"Os mozos non usan o galego para namorar"
A celebraci¨®n do centenario da Real Academia Galega (RAG) toca o seu fin e o actual presidente desta instituci¨®n, o historiador Xos¨¦ Ram¨®n Barreiro Fern¨¢ndez (Santa Ux¨ªa de Ribeira, 1936), cre que a situaci¨®n da lingua non ¨¦ tan mala como alg¨²ns pretenden pintar. Iso s¨ª, considera que os poderes p¨²blicos te?en que apostar con m¨¢is forza para promover o uso da lingua e garantir a s¨²a supervivencia xunto a unha lingua tan poderosa coma o castel¨¢n.
Pregunta. Cando naceu a RAG non ti?amos instituci¨®ns propias, pero falaba galego o 90% da poboaci¨®n e agora temos instituci¨®ns pero s¨® falan galego o 60%. ?Por que temos chegado a esta situaci¨®n?
Resposta. En 1906 hab¨ªa un 92% de poboaci¨®n rural e o veh¨ªculo habitual deles era o idioma galego, neste momento os habitantes do medio rural en Galicia ser¨¢n un 25% ou 30% do total. Tal como vostede o di pode parecer que a situaci¨®n ¨¦ terrible, pero hai que ver que temos m¨¢is falantes en galego c¨®s que existen en catal¨¢n, e iso e algo que normalmente non se ten en conta. Temos moi galeguizadas as vilas e bastante tam¨¦n as cidades, incluso algunhas que te?en fama de non falar moito en galego, como A Coru?a e Ferrol. A¨ªnda que as cifras poidan parecer preocupantes te?en unha explicaci¨®n, porque as persoas que falaban galego estaban no medio rural ou na periferia das cidades. Sen embargo, nos ¨²ltimos anos a nosa lingua introduciuse en ¨¢mbitos totalmente urbanos como a universidade. O galego est¨¢ nas teses doutorais, nas conferencias, etc. A etapa na que se identificaba ao galego co paisano e propia do s¨¦culo XIX e boa parte do XX como una especie de defensa simb¨®lica que se facia desde as cidades frente ao pail¨¢n que era o que falaba galego. Creo que esa barreira est¨¢ superada porque o galego hoxe xa se fala en todas partes.
"A RAG non ten previsto un novo cambio de normativa en bastante tempo pero as linguas est¨¢n vivas"
"A convivencia entre o galego e o castel¨¢n ¨¦ desigual porque este ten todos os medios ao seu alcance"
"Non sabemos a que agarda o Goberno galego para aplicar o proxecto de normalizaci¨®n"
"P¨®dese eliminar o concepto de naci¨®n se queda claro que somos unha cultura propia e diferenciada"
P. ?Cales son os aspectos que m¨¢is lle preocupan da situaci¨®n actual do idioma?
R. Na franxa da adolescencia o galego est¨¢ perdendo efectivos a pesar de que contamos coa escola en galego e que a lingua tam¨¦n se estuda nos institutos. Parece que voltamos ¨¢ carencia de autoestima que ¨¦ un estigma que tivemos sempre os galegos. Os mozos non utilizan o galego para namorar ou para relacionarse l¨²dicamente cos outros porque temen que os identifiquen como membros do Bloque ou cun pail¨¢n da aldea. Esa cousa simb¨®lica todav¨ªa funciona pero non creo que sexa tanto unha cousa das persoas como da mente dos propios mozos que te?en a¨ª unas reservas estranas. O outro d¨ªa eu falaba disto nun acto p¨²blico e cando ped¨ªn ¨¢ xente que empregase o galego para namorar xurdiu unha voz que dixo 'Eu xa o fago'. Ese pod¨ªa ser un bo eslogan.
P. Hai pouco tempo Suso de Toro dic¨ªa nun dos seus artigos que hai que preocuparse por que o galego sexa unha lingua que se use non s¨® na literatura ou na poes¨ªa sen¨®n en todos os sectores da sociedade. ?Comparte esta opini¨®n?
R. Estou totalmente dacordo con el. Aqu¨ª temos un problema que ¨¦ que a nosa burgues¨ªa sempre foi allea a toda a problem¨¢tica galega. D¨¢ o mesmo que as nosas grandes empresas te?an titulares que proceden da aldea e que seguramente por esa carencia de autoestima da que falabamos renunciaron ao uso do galego a nivel persoal e empresarial. Un d¨ªa falando cos empresarios d¨ªxenlles que por falar galego e facer as comunicaci¨®ns da empresa en galego non ¨ªan perder cartos. Ent¨®n comprend¨ªn que ao que te?en medo ¨¦ a que os estimen menos. Hai que dar a batalla para que o galego est¨¦ en todos os ¨¢mbitos da vida social: no deporte, nos mozos, na universidades, onde se toman as grandes decisi¨®ns, na banca. Dende a RAG non sabemos a que agarda o Goberno galego para que o proxecto de normalizaci¨®n lingu¨ªstica que foi aprobado por todos os partidos na anterior lexislatura se po?a en pr¨¢ctica. Fanse algunas cousas en determinados ¨¢mbitos, como a iniciativa do ensino integral en galego, pero hai que po?elo a funcionar en todos os aspectos. Non nos corresponde a n¨®s aplicalo sen¨®n ao Goberno galego. Pode ser un problema de falta de presuposto porque non quero pensar que sexa un problema de falta de vontade pol¨ªtica. Eu plantexeille a cuesti¨®n ao presidente da Xunta durante a ¨²ltima celebraci¨®n do Dia das Letras Galegas e puiden observar o seu interese por este asunto.
P. A literatura galega atravesa un momento espectacular.
R. O produto galego serve para a lectura gozosa, para a s¨²a traduci¨®n e tam¨¦n para pensar en facer pel¨ªculas e obras teatrais. Ese ¨¦ un s¨ªntoma positivo de que a literatura galega est¨¢ a pasar un momento importante. Temos escritores como M¨¦ndez Ferr¨ªn, Manolo Rivas, Suso de Toro, as obras de Luz Pozo en poes¨ªa... Penso que son un s¨ªntoma evidente de que aqu¨ª temos unha literatura de primeira li?a. Non creo que haxa una contradici¨®n entre o bo momento da literatura e o uso do galego.
P. ?Como ve a convivencia entre o galego e o castel¨¢n neste momento?
R. ? unha convivencia desigual porque o castel¨¢n ten todos os medios ao seu alcance. O castel¨¢n e a lingua do Estado e ten toda a protecci¨®n. Non hai m¨¢is que ver a protecci¨®n que ten a Real Academia Espa?ola e a que recibimos n¨®s do Estado espa?ol a pesar de que a Constituci¨®n di que as lenguas perif¨¦ricas te?en que ser tam¨¦n defendidas polo Estado, pero iso non se cumpre. O castel¨¢n ¨¦ a lingua de todos os xornais, dos de Madrid e dos de Galicia, tam¨¦n predomina na televisi¨®n e na rede Internet.. Sen embargo, aqu¨ª estamos e seguimos falando. Iso quere dicir que os pobos resist¨¦nse a perder os seus sinais de identidade, e defenden con obstinaci¨®n a s¨²a condici¨®n de pobos diferenciados. Calquera outra lingua desaparecer¨ªa nunha situaci¨®n semellante.
P. ?Cre que hai unha excesiva utilizaci¨®n pol¨ªtica do galego?
R. Os partidos non te?en reparos na utilizaci¨®n do galego. O que pasa ¨¦ que temos unha forza pol¨ªtica que fai da utilizaci¨®n do galego un dos obxectivos preferentes da s¨²a opci¨®n pol¨ªtica e iso leva a unha l¨®xica de desmarque por parte dos demais partidos. Creo que ¨¦ un erro por parte de todos. O Bloque ten todo o dereito do mundo a defender o galego. O que non debe facer, e non o ten feito, ¨¦ patrimonializar o galego porque a lingua e un ben com¨²n do que deben disfrutar todos. Hai pol¨ªticos que non saben falar galego e iso non ¨¦ un problema sempre que non haxa un rexeitamento, e que est¨¦n dispostos a aprender a lingua. M¨¢is al¨¢ do uso simb¨®lico da lingua eu fago un chamamento aos partidos para que defendan o uso do galego non s¨® nas instituci¨®ns sen¨®n tam¨¦n na realidade coti¨¢.
P. ?Non hai un exceso de cambios na normativa do galego?
R. Desde que eu empecei a estudiar a gram¨¢tica castel¨¢ tam¨¦n houbo moitos cambios. Todas as academias est¨¢n pendientes de introducir modificaci¨®ns e no galego non houbo tantos cambios de normas. A ¨²ltima f¨ªxose cando eu xa era presidente e creo que foi moi ben asumida por parte da sociedade galega. Chegouse a unha pax ling¨¹¨ªstica e a RAG no ten previsto neste momento outro cambio en bastante tempo pero haber¨¢ que facelo alg¨²n d¨ªa porque as linguas est¨¢n vivas e te?en que ir acomod¨¢ndose.
P. ?Haber¨ªa que aproveitar m¨¢is o feito de que o galego sexa unha lingua similar ao portugu¨¦s?
R. Eu non comparto a opci¨®n lusista pero est¨¢ claro que temos que ter unha relaci¨®n moito m¨¢is flu¨ªda con Portugal, idiom¨¢tica e culturalmente falando. Ao mellor os ling¨¹istas poden acudir ao dep¨®sito ling¨¹¨ªstico do portugu¨¦s para procurar os neoloxismos, pero isto non ¨¦ m¨¢is que unha suxerencia que fago como un intelectual galego. Todo o que pase de a¨ª significar¨ªa que a lingua portuguesa, que ten moito m¨¢is rodaxe ca nosa, provocar¨ªa o declive do galego porque ser¨ªamos devorados. Hai que ter un plantexamento de pol¨ªtica cultural moi atinado para non incorrer nese tipo de situaci¨®ns.
P. Unha recente intervenci¨®n s¨²a para defender o uso de naci¨®n no caso de Galicia xerou moita pol¨¦mica ?Non chegou a hora de preocuparse por outras cuesti¨®ns m¨¢is importantes?
R. Est¨¢ claro que hai bizantinismo tanto polos que defenden o concepto de naci¨®n como polos que o negan. A min dame igual a palabra que se use porque as palabras non son m¨¢xicas pero ten que permanecer dalg¨²n xeito o que est¨¢ dentro desa expresi¨®n, ¨¦ dicir, que somos unha cultura propia e diferenciada e temos una conciencia moi clara de que n¨®s somos n¨®s e os demais son outros. Si todo eso queda claro podemos eliminar o concepto de naci¨®n, pero teremos que comenzar pola Constituci¨®n Espa?ola porque nos est¨¢ a xerarproblemas, sobre todo cando fala de nacionalidades e logo di que a naci¨®n ¨¦ Espa?a. Ter¨ªamos que reformar a Constituci¨®n neste sentido.
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.