As contradici¨®ns da animaci¨®n
A colleita de premios Goya eclipsa as eivas dun sector que carece de escolas de formaci¨®n, de empresas s¨®lidas ou de planos espec¨ªficos de apoio p¨²blico
¡°Que sector tan potente de animaci¨®n tedes en Galicia!¡±, espetoulle nos canap¨¦s dos Goya un asistente ¨¢ gala a Alberto V¨¢zquez, o debuxante coru?¨¦s que vi?a de coller o galard¨®n da mellor curtametraxe de animaci¨®n por Birdboy. ¡°Sector? Que sector? Eu non pertenzo a sector de animaci¨®n ning¨²n¡±, reflexionaba V¨¢zquez o d¨ªa despois do certame no seu regreso desde Madrid en autob¨²s. ¡°Iso ¨¦ o brillo e o glamourdos Goya, coller o d¨ªa despois o autob¨²s para volver ¨¢ Coru?a a traballar¡±, ironiza con certa acritude este ilustrador e debuxante de banda dese?ada. ? s¨® unha an¨¦cdota, pero o exemplo poder¨ªa valer para explicar moito do que ¨¦ animaci¨®n galega, asentada nuns cantos produtores arriscados e nun pelot¨®n de francotiradores que, como V¨¢zquez, traballan por libre na s¨²a casa met¨¦ndolle horas a animar debuxos.
?M¨¢is al¨¢ do rebumbio medi¨¢tico dos Goya e das declaraci¨®ns institucionais redundando sobre o gran momento da animaci¨®n galega, cando se recolle a alfombra vermella o talento queda ¨¢ intemperie. ¡°Non hai escolas para formarse, nin li?as de apoio espec¨ªficas e as d¨²as grandes factor¨ªas que hab¨ªa, Dygra e Bren, pecharon as portas¡±, explica Chelo Loureiro, de Abano Produci¨®ns. Loureiro ¨¦ a produtora executiva de A tropa de trapo, un filme de animaci¨®n para cativos que se estreou en 40 pa¨ªses de todo o mundo. ¡°Case o 50% dos premios Goya de animaci¨®n que se te?en entregado son galegos. A animaci¨®n ¨¦ unha gran marca deste pa¨ªs e ser¨ªa unha m¨¢goa non rendabilizala¡±, afirma esta produtora ferrol¨¢.
O ¨¦xito acadado por Dygra no seu d¨ªa con filmes como O Bosque Animado, que levou un Goya no 2002, ou O So?o dunha noite de San Xo¨¢n, no 2006, pasando polos cinco Goya de animaci¨®n que conseguiu Filmax, ata o actual de Enrugas de Perro Verde, avalan unha d¨¦cada de ¨¦xitos para a animaci¨®n feita en Galicia. Dygra e Bren, a divisi¨®n de animaci¨®n de Filmax, foron as d¨²as factor¨ªas sobre as que se asentaba a ¡°marca galega da animaci¨®n¡±. O peche e a disoluci¨®n de Dygra e entrada de Filmax nun concurso de acreedores acabaron cunha exitosa traxectoria. ¡°Mais dun cento de persoas perderon o seu traballo nestas empresas, e non se soubo rendabilizar a eses profesionais cualificados¡±, di o produtor de Enrugas Manuel Crist¨®bal, de Perro Verde Films, e que empezou a s¨²a carreira en Dygra, a empresa que deu pulo a unha industria que se estaba a situar na avangarda ¨® ser a primeira produtora que fixo en Europa un filme de animaci¨®n en 3D.
¡°Desde o ¨¦xito de O Bosque Animado a administraci¨®n apostou pola animaci¨®n. No Goberno de Fraga creouse unha certa expectativa e no bipartito houbo unha intenci¨®n de discriminaci¨®n positiva coa animaci¨®n¡±, explica Manuel Gonz¨¢lez, que fora responsable da Axencia Audiovisual Galega e que tam¨¦n traballou na factor¨ªa de Dygra. No ano 2006, cando Gonz¨¢lez empezou a coordinar o audiovisual, a Xunta apoiou 12 curtas de animaci¨®n e d¨²as longametraxes. Nas ¨²ltimas axudas de Novembro de 2011, s¨® se apoiaron dous proxectos: unha longametraxe e unha serie de animaci¨®n. ¡°Entre o contexto econ¨®mico e a falta de vontade pol¨ªtica creo que se est¨¢ a deixar esmorecer o sector nun interesante momento creativo¡±, opina este bo co?ecedor do eido audiovisual.
Mais al¨¢ das grandes factor¨ªas, no mundo da curtametraxe existe unha gran xeraci¨®n de animadores, como Juan Pablo Etxeberry, Peque Varela, Pablo Mill¨¢n ou Jorge Morais, avalados por multitude de premios internacionais, e que foron aprendendo o oficio a base de experiencias autodidactas. ¡°Hai dez anos que propuxen un proxecto dunha escola de animaci¨®n de excelencia, algo que nos permitise aproveitar aquel bo momento, pero non foi adiante. Aqu¨ª hai moito talento, pero con talento s¨® non se compite¡±, declara Manuel Crist¨®bal, o galego que xa leva recollidos catro Goyas, todos na categor¨ªa de animaci¨®n. Crist¨®bal intentou facer toda a produci¨®n de Enrugas en Galicia pero finalmente optou por outras v¨ªas. ¡°Desde aqu¨ª poden po?erse proxectos en marcha pero non hai estudios onde animar. Hai estudios pequenos, pero eu son produtor e busco a competitividade¡±, aclara Crist¨®bal sobre o proceso do filme que acaba de levar o Goya ¨¢ mellor pel¨ªcula de animaci¨®n. A pel¨ªcula animouse finalmente entre Madrid, Catalu?a e ata Filipinas.
¡°Calculo que pode haber uns 200 profesionais moi cualificados que se formaron en Dygra e agora est¨¢n espallados polo mundo¡±, estima Juan Nouche, que traballou no seu d¨ªa nos principais proxectos desta factor¨ªa xunto con Alberto Taracido, co que agora montou a produtora Otii Planet. Son unha pequena factor¨ªa formada por ex profesionais de Dygra que empezar¨¢n este ano a rodaxe da serie de animaci¨®n Rascay¨², unha serie muda de gags de 26 cap¨ªtulos de seis minutos de duraci¨®n, e coa que est¨¢n negociando coproduci¨®ns con Brasil e Canad¨¢, ¡°porque aqu¨ª s¨® ser¨ªa imposible financiala¡±. No fondo, a animaci¨®n galega poder¨ªa explicarse recurrindo a outros sectores xa co?ecidos. A produtora Chelo Loureiro teno ben claro: ¡°Isto ¨¦ como Zara, o talento est¨¢ aqu¨ª pero a manufactura ten prezos m¨¢is competitivos f¨®ra¡±.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.