Son dez anos, custa lembrar
Un non reco?ece a Casares na estampa trivial e de aparente simpleza na que se emboscou
Carlos Casares faleceu o outro d¨ªa, dez anos, e as¨ª e todo costa lembrar. Vellos apuntamentos, o 11-3-2002: ¡°Foi o enterro de Carlos Casares: deixounos a todos desconcertados esa morte tan s¨²bita. Inmediatamente foi devorado por ese mundo ao que se entregou [¡]. Debaixo hab¨ªa outro Casares dram¨¢tico que nos pertence ao mundo dos escritores. Todo o que se dixo sobre el estes dous d¨ªas son mentiras, cando acaba de estar vivo ferido e ferinte ata hai pouco. Deixoume descolocado, avolto¡±.
O contexto, a Galicia afogada da ¨¦poca de Fraga antes do Prestige: clientelismo, control dos medios de comunicaci¨®n e de toda instituci¨®n. Non sabemos como ter¨ªa evolucionado Carlos desde ent¨®n, hai dez anos para el acabou todo. Con el acabaron m¨¢is cousas: unha guerra civil no pequeno mundo da cultura galega que alg¨²n d¨ªa ter¨¢ de ser relatada dunha forma ordenada e comprens¨ªbel.
Unha guerra polo poder dentro do galeguismo. D¨²as facci¨®ns a disputaren o poder, cada unha cun proxecto distinto para o futuro da cultura e do pa¨ªs. Nunha man, o proxecto cultural, ideol¨®xico e pol¨ªtico de Ram¨®n Pi?eiro e, na outra, unha nova xeraz¨®n que lle disputou ese futuro. Xos¨¦ Luis M¨¦ndez Ferr¨ªn deulle palabra literaria a esa revolta en Retorno a Tagen Ata. O asasinato ed¨ªpico do oponente nese relato retrataba un conflicto onde as d¨²as partes xogaban realmente a existencia. T¨¦?olle sentido a un dos seus protagonistas ¡°posici¨®n que abandonas oc¨²paa o inimigo¡±. Enfront¨¢ronse un ex¨¦rcito convencional e un ex¨¦rcito irregular, cada un coas s¨²as armas correspondentes, un desde as instituci¨®ns e outro somet¨¦ndoas a asexo asedio e finalmente asalto.
Un non reco?ece a Casares nesa estampa trivial e de aparente simpleza na que se emboscou, era unha persoa complexa e grave. Formou conscientemente no bando de Pi?eiro e viviuno como un destino, en certo sentido foi un soldado. O que defend¨ªa un bando e outro, desde a distancia, vemos raz¨®ns en ambas as partes e comprendemos que estaban condenadas a enfrontarse. Morto Pi?eiro, tras un momento de desconcerto, Carlos asumiu proseguir o cami?o que escollera, a¨ªnda que xa albiscara que a carreira chegara ¨¢ s¨²a fin e que xa estaba derrotado. Conseguira unha posici¨®n aparentemente moi poderosa, a encarnaci¨®n institucional da cultura galega, mais a realidade era moi outra. El propio era unha especie de ponte que se estend¨ªa progresivamente entre dous puntos: a s¨²a posici¨®n depend¨ªa precisamente de poderes que desconfiaban ou deostaban a cultura e a lingua galegas e ficaba lonxe do mundo ao que el pertenc¨ªa por orixe, os militantes da cultura galega. Porque iso ¨¦ o que era Carlos e os seus pasos, acertados ou non, hainos que interpretar como actuaci¨®ns ao servizo desa causa. A que caeu aquel ¨²ltimo soldado dun ex¨¦rcito extinguido, a posici¨®n foi ocupada.
Hai 40 anos lin un libro seu e sent¨ªn que merec¨ªa ser lido. Corresp¨®ndenos aos que o sobrevivimos lembrar a aquel escritor. Un escritor con voto de fidelidade ¨¢ lingua do pa¨ªs, sendo consciente dos l¨ªmites desa literatura e desa lingua; un intelectual informado e intelixente que desexaba un pa¨ªs sensato e libre da carga de irracionalidade que afogaba ao galeguismo; un Carlos que desexaba fervorosamente ser o que non era: unha persoa serena e feliz. Unha figura da nosa literatura e da historia do galeguismo a quen, malia os desacordos, lembramos con calidez. En faltando, constatamos que aquel home era un amigo que nos morrera.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.