¡®Spanglish¡¯
? o de sempre, cousas de ricos e pobres. A xente galega ¨¦ inmigrante no seu propio pa¨ªs
Spanglish¨¦ un filme norteamericano entre a comedia e o drama, s¨®branlle caras lindas e un cuarto de hora de prebe de azucre e con todo... Con semellar banal, trata de asuntos serios e complexos como as relaci¨®ns de clase, de nais e fillas, o matrimonio, as linguas, a identidade persoal e colectiva.
Aos actores e actrices espa?ois ou sudamericanos en Hollywood t¨¦?enlle un lugar reservado. Interpretar¨¢ n case inevitabelmente a narcotraficantes, chulos, prostitutas ou criados. Nese filme a actriz espa?ola Paz Vega interpreta unha abnegada muller mexicana que ten unha filla pequena e traballa de criada nunha casa de norteamericanos ricos. P¨®dese dicir que ¨¦ unha historia de ricos e pobres, a¨ªnda que no filme form¨²lase en principio como un choque de culturas. Tanto ten unha cousa como a outra, o conflito que se lle formula ¨¢ nai e ¨¢ filla protagonistas ten relaci¨®n coa s¨²a lingua, o espa?ol. A nai aprende traballosamente o ingl¨¦s como un instrumento para traballar, por¨¦n, ¨¢ s¨²a filla form¨²laselle cruamente un dilema: para sa¨ªr do gueto dos inmigrantes latinos debe renunciar ¨¢ s¨²a lingua, asimilarse ao mundo angl¨®fono para integrarse e sa¨ªr da pobreza. ? un verdadeiro dilema existencial que na fin do filme a nai lle plantexa ¨¢ filla, deixa quedar o seu esforzado ingl¨¦s e pasando ao seu espa?ol verbaliza: ¡°? claro. Xa entendo o que che pasa \[...\] Iso ¨¦ o que queres para ti? Convert¨ªreste en algu¨¦n tan diferente de min?¡±. A catarse da meni?a cond¨²celle finalmente a aceitarse a si propia: ¡°A mi?a identidade est¨¢ enraizada firme e afortunadamente nun s¨® feito: eu son a filla da mi?a mamai¡±.
O profesor V¨ªctor Garc¨ªa de la Concha, ex director da Academia Espa?ola e actual director do Instituto Cervantes, fala con intelixencia verdadeira, a que lle permite ver realidades complexas por encima de mixiricadas e t¨®picos. Hai pouco declaraba: ¡°El espa?ol all¨ª \[en EE UU\] tiene un problema com¨²n. Est¨¢ contaminado, estigmatizado por consider¨¢rsele vinculado a una lengua de inmigrantes que plantean problemas¡±. Esa ¨¦ unha realidade social que pode apreciar calquera que te?a andado algo por aqueles pagos e non comungue coas rodas de mu¨ª?o feitas de chovinismo espa?olista que nos ofrecen os medios de comunicaci¨®n de por aqu¨ª. O espa?ol ¨¦ unha grande lingua que expresa culturas e unha gran literatura, con moito porvir. Tam¨¦n ¨¦ a lingua de mill¨®ns de pobres, e os pobres nunca foron ben vistos nas casas ricas.
O que ¨¦ dobremente triste ¨¦ cando nunha das nosas r¨²as ou rueiros unha abnegada nai galega, sempre as nais, deixa de conversar en galego cunha persoa do seu igual e pasa a dirixirse ao fillo ou filla en castel¨¢n. Esa mesma lingua que aqu¨ª entre n¨®s act¨²a como act¨²a o ingl¨¦s entre os inmigrantes hispanos. Moitos rapaces de hoxe son fillos, netos, bisnetos dese drama ¨ªntimo: nais que lle aprenden aos seus fillos a sentir vergo?a dos seus pais, da s¨²a lingua, da s¨²a identidade. Non lle hai que dar moitas voltas, ¨¦ o de sempre, cousas de ricos e pobres. A xente galega ¨¦ inmigrante no seu propio pa¨ªs, paradoxalmente s¨® se libera cando emigra. Porque non nos queremos, porque nos avergo?amos de n¨®s e porque carecemos do orgullo lex¨ªtimo e necesario para existir como pobo e como pa¨ªs. Isto non ¨¦ un pa¨ªs de emigrantes, somos inmigrantes.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.