Nicol¨¢s e Camilo
? dif¨ªcil rebaterlle a quen fala de algo, aquel R¨¦xime criminal e totalitario nacido dun golpe de estado, co co?ecemento que d¨¢ ciencia unida ¨¢ experiencia
No Ateneo Republicano de Galicia, na Coru?a, pode un asistir ¨¢ ceremonia de gardar respeto ao himno da II Rep¨²blica; que tan distinto sona da Marcha Real, o himno dos "nacionales", que leva presidido as nosas vidas. Al¨ª no Ateneo Nicol¨¢s S¨¢nchez Albornoz veu deica n¨®s desde o seu tempo de infancia na Rep¨²blica, o tempo desde onde nos chega o himno, e presentou o seu libro "C¨¢rceles y exilios", ese plural. Nicol¨¢s S¨¢nchez Albornoz ten publicaci¨®ns abondas como historiador, esta rememoraci¨®n ¨¦ e mais non ¨¦ o libro dun historiador. ? o relato das incidencias dunha vida chea de avatares e marcada polos corenta anos de franquismo, e tam¨¦n ¨¦ unha an¨¢lise exacta do que foi o franquismo. A an¨¢lise dun historiador que fundiu na s¨²a vida a teor¨ªa e pr¨¢ctica. Nicol¨¢s co?eceu o ventre da besta, os c¨¢rceres e o campo de traballo escravo de Cuelgamuros (ese Valle de los Ca¨ªdos do que este novo goberno ven de aprobar a s¨²a reapertura sen m¨¢is, ch¨¢manlle "normalizar su situaci¨®n" a que volva ser lugar de peregrinaxe e de homenaxe a Franco). E co?eceu tam¨¦n o R¨¦xime desde o exilio coa ollada internacional desde Francia, Arxentina, M¨¦xico ou EE UU. ? dif¨ªcil rebaterlle a quen fala de algo, aquel R¨¦xime criminal e totalitario nacido dun golpe de estado, co co?ecemento que d¨¢ ciencia unida ¨¢ experiencia.
Moi distintos son os dous libros novidade de Camilo Nogueira Rom¨¢n, fillo tam¨¦n de republicano, galeguista, por¨¦n xa dunha xeraci¨®n posterior, non co?eceu o Himno de Riego na infancia. En "A Rota do sol" Camilo navega os mares que lle son propios: o barco ¨¦ Galiza e os mares son os do noso tempo, Espa?a, Europa, a econom¨ªa, a nosa lingua no mundo¡Imprescind¨ªbel para quen queira seguir actualizando o seu pensamento galeguista no tempo de hoxe, un pa¨ªs aberto e unha historia aberta. E na historia ou pola historia e a outra batalla tit¨¢nica que d¨¢ o Camilo en "Para unha cr¨ªtica do espa?olismo". Un libro inscrito nunha li?a de historiograf¨ªa que supo?o que se deber¨¢ chamar galeguista, pois ¨¦ contraria ¨¢ historiograf¨ªa espa?olista na que se basa a ideolox¨ªa esencialista de Espa?a; totalmente contraria ¨¢s barbaridades xen¨®fobas de "La Espa?a invertebrada" ou a exaltaci¨®n e as manipulaci¨®ns ideol¨®xicas de "Los espa?oles en la historia". Un libro que contin¨²a traballos de Emilio Gonz¨¢lez L¨®pez, do meritor¨ªsimo Anselmo L¨®pez Carreira e do propio Nogueira. "Para unha cr¨ªtica do espa?olismo" ¨¦ un traballo intelectual intelixente, documentado e valente que, se hai historiadores no noso pa¨ªs, ter¨¢ que ser analisado e discutido. Tras este libro non se pode seguir a facer a historiograf¨ªa de Xim¨¦nez de Rada como se tal cousa, este libro demostra que a actual Historia de Espa?a ¨¦ mito e ideolox¨ªa, en absoluto ciencia hist¨®rica. Quitada prescripci¨®n m¨¦dica ou forza maior, ning¨²n historiador debera deixar de lelo, tampouco galeguistas que queiran ver confirmadas con base acad¨¦mica, con fontes, as intuici¨®ns e comprensi¨®ns do propio Castelao e de Manuel Murgu¨ªa.
Ese Murgu¨ªa que disputou no seu tempo a cabeceira do nacente galeguismo a Vicetto, historiador fantasioso, e a¨ªnda que a historiograf¨ªa ¨¦ naturalmente debedora do seu tempo abre o cami?o para unha historiograf¨ªa pensada e feita desde aqu¨ª e non desde a negaci¨®n de n¨®s. A biograf¨ªa extensa que nos ofrece Xos¨¦ Ram¨®n Barreiro ¨¦ a proba da fecundidade e modernidade do galeguismo desde os seus comenzos; ler ese combativo s¨¦culo XIX, o da revoluci¨®n galega de 1846, desde o noso s¨¦culo XXI ¨¦ curiosamente tonificante.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.