"Este pa¨ªs est¨¢ cheo de parvadas ditas en galego"
O primeiro que se lle ocorre a Xos¨¦ Lu¨ªs Barreiro Rivas, postos a falar do estado do pensamento no pa¨ªs, ¨¦ "pensamento cativo". "A xente que sabe dos temas importantes c¨®ntacho nunha cea privada", di. "Precisamos xente valente, sen p¨¢nico ao poder".
O politic¨®logo de Forcarei s¨¦ntese "c¨®modo" na literatura cl¨¢sica galega. "Otero, Risco, Castelao... Malia que o pensamento galego, na s¨²a maior parte, non se adapta ao momento actual". Neste punto fala do "inxustamente esquecido" Lois Pe?a Novo, cuxa obra compilaron Xusto Beramendi e Manuel Roca, e dos escritos sobre galeguismo e republicanismo de Aureliano Pereira, reeditados agora por Ram¨®n M¨¢iz.
Sobre a cuesti¨®n do idioma escollido para expo?er o pensamento, Barreiro repite que o ¨²nico castel¨¢n que aplica ¨¦ o dos artigos xornal¨ªsticos: "A defensa do galego ¨¦ fundamental, pero considero que os obxectivos da mi?a columna de La Voz de Galicia se defenden mellor en castel¨¢n". Segundo di, "non se pode eivar a metade do pa¨ªs". E segue: "Este pa¨ªs est¨¢ cheo de parvadas ditas en galego. Iso contrib¨²e ¨¢ normalizaci¨®n, pero a partir de certo momento xa non. Teriamos que ser moi cr¨ªticos coa forma en que a discriminaci¨®n positiva do idioma prima ¨¢s veces algunhas publicaci¨®ns sen valor substantivo".
"Non hai una reflexi¨®n sobre o pa¨ªs desde un pensamento propio. A praxe pol¨ªtica ¨¦ como a de calquera autonom¨ªa"
Catalizador da Alianza Popular que acabou sentando coas demais forzas pol¨ªticas nos Pactos do Hostal (1980), e futuro elo perdido da dereita galeguista, Barreiro interr¨®gase n'A terra quere pobo (Premio Ram¨®n Pi?eiro 2003) se os galegos temos vontade pol¨ªtica "para facer todo o que nos ¨¦ posible". Preguntado polo ¨¢mbito do posible despois do cambio de Goberno, o ex vicepresidente da Xunta c¨ªnguese ao plano institucional. "Se pensamos no que est¨¢ pasando en San Caetano, est¨¢ claro que non hab¨ªa un programa pol¨ªtico diferente ao do PP. Non hai unha reflexi¨®n sobre o pa¨ªs feita desde as s¨²as necesidades e cun pensamento propio". "A praxe pol¨ªtica" sinala, "¨¦ como a de calquera comunidade aut¨®noma". A culpa, nun pa¨ªs onde os birretes "xamais xeraron unha soa frase pol¨ªtica", segundo ten dito, x¨²lgaa con pluralidade. Falando do Estatuto: "Non se pod¨ªa deixar de contar co principal partido de Galicia". A¨ªnda que o PP se presentase "sen proposta propia" e sen arroutos para modificar a din¨¢mica estatal, "ao rev¨¦s que nos Pactos do Hostal".
No ¨¢mbito pol¨ªtico do posible hab¨ªa colocar Barreiro "unha aut¨¦ntica renovaci¨®n dos valores e dos obxectivos". "Non se est¨¢ dando unha loita feroz contra o modelo localista de investimento e programaci¨®n de servizos, nin unha interpretaci¨®n do territorio nin dos nosos modelos de comunicaci¨®n", di. "Nada". Sobre a posibilidade dun certo paternalismo na consideraci¨®n da masa c¨ªvica galega, precisa: "O pobo non asoma por agora como protagonista da acci¨®n pol¨ªtica. Esta segue sendo unha acci¨®n alimentada de recursos externos da que todo o mundo busca tirar proveito".
Tu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo
?Quieres a?adir otro usuario a tu suscripci¨®n?
Si contin¨²as leyendo en este dispositivo, no se podr¨¢ leer en el otro.
FlechaTu suscripci¨®n se est¨¢ usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PA?S desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripci¨®n a la modalidad Premium, as¨ª podr¨¢s a?adir otro usuario. Cada uno acceder¨¢ con su propia cuenta de email, lo que os permitir¨¢ personalizar vuestra experiencia en EL PA?S.
En el caso de no saber qui¨¦n est¨¢ usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contrase?a aqu¨ª.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrar¨¢ en tu dispositivo y en el de la otra persona que est¨¢ usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aqu¨ª los t¨¦rminos y condiciones de la suscripci¨®n digital.