cumprido e pensou "que poder¨ªa ter pasado se ese concerto se editase asociado ao nome de Rostrop¨®vich". "A proxecci¨®n internacional ser¨ªa enorme, sen d¨²bida", pecha o mestre.
O traballo compositivo de Groba conf¨®rmano m¨¢is de 600 obras catalogadas. O xornalista Manrique Fern¨¢ndez, bi¨®grafo do compositor e xerente da fundaci¨®n que leva o seu nome, o que traballa pegado ao c¨®bado do mestre e salvagarda no disco duro as novas creaci¨®ns; o que atende a estudantes de universidades lonxanas que basean a s¨²as teses no m¨²sico galego, confirma que Groba segue a traballar: "Para el a composici¨®n foi, dende sempre, a s¨²a grande paix¨®n, a raz¨®n da s¨²a existencia. E agora ten tempo para crear melod¨ªas e xogar con elas. O certo ¨¦ que non son quen de imaxinar a Rogelio sen compo?er".
Que Groba ¨¦ presente non ¨¦ m¨¢is que unha deduci¨®n obvia logo de saber que se nega a reprimir a s¨²a actividade intelectual precisamente para seguir latexando. As¨ª e todo, hoxe hai d¨²as realidades que o sit¨²an na actualidade: a primeira, a chegada ¨¢s librer¨ªas do libro de conversas Diabolus in M¨²sica (Galaxia), realizado por Manrique Fern¨¢ndez. Por outra banda, v¨¦n de recibir o Premio da Cultura Galega. "Agradezo o premio, ¨¦ unha satisfacci¨®n. Pero tam¨¦n ¨¦ certo que nunca busquei o reco?ecemento, simplemente tratei de facer as mi?as obras o mellor posible". Fern¨¢ndez cre que o seu traballo "estar¨¢ reco?ecido cando sexa programado con asiduidade polas nosas orquestras galegas". Rogelio Groba non cambiar¨ªa a s¨²a envexable traxectoria, a s¨²a xenialidade ben enfocada, pola vida atarefada dun quinto beatle, por m¨¢is Abbey Road que comparta.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.