A divisi¨®n ¡®m¨¢xica¡¯ do Bloque
Dende as Irmandades da Fala, os galeguistas adoitaban darse o trato de irm¨¢ns.
Houbo un tempo, o primeiro terzo do s¨¦culo XX, en que un mago de orixe galega asombrou o mundo enteiro con sorprendentes n¨²meros de ilusionismo. Fac¨ªase chamar o Dr. Saa, conde de Waldemar. Conde non era, mais o t¨ªtulo tam¨¦n era propio dunha ilusi¨®n nobre e enxebre, pois o seu lugar natal era Valdemar, en Portomar¨ªn. V¨¦n de sa¨ªr do prelo unha biograf¨ªa con este personaxe de vida sorprendente, O misterioso Dr. Saa, escrita por Xos¨¦ D¨ªaz D¨ªaz e Bel¨¦n Fern¨¢ndez Guzm¨¢n, e publicada por Xerais.
Cadroume ler a vida do Conde de Waldemar nestes d¨ªas en que un dos asuntos m¨¢is falados era a divisi¨®n, e mesmo o esgallar de p¨®las, no Bloque Nacionalista Galego. En contraste, a uni¨®n como unha soa pi?a familiar, nunca mellor dito, do Partido Popular en Ourense. As¨ª, os que erguen como primeira bandeira a defensa dos intereses do pobo galego, son noticia por romperse os ovos. E os que mesmo declaran que Galicia existir non existe (Baltar Jr. dixit), po?en todos os ovos no mesmo cesto e van cami?o de gobernar ese pa¨ªs inexistente xa non por maior¨ªa absoluta, sen¨®n case un¨¢nime.
Comprender¨¢n que te?a un certo cruzamento entre o que contan as cr¨®nicas pol¨ªticas e os episodios de prestidixitaci¨®n e de maxia negra e branca. Por unha banda, a asemblea convocada para reforzar a chamada ¡°casa com¨²n¡± acaba ao estilo marxista, si, pero do marxismo c¨®mico do filme do barullo no Camarote. Por outra, os conservadores de Ourense conseguen consolidar unha unidade de adhesi¨®n incondicional, aut¨¦ntica casa nosa, seguindo o acreditado modelo do marxismo-baltarismo prochin¨¦s e mesmo algo norcoreano, co aplauso do noso presidente liberal N¨²?ez Feijoo.
Dende as Irmandades da Fala, os galeguistas adoitaban darse o trato de irm¨¢ns. As¨ª, nas cartas destas xeraci¨®ns que teceron tam¨¦n o Partido Galeguista e a Fronte Popular o normal era despedirse con esta ¨ªntima cortes¨ªa: ¡°Sa¨²de e Terra, irm¨¢n!¡±. Mesmo en terceira persoa, cando falaban de compa?eiros, fac¨ªano ao xeito das primeiras comunidades cristi¨¢ns: o irm¨¢n Daniel, o irm¨¢n B¨®veda... Otero Pedrayo so?a Galicia como ¡°unha democracia campesi?a e cristi¨¢¡±, afastada da sombra tenebrosa da Contrarreforma. Est¨¢ claro que hab¨ªa un certo sentido prof¨¦tico no que asum¨ªan como misi¨®n. A redenz¨®n dun pa¨ªs esmagado. O que escrebe Castelao no exilio de Nova York, mentres ve como se van prendendo as luces nos ra?aceos de Manhattan: ¡°Son fillo dunha patria desco?ecida¡±. Ese sentido de irmandade ten, por suposto, unha inspiraci¨®n hist¨®rica na revoluci¨®n irmandi?a: ¡°Deus e os irm¨¢ns galegos. Ningu¨¦n por riba de n¨®s!¡±. E enlaza coa trepia ilustrada de liberdade, igualdade e fraternidade.
En Ourense, no conclave das dereitas, todo tratamento val¨ªa.
¡ªSa¨²de e Terra, cu?ado!
¡ªSa¨²de e Terra, sobri?o do pai!
¡ªSa¨²de e Terra, curm¨¢n terceiro!
Disque ¨¦ caciquismo. A min par¨¦ceme unha promiscuidade total. O novo herdeiro da Deputaci¨®n, Baltar Fillo, d¨¢ por acabado o caciquismo. Algo de raz¨®n de raz¨®n ten. En Ourense est¨¢ a experimentarse un r¨¦xime antigo e novo, administrativo e tribal, relixioso e pag¨¢n, temporal e intemporal, artificial e natural, pre e post hist¨®rico. Indestrut¨ªbel. At¨®mico.
O caso ¨¦ que, polo que contan, os que marchan do Bloque son xustamente os que se denominan irmandi?os (Encontro Irmandi?o). Eu respecto moito a Beiras. Abriu paso en moitas eidos. Falou sempre de ¡°socialismo democr¨¢tico¡±, a¨ªnda tivo que aturar os t¨²zaros que o trataron como a versi¨®n galega do ¡°renegado Kautsky¡±. ? un respecto que vai al¨¦n do pol¨ªtico. ? esa clase de persoa ¨¢ que non dubidas en dar a man porque sabes que nunca levar¨¢ un pu?al. Os que o alcuman de ¡°protagonista¡±, ben que o celebraron cando bateu co zoco no atril e espertou durante un intre a naz¨®n de Breog¨¢n. O que eu respecte agora, pouco interesa, ¨¦ cousa mi?a. Mais o que quer¨ªa dicir ¨¦ que o Bloque, en xeral, deber¨ªa respectar m¨¢is o mellor patrimonio que o Bloque ten, o seu factor humano (vela¨ª tam¨¦n a marcha da sindicalista labrega Lidia Senra) e non tentar sempre a paciencia de Xob. Pero por outra parte, esta lea, este esgazarse, no medio da crise, da depresi¨®n e da autofaxia, cando mesmo est¨¢ en xogo a conservaci¨®n do territorio e a supervivencia da lingua, semella un paso m¨¢is cara ao Ocaso.
A tecido de forzas pol¨ªticas e sociais, cando non te?en o amparo do poder, ¨¦ sempre un proceso fr¨¢xil e laborioso, como o da ara?eira nun carreiro ventado. A ara?eira ten de estar suxeita en todos os seus estremos ¨¢ realidade. Se non, perde o norte, esfarelase. Semellaba que o nacionalismo galego, despois dun per¨ªodo de loitas tribais, avanzaba nunha li?a de madurez. Facer de Galicia non o mellor lugar do mundo, mais si un lugar mellor no mundo. Que se pod¨ªa superar esa ¡°educaci¨®n sentimental¡± do resentimento malhumorado. Por desgraza, p¨®dese o¨ªr de moitos loitadores algo semellante ao que dic¨ªa Brecht: ¡°Son como un coche con moitos golpes, alg¨²ns causados polo inimigo¡±.
Nunha democracia, unha forza pol¨ªtica non s¨® pertence aos dirixentes ou militantes. Tam¨¦n a quen os vota, e mesmo a quen non os vota. Se non ¨¦ unha facci¨®n, o seu papel ¨¦ defender iso que chamamos intereses xerais. Non hai nada m¨¢is revolucionario que loitar polos dereitos humanos. Por todos. A xente dificilmente dar¨¢ a s¨²a confianza a un grupo pol¨ªtico que non acada a convivencia interna, unha pluralidade tranquila e non desacougante. Un ve os rostros compunxidos de Jorquera, de Aymerich, e mesmo de Beiras. A foto das faces demudadas de Carme Ald¨¢n, Ana Pont¨®n e Teresa T¨¢boas. E as¨ª todo... Non ¨¦ a racionalidade a que leva a unha ruptura, sen¨®n unha fatalidade que a todos arrastra. Pode ser a¨ªnda peor se non se entenden M¨¢is Galiza e a Uni¨®n do Povo Galego. Ent¨®n xa se entrar¨ªa na fat¨ªdica fase (¡°a historia rep¨ªtese como caricatura¡±) do entusiasmo pesimista e da esperanza negativa.
Cando chegou a Lugo o misterioso Dr. Saa, despois de triunfar mundo adiante, presentouse nunha confeitir¨ªa onde non o reco?eceron. Pediu ao dono que lle servise un vaso, e outro, e outro m¨¢is... Logo, escachizounos. E cando o dono ¨ªa facerlle pagar o estrago, o Conde de Waldemar sorriu, soprou por aqu¨ª e por al¨¢, fixo uns acenos coas mans. E al¨ª estaban os vasos enteiros. A min non me parece tan dif¨ªcil.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.