A sombra do ario
O tema da guerra ¨¦ un trauma de nacemento para a poes¨ªa galega
1936 ¨¦ o n¨²mero da besta. Escribiuno o ano pasado M¨¦ndez Ferr¨ªn en Contra Maquieiro, o libro m¨¢is innovador e afouto dos ¨²ltimos anos. Para a poes¨ªa galega contempor¨¢nea 1936 ¨¦ algo parecido a un trauma de nacemento. Haber, houbo literatura galega antes do 36. Por¨¦n, xa lle chamamos de preguerra. ? dif¨ªcil librarse da sombra do ario, e do ano da besta. Custa sacar de diante a subxectividade brutal perante a que se configurou a literatura galeguista, esa sombra do ario que pretendeu reducir ¨¢ subalternidade a nosa literatura. Sexa como for, houbo esconxuros efectivos. Po?o por caso Poes¨ªa enteira de Heriberto Bens, cun limiar que foi todo un programa de anovaci¨®n para a l¨ªrica galega.
Houbo literatura fascista en galego: gabanzas de Franco ou versos antisemitas
A historia editorial dese libro ¨¦ retorta. De por parte, case poderiamos dicir que est¨¢ escrito en hebreo. Para entende-la poes¨ªa enteira de Bens hai que ter en conta a sombra do ario e, por outra banda, a cuesti¨®n da identidade xudea que expuxo Sartre e que tanto nos pode valer para intepretar A gaita falare (editada en Bos Aires), O cancioneiro da loita galega (M¨¦xico) e alg¨²ns dos poemas de Ferr¨ªn (Montevideo e Xenebra). O da guerra na poes¨ªa galega ¨¦ trauma de nacemento e, tam¨¦n, unha gaita.
Remata o ano da memoria, mais non est¨¢ nas librer¨ªas o libro de poemas A gaita a falare, de 1939. Escribiuno Ram¨®n Rei Baltar, m¨¦dico que fundou con Castelao El barbero municipal para combater en Rianxo ¨® cacique Viturro. Rei Baltar foi presidente da Irmandade Galeguista de Bos Aires. Dispuxo que os r¨¦ditos do libro se doasen en apoio da Rep¨²blica. Cada exemplar val¨ªa un peso. Hoxe as editoras non dan un peso por el. S¨® compensa esta vergo?a o libro Poemas pola memoria, escolma de Manuel Fern¨¢ndez, cun par de poemas do gran Rei Baltar. Outro libro memorable ¨¦ o Cancioneirro da loita galega, publicaci¨®n do Partido Galeguista feita en M¨¦xico, en 1943. O libro remata co poema final de A gaita a falare: Antes mortos que escravos, no que se concentran a referencia a un debuxo de Castelao e ¨¢s palabras da Internacional.
No Fardel de Eisiliado de Seoane hai un poema datado en outono1949, Dende o Highland Princess. Di, m¨¢is ou menos: "Dende o conv¨¦s de terceira do Highland Princess vexo as t¨²as costas, Galicia... Escoito as voces malditas dos teus carceleiros e as gargalladas asasinas dos teus verdugos". O mellor do poema ¨¦ que Seoane conclu¨ªa con firmeza: "Dorido, dende o conv¨¦s deste barco, v¨¦xote debruzada ao mar. Mais un d¨ªa voltarei, derrubado e ¨¢ vez afirmado en multitude, como t¨®dolos que, err¨¢ticos coma min, andan esparexidos polo mundo". Seoane voltou e hoxe ten casa -ou fundaci¨®n- na Coru?a.
Seoane v¨ªa Galicia "debruzada sobre o mar". Pouco despois, en Longa noite de pedra, Celso Emilio Ferreiro ve a Galicia igual "deitada fronte o mar", no verso final dun dos seus poemas m¨¢is c¨¦lebres. Ata aqu¨ª algunhas sombras da guerra na poes¨ªa dun bando, o leal. Son parcial. Tam¨¦n houbo literatura fascista en galego. Amosouno Rodr¨ªguez Fer no imprescindible A literatura galega durante a guerra civil, lembrando os versos do cura Cabarcos: gabanzas de Franco, do fascismo, versos antisemitas. Unha gloria! Por¨¦n, a lingua da literatura fascista foi nomeadamente o castel¨¢n: leis fascistas, manuais de ensino fascistas e poemas de Pem¨¢n. O galego virou logo o que dixo Celso Emilio: lingua proletaria do meu pobo. O poema Cunetas de Lu¨ªs Pimentel, publicouse en 1966 e hoxe pode relerse, con toda a serie terror¨ªfica de Cunetas, na edici¨®n de Araceli Herrero. A sombra da guerra chega ata ?lvarez C¨¢ccamo, que evoca con sublime contenci¨®n a figura do seu av¨®, o poeta e m¨¦dico Dar¨ªo ?lvarez Limeses, a quen Ram¨®n Cabanillas dedicara en 1952 o poema Cavilaci¨®ns. Qu¨¦ tempos! Beiz¨®n polo ano da memoria, que nos lembra que temos que ir ? busca do futuro perdido, como indica Andreas Huyssens. Nese futuro espero ver publicado o libro de Rei Baltar.
BIBLIOGRAF?A
A gaita a falare. Ram¨®n Rei Baltar. Bos Aires, 1939.
Obra po¨¦tica. Lu¨ªs Seoane. Edici¨®ns do Castro, 1977
Longa noite de pedra. Celso E. Ferreiro. Galaxia, 1962.
Obra po¨¦tica e non recopilada. Lu¨ªs Pimentel. Celta, 1986. Ed. de A. Herrero
Poes¨ªa enteira de Heriberto Bens. Xos¨¦ Luis M¨¦ndez Ferr¨ªn. Edici¨®ns Xerais, 1999.
Os cadernos da ira. X. M. A. C¨¢ccamo. Espiral Maior, 1999.
Poemas pola memoria. Varios autores. Xunta de Galicia, 2006
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.