Unha teor¨ªa sentimental da alma galega
Ram¨®n Pi?eiro pescudou no ser com¨²n de Galicia e Portugal na 'Filosof¨ªa da Saudade'
Como unha sorte de S¨®crates moderno, Ram¨®n Pi?eiro foi sobre todo un pensador oral. A s¨²a herdanza ¨¢ cultura galega prov¨¦n m¨¢is dos milleiros de conversas mantidas arredor da famosa mesa camilla que dos seus escas¨ªsimos escritos, reunidos en s¨® dous libros. Un deles, sen embargo, ¨¦ unha obra case lexendaria: Filosof¨ªa da saudade, o intento m¨¢is ambicioso por chegar ¨® cerne do ser galego a trav¨¦s dos presupostos existencialistas. A ¨²ltima edici¨®n da obra, publicada por Galaxia, recolle conferencias e escritos que abranguen dende 1951 ata 1975. O que segue ¨¦ unha pequena escolma deses textos, chaves para entender o esvarad¨ªo concepto da saudade.
O PA?S DA L?RICA
A l¨ªrica ¨¦ a que d¨¢ a nota da autencidade galego-portuguesa no conxunto cultural europeo, a que lle incorpora a nosa aportaci¨®n m¨¢is orixinal e m¨¢is alta, mesmo porque zuga o seu celme das nosas ra¨ªces m¨¢is fondas. Se esculcamos con lecer na l¨ªrica chegaremos a dexergar a nosa intimidade esencial, pois ¨® facermos a esculca axi?a apreciaremos que unha das s¨²as cualidades ¨¦ a da expresar po¨¦ticamente unha vivencia an¨ªmica que n¨®s chamamos Saudade e que ¨¦, entras as vivencias espont¨¢neas da natureza humana, a que mellor recolle o peculiar matiz de sentimentalidade que caracteriza ¨® esp¨ªrito galaico-portugu¨¦s (...)".
"(...) Na comunidade espiritual galego-portuguesa a dimensi¨®n predominante ¨¦ o sentimento (...). M¨²sica e poes¨ªa l¨ªrica deben de ser notas distintivas da espiritualidade galiciana, feito que se comproba polas manifestaci¨®ns culturais que xorden espont¨¢neamente da comunidade espiritual, como ocorre co folklore popular ou coa lingua, pois a gran musicalidade e singular¨ªsimas calidades l¨ªricas da lingua galega son froito dese predominio sentimental com¨²n".
O MISTERIO DA SAUDADE
"Poucas veces se fala da saudade sen aludir ¨¢ s¨²a 'inefabilidade', e chegou a converterse no gran misterio galaico-portugu¨¦s diante da curiosidade dos alleos. Entre n¨®s t¨¦nselle dado m¨¢is dunha volta coa teima de lle achar unha explicaci¨®n, case que sempre polo cami?o doado de reducila a outros sentimentos ben co?ecidos: nostalxia, melancol¨ªa, etc .; tam¨¦n se lle sinalaron causas; o arredamento da paisaxe nativa, por exemplo. Con todo, a saudade segue conservando ese certo car¨¢cter de misterio (...)"
"A¨ªnda temos que aclarar que a saudade e a morri?a non son a mesma cousa, pois decote se confunden unha coa outra. A morri?a ¨¦ o equivalente galego da melancol¨ªa, un sentimento de tristura e, polo mesmo, expresivo dun esmorecemento vital. A saudade ¨¦ sentimento, pero non sentimento de tristura (...). ? a vivencia espont¨¢nea da pura intimidade do ser humano, vivencia fonda, escuraa e pasiva, porque se produce con independencian e con anterioridade ¨¢ actividade do intelecto e da vontade (...)".
"A saudade non ¨¦ un sinxelo estado sicol¨®xico, como ¨¦ a morri?a, por exemplo, sen¨®n unha vivencia orixinaria, de plena significaci¨®n ontol¨®xica, pois na saudade o home queda afundido dentro de si mesmo, illado de todo contacto exterior, espido de toda contaminaci¨®n mundana (...) ?Que descubre o home no seu eido interior, cando chega a el polo cami?o da saudade? Desc¨®brese a si mesmo, pero neste oscuro sentirse a si mesmo como singularidade percibe a sua soidade ontol¨®xica. Sentir esta soidade ontol¨®xica ¨¦ sentir saudade".
"(...) Agora xa vemos que toda interpretaci¨®n filos¨®fica que responda ¨¢ autenticidade da configuraci¨®n espiritual galego-portuguesa ha de arrincar da vivencia da Saudade, da consideraci¨®n da soidade orixinal do ser humano (...)".
DOUS POBOS FRATERNOS
"Se na etapa medieval podemos falar de cultura galego-portuguesa, na etapa moderna temos que falar de cultura galega e cultura portuguesa, e de lingua galega e de lingua portuguesa. Pero tam¨¦n c¨®mpre sinalar que esa diferenciaci¨®n real imposta pola historia diverxente dos dous pa¨ªses non ¨¦ tan profunda que borre a comunidade esencial que nace da comunidade de orixe. Seguimos tendo moito en com¨²n. Seguimos sendo d¨²as culturas fraternas".
"(...) No s¨¦culo XIX, o galego recobra o cultivo literario e con el prod¨²cese de contado a reaparici¨®n da saudade nos textos escritos, como ¨¦ natural a trav¨¦s das varias voces utilizadas pola lingua oral para designala: soedade, soidade, suidade, saudade ou saudades, se?ardade, morri?a. Todas elas foron utilizadas polos nosos escritores, como eran utilizadas polo pobo, para expresaren o sentimento de saudade. Por utra banda, a imaxe sicol¨®xica do home galego para os non galegos era a der ser un personaxe 'morri?oso', 'saudoso'. Qu¨¦rese dicir que o sentimento da saudade segu¨ªa tan vivo en Galicia coma en Portugal, por m¨¢is que, polos motivos hist¨®ricos xa sinalados, non existise nos tempos modernos comunicaci¨®n cultural entre ambos pa¨ªses".
"(...) Se a experiencia intimista ¨¦ un feito natural e constante na vida do home galego, a mi¨²do aconchegado na s¨²a soidade individual, a predisposici¨®n ¨® sentimento da saudade non semella extra?a. E, sobre esta experiencia b¨¢sica e permanente que poderiamos chamar 'natural', tam¨¦n haber¨ªa que considerar a intensificaci¨®n dos seus efectos pola marxinaci¨®n hist¨®rica do noso pobo, xa que, ao anular a vontade colectiva que nace da unidade interna, prod¨²cese, inevitablemente, unha progresiva desintegraci¨®n que empuxa m¨¢is e m¨¢is o repregue defensivo na individualidade e no seu mundo inmediato".
ROSAL?A E A SAUDADE
"A forza da adhesi¨®n con que Rosal¨ªa se entregou ¨® seu pobo corresp¨®ndese coa forza da adhesi¨®n que Galicia sente por Rosal¨ªa. Nin unha nin outra adhesi¨®n se quedan no reino da est¨¦tica pura: a bonitura da paisaxe ou o encanto dos costumes, no primeiro caso; a fermosura dos versos ou a gracia do idioma, no segundo caso. ? algo moito m¨¢is fondo, decisivo, m¨¢is duradeiro. Rosal¨ªa foi a primeira gran personalidade galega dos tempos modernos que soubo descubrir e que os amou ilimitadamente con toda a plenitude do seu ser, os m¨¢is puros e aut¨¦nticos valores morais que o seu pobo acocha e os m¨¢is puros e enxeis valores sentimentais que acocha a s¨²a terra".
"(...) A maneira de sentir de Rosal¨ªa ben definida: ¨¦ unha maneira dorida de sentir. O seu sentimento caracter¨ªstico ¨¦ o sentimento da dor (...)
Pero esqu¨¦cese que esa Galicia ... ¨¦ un unha Galicia rosaliana, a imaxe rosaliana de Galicia. E por ser Rosal¨ªa, como ¨¦, a voz m¨¢is universal que ten sa¨ªdo do noso mundo galego, esta s¨²a imaxe espiritual de Galicia ¨¦ a que tivo, deica hoxe, m¨¢is fortuna
(...) Seguiuse de todo isto unha das grandes confusi¨®ns que se repiten e se repite de contino: a de falar indistintamente de sentimento e de dor cando se quere caracterizar a alma galega. A alma galega ¨¦ sentimental, mais non ¨¦ dorida. Non ama nin busca a dor, que ser¨ªa aberraci¨®n o facelo, nin na dor se reco?ece, se atopa a si mesma, tampouco. Busca sempre o sentimento, a vivencia sentimental, o intimismo subxectivo, se se quere. Mais esta maneira de sentir, que ¨¦ peculiar da alma galega, non hai que a confundir co sentimento da dor, que ¨¦ a peculiar de Rosal¨ªa. Iso ser¨ªa procurar a comprensi¨®n da alma dun pobo polo cami?o morboso da doenza colectiva. Cami?o perdido".
"(...) Rosal¨ªa, grande e profundo esp¨ªrito, viviu e expresou a s¨²a soidade ontol¨®xica, a s¨²a saudade. Poeta que tal fixer pertence para sempre ¨® reino da l¨ªrica pura".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
?Tienes una suscripci¨®n de empresa? Accede aqu¨ª para contratar m¨¢s cuentas.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.